4/21/2009

Homenaxe a seis fusilados do municipio


Unha vintena de veciños de Mugardos lideraron unha iniciativa que dará como resultado unha homenaxe popular a seis fusilados durante a guerra civil.
Trátase de Francisco Martínez Leira "Pancho", Manuel Bastida Franco "O Chone", Florentino Iglesias Varela, Joaquín Seco Franco, Román Díaz Díaz e Andrés Dopico Otero.
O acto prográmase para o día 1 do próximo mes de maio, coincidindo co día internacional dedicado ao proletariado, e consistirá nunha ofrenda floral no cemiterio de Meá, a partir das seis da tarde.
Segundo consta no escrito no que os organizadores deron a coñecer a súa iniciativa, trátase de recordar a "homes e mulleres proletarios que viviran e deran a vida na loita en favor da causa do proletariado galego e mundial: o socialismo; foran guerrilleiros ou non, estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade, non eran nin baldoleiros nin bandidos: a súa vida, os seus actos e a súa morte estaban inspirados nos mellores e máis altruistas principios republicanos”.

Diario de Ferrol

Ler Retallos da Memoria

Na capa de Chuza

1 comentário:

AngeldeCardido disse...

Relacionada, conta a Loita de Pancho http://textosdereferencia.googlepages.com/miabuelo,raimundooterobrañas