Hoxe, 26 de Xaneiro de 2009, está prevista a entrada dun novo buque cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, este faría o número 40 desde que conmezaron a entrar en Maio de 2007. O buque gaseiro que ten prevista a súa entrada é o "LNG Larbi Ben M'Hidi", un vello buque arxerino de máis de 32 anos de antigüedade [1977]. Diante da anunciada entrada deste buque con miles de m3 de gas natural liquado, na nosa Ría, como é habitual, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou unha acción de protesta, unha concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, na Praza Amada García, hoxe 26, ás 7 da tarde.
Colectivo Ártabra 21
Arceibe.blogspot
En Chuza
O poder da risa
Há 1 semana
Sem comentários:
Enviar um comentário