12/22/2008

Potencia Enerxética


A Xunta de Galicia ten na actualidade unha presenza significativa en empresas estratéxicas para o sector enerxético galego. Aparte da súa participación na eólica, o Goberno autonómico é accionista maioritario da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) , na que conta cun 51% do capital. O resto está en mans de Unión Fenosa. Sogama é a empresa encargada de xestionar os residuos de 280 concellos cunha poboación total superior aos 2,2 millóns de persoas. Concretamente, o ano pasado tratou o 80% do lixo de Galicia e máis de medio millón de toneladas de residuos urbanos. A facturación ascendeu a 80,1 millóns de euros, dos cales 30 millóns corresponderon a ingresos procedentes da venda de enerxía.
Reganosa é unha compañía privada que recibe, almacena e transforma gas natural licuado a través da súa terminal de Mugardos, na Ría de Ferrol. A Xunta controla o 10% do accionariado da sociedade que, despois de tres ampliacións de capital, ascende a 34,4 millóns de euros.
En Reganosa tamén están presentes outras compañías galegas relevantes, como son Grupo Tojeiro (do propietario de Gadisa), Caixa Galicia, Banco pastor e Caixanova.
A nova no Xornal

Sem comentários: