1/20/2009

Mugardos terá un novo pavillón polideportivo

O vello pavillón do Cristo de Mugardos

O novo pavillón polideportivo de Mugardos comezará a construirse este ano nas inmediacións do Instituto. Asegurouno así a Directora Xeral para o Deporte Marta Souto que onte visitou a localidade mugardesa. A instalación cumprirá todas as normas de accesibilidade, permitindo que toda a xente poida utilizar a instalación. O novo pavillón conta cun orzamento que ascende ao millón oitocentos mil euros. As obras iniciaranse este mesmo ano, segundo as palabras da directora xeral para o deporte.

Radiofusión

Diario de Ferrol

O BNG recrimina ao PP

Sem comentários: