3/30/2009

Apoio á iniciativa popular para a reactivación de Astano

Astano desde o peirao do Seixo

O alcalde de Mugardos, o nacionalista Xosé Fernández Barcia, informou de que todos os partidos con representación no Concello, salvo EU, que non se quixo manifestar, decidiron apoiar a iniciativa popular que se está desenvolvendo para conseguir a volta da antiga Astano á construción naval convencional.

Recentemente a Xunta de Portavoces, presidida por Barcia e cos representantes de BNG, PSOE, PP e EU, mantiveron unha reunión con Jesús Varela e Juan Maneiro, portavoces do mencionado colectivo. Nese encontro expuxeron «os datos concretos e elocuentes dos que dispoñen, tanto da Unión Europea como os da carteira de pedidos a nivel mundial así como os datos da actual crise económica e financieira e a súa repercusión na creación de emprego en xeral e, en particular, na nosa comarca».

El Pórtico de Astano

3/29/2009

A regasificadora de Xixón será a sétima porta marítima de entrada do GNL

A prevista regasificadora no Musel

A planta será, a partir de 2012, unha peza máis na xa complexa rede de infraestruturas gasistas do país, dará servizo ás novas centrais de ciclo combinado da rexión e reforzará a subministración á zona norte de España. A xustificación técnica do proxecto, a maior das infraestruturas enerxéticas en marcha en Asturias, está en cuestión polos movementos ecoloxistas e cidadáns que se opón á planta. Un dos seus argumentos de corte enerxético é o seguinte: non ten sentido outra regasificadora en España cando as seis existentes traballan a miúdo moi por baixo do seu potencial e cando, ademais, a capacidade de entrada de gas en España está a un paso de intensificarse mediante o gasoduto Mezgaz, a segunda gran conexión gasista co Magreb para a chegada de combustible procedente de Alxeria.

La regasificadora comienza mar adentro

3/28/2009

Falece Tito Torrente

Santiago Torrente López

Un maldito cancro acabou coa vida de Santiago Torrente, presidente da Plataforma Cidadá de Apoio ao Cabo Gago.
Histórico sindicalista e un dos moitos que loitaron contra a ditadura Franquista.
Torrente, foi un loitador desde a súa mocidade, naceu o 25 de Xullo de 1947 na "Republica Independente da Pedreira" en Meá, Mugardos. Desde os 8 anos estuda na Escola Obreira - tutelada polo asteleiro e rexentada polo frailes salesianos -, aos 15 entra de aprendiz na BAZAN, Torrente era Mecánico Torneiro.
Déixovos esta poesía, que dedicou "Tito" aos veciños encerrados no concello de Mugardos, entre os que se atopaba a súa irmá Luz Marina, presidenta da asociación veciñal de Meá (Mugardos).
Desde esta bitácora enviar un caloroso abrazo e as nosas condolencias á familia de Santiago Torrente.

3/23/2009

Balcón con vistas á industria perigosa

Luz Marina Torrente recollendo o Premio Semente 2007

En Mugardos, Luz Marina Torrente afeccionouse a contar gaseiros desde a fiestra da súa cociña. Nos últimos dous anos viu pasar 42 gaseiros cargados con toneladas de gas natural e deterse fronte á súa casa. A única regasificadora de Galicia está a moi poucos metros da súa vivenda. Como ela, o resto dos veciños da parroquia de Meá aínda non saen do seu asombro. Levan case unha década protestando contra a planta de gas pero as súas mobilizacións non impediron que Reganosa construíse unha terminal xunto a un centenar de vivendas, ao sur da ría de Ferrol.
"Goberne quen goberne, a planta segue crecendo e segue aumentando o risco" explica Torrente, presidenta da asociación veciñal de Meá (Mugardos), "é triste ver que o interese económico pasa por encima das leis". Reganosa, participada pola Xunta cun 10% de accionariado, empezou a operar en maio de 2007 e aspira a duplicar a súa capacidade ata xerar 825.000 metros cúbicos de gas cada hora. Aínda por riba, a regasificadora linda con Forestal do Atlántico, un complexo petroquímico do grupo Tojeiro, impulsor e accionista de Reganosa.
Para o Comité Cidadán de Emerxencia, que agrupa aos opositores á terminal, a planta de gas é "unha ameaza para a vida" e Forestal "unha bomba química de destrución masiva". "Temos dous das empresas máis perigosas de Galicia metidas no medio das casas" insiste Torrente, "eu mesma teño o gasoduto pegado á cimentación da miña casa, baixo o xardín".
Conta que os veciños de Mugardos e algúns de Ares recibiron o comprometido Plan de Urxencia Exterior (PEE) na caixa de correos das súas casas nun sobre pechado co membrete da Xunta e unha guía magnética para adherir á neveira con recomendacións para reaccionar ante unha urxencia: cinta illante para selar fiestras e portas, lanterna e pilas. Máis dun veciño critica o plan "chafalleiro". senten indefensos ante calquera imprevisto por moito que soen as sirenas que se instalaron polo municipio.

3/22/2009

A planta de gas de Mugardos non era necesaria para Galicia


Logo dun ano de funcionamento, a planta de gas da ría de Ferrol está fornecendo soamente a TERCEIRA PARTE da PREVISION DE DEMANDA citada no informe (abril 2002) da Comisión Nacional da Enerxía (CNE) que fora básico e a clave para que a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas do Mº de Industria, emitise a Resolución de Autorización Administrativa Previa para a instalación da Planta de Gas en Mugardos (A Coruña).
¡ A planta de gas da ría de Ferrol está fornecendo A TERCEIRA PARTE do gas que xustificaba a súa instalación no Noroeste da península ! [Ler máis]

3/20/2009

"Declaración das Entidades Canarias con Plans de Desenvolvemento Sostible"


O primeiro acordo de compromiso a nivel rexional polo desenvolvemento das enerxías renovables asinouse onte en Agüimes, no marco do IV Seminario Internacional de Comarcas Sostibles. Nel, participaron representantes de varias illas e exponse a unión e o papel local como pezas principais do futuro.
O obxectivo deste manifesto é asumir, por parte das diferentes institucións, o concepto de desenvolvemento sostible, que debe entenderse como unha "evolución cara á sustentabilidade", que debe ser "equitativo e integrado", no sentido que atenda a todas as necesidades que satisfán a vida dos seres humanos, segundo manifestou o Alcalde de Agüimes e Presidente da Mancomunidade do Sureste, Antonio Morales.
A este acordo sumáronse a Mancomunidade do Sureste de Gran Canaria, o Alcalde de Puerto del Rosario (Fuerteventura), Marcial Morales, a Alcaldesa de Granadilla (Tenerife), Carmen Nieves Gaspar, a Presidenta do Cabildo de Lanzarote, Manuela de Armas, e o Vicepresidente do Cabido Insular de El Hierro, Javier Morales, quen aproveitou a ocasión para presentar, a nivel internacional, o proxecto de Desenvolvemento Sostible 100% Sostible de El Hierro, que estará finalizado para finais do ano 2010.

3/19/2009

"Canarias é a Arabia Saudita das enerxías renovables"

Jeremy Rifkin onte no Seminario de Comarcas Sostibles

O presidente de 'Foundation on Economic Trends' e experto na enerxía do hidróxeno, Jeremy Rifkin, afirmou onte durante a súa intervención no IV Seminario Internacional de Comarcas Sostibles organizado pola Mancomunidade do Sureste de Gran Canaria que "Canarias é a Arabia Saudita das enerxías renovables e pode ser un modelo para o resto do mundo creando emprego e oportunidades", xa que, ao seu xuízo, nunca viu "un sitio tan idóneo como as illas para apostar polas enerxías renovables".

"Canarias é a Arabia Saudita das enerxías renovables"

O Sureste trata de buscar un novo modelo enerxético e máis sostible

domingomartin.blogspot.com

3/13/2009

As sirenas cerca óense mellor




Xa comezaron as obras para a colocación do sistema acustico de aviso de emerxencia e para que non exista dúbida sobre a súa eficacia á hora de anunciar posibles accidentes co seu potente son, non colocan a torreta das sirenas no recinto da planta senón no exterior e xusto á beira das casas mais proximas para que os veciños escóitena con claridade e corran a buscar a cinta illante a radio e a lanterna.
Pregúntome se todo isto vale de algo ante o perigo dun escape de gas que con toda seguridade prenderia en chamas e convertería a zona nun autentico crematorio.

3/12/2009

Comparecencia do CCE ante o TSXG

A perigosa e ilegal planta de gas de Reganosa en Meá (Mugardos)

A Fiscalia do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia citou na súa sede de A Coruña a unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia, no dia de hoxe , Xoves dia 13, para ratificarse e presentar a documentación oportuna, relativa as irregularidades de Reganosa.
Adxuntase texto do documento a presentar:
Ferrol a 12 de Marzo de 2009
Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Humberto Fidalgo Couce con D.N.I. … Vicepresidente de ADEGA (Asociación para la Defensa Ecolóxica de Galiza) Delegación de Trasancos e membro do Comité Cidadán de Emerxencia , co enderezo a efectos de notificación… Ferrol. Manuel Angel Rodriguez Carballeira con DNI…Coordinador do Comité Cidadan de Emerxencia e actuando na sua representación.
Expóñen :
Polo presente escrito queremos poñer no seu coñecemento que a instalación de unha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, promovida pola sociedade “REGANOSA” obedece a un proceso continuado de corrupción.
Non acudimos a esta Fiscalía para dirimir un mero problema administrativo que somos conscentes ten os seus propios cauces. Acudimos, porque ó noso entender debe ter unha consideración penal todo o acontecido durante a tramitación,desenvolvemento e execución da planta de regasificación de “REGANOSA”.
Como paso previo a detallar as numerosas irregularidades ,resulta da máxima importancia coñecer que calquer planta de regasificación por pertenecer ó sistema gasístico, considerado unha actividade regulada, ten garantido polo Estado non só o 100% dos orzamentos senon que ademais o Estado garantiza ós promotores de calquer instalación gasística “necesaria” unha retribución financieira de ditos orzamentos así como os costes de operación e mantenemento da instalación (Ley de Hidrocarburos 34/1998 de 7 de Octubre y Orden ITC/3863/2007) [+máis]

3/09/2009

A xustiza empeza a asumir o verde

NoN ao Porto de Granadilla

Os xuíces están perdendo o medo a paralizar grandes obras, a miúdo públicas, para salvar unha árbore ou un animal protexido. Hai casos extremos, como o que protagonizou o mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Canarias ao suspender de forma indefinida as obras do porto de Granadilla (en Tenerife, máis de 300 millóns de investimento previsto) para preservar unha alga protexida.
Pero hai moitos máis. O oso pardo parou a estación de esquí de San Glorio; o hotel do Algarrobico é ilegal e o xuíz considera que La Junta manipulou os planos dun parque natural para permitilo; un dos maiores proxectos eólicos foi anulado por estar en zona de urogallo; a cegoña negra impediu a urbanización en Las Navas del Marqués, e un ex conselleiro de Murcia foi detido o mércores pola recualificación dunha zona con aguia perdicera e tartaruga moura. David vence cada vez máis a Goliat.
Pero como di Sus0, os xuíces nos que confio espero retiren do interior da Ría de Ferrol a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, que está destruíndo o ecosistema mariño da ría e expoñendo a vida de miles de persoas.

[+ Ler máis] Artigo orixinal El País