Maña xoves, 29 de Xaneiro de 2009, está prevista a entrada dun novo buque gaseiro cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, este faría o número 40 desde que conmezaron a entrar en Maio de 2007. O buque que ten prevista a súa entrada é o "Bilbao Knutsen", un buque novo [28.01.2004] de bandeira española.
Diante da anunciada entrada deste gaseiro con miles de m3 de gas natural liquado, na nosa Ría, como é habitual, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta con CONCENTRACION diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, na Praza Amada García, ás 7 da tarde.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría e Ferrol
En Chuza
Sem comentários:
Enviar um comentário