Mostrar mensagens com a etiqueta Madrid Spirit. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Madrid Spirit. Mostrar todas as mensagens

11/03/2013

Perigo!! gaseiro 157 cargado con GNL para Reganosa


Madrid Spirit en Reganosa 29/08/2013

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 157 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 157 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría. 

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, esta sentenza é inapelable.

CONCENTRACIÓN: 
Martes, 5 de novembro ás 19:00 h, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) 

Características do buque: Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

 PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot


2/07/2011

Perigo!! gaseiro 83 cargado con GNL para Reganosa


Hoxe, lúns 7 de Febreiro está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro "Madrid Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 83 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, hoxe lúns 7 de Febreiro de 2011, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Ciddán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

6/18/2010

Perigo!! gaseiro 68 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Madrid Spirit" descargando en Reganosa 28/05/2010

Ante a pevisión de entrada na Ría de Ferrol do "LNG Madrid Spirit", novo buque gaseiro, que fai o número 58 desde Maio de 2007, cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, chama a concentrarse unha vez máis na Praza Amada García de Ferrol, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, o mesmo sábado 19 de Xuño de 2010, ás 8 da tarde, para denunciar e protestar ante tanta irresponsabilidade das autoridades municipais, autonómicas e centrais.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

5/27/2010

Perigo!! gaseiro 66 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Madrid Spirit" descargando en Reganosa 20/04/2010
Mañá venres 28 de Maio está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do LNG "Madrid Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 66 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, mañá venres 28 de Maio de 2010, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento XA!

Antes de que suceda unha catástrofre



Comité Cidadán de Emerxencia

4/21/2010

O “LNG Madrid Spirit”, tivo que adiar a súa entrada na Ría

LNG "Madrid Spirit" na Ría de Ferrol (19/04/2010)

O “LNG Madrid Spirit” , tivo que adiar a súa entrada na Ría até a marea de pola tarde, dado que á hora de entrada prevista que era ás 8 da mañá non o puido facer, dado que a néboa reinante deitada sobre a Ría no llo permitía, a visibilidade era moi escasa. E as Normas da Capitanía Marítima, no apartado sobre as Condicións Meteorolóxicas, fala de que ten que haber unha visibilidade de ao menos 1.200 metros.
O buque gaseiro, “LNG Madrid Spirit” , é un dos buques gafados no intento de arribar ao Porto de Mugardos, ten un historial de adiadas moi importante, xa son cinco as veces, as últimas os pasados 29 e 30 de Marzo de 2010, as outras o 29 de Agosto de 2009 e o 20 de Outubro de 2008.
O Comité cidadán, como fai sempre que anuncian a entrada dun buque cargado con GNL, de novo realizou unha CONCENTRACION diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, para denunciar e protestar ante semellante imprudencia que ameaza a nosa seguridade, á Ría e as nosas vidas.
Non só a presencia da Planta de Gas de Reganosa construída, ao amparo da corrupción polítia e económica, no corazón da nosa Ría é un enorme potencial perigo, senón que a entrada, atraque e descarga dos gaseiros con GNL-LNG, aumentan o perigo exponencialmente. Isto foi o que denunciou o Comité na concentración sonora deste pasado Luns 19 de Abril de 2010. Ademais mencionou-se o intento de procesamento de 60 persoas, xente do mar, por, supostamente, participar nas accións de protesta ante o intento de entrada do primeiro gaseiro cargado con gas natural licuado, en Maio de 2007.
Na intervención do Coordenador do Comité quedou claro a responsabilidade do propio Comité Cidadán de Emerxencia que foi o que fixo o chamado á cidadanía para que se mobilizara ante o atropelo, o perigo, a inxustiza e a ilegalidade que supuña a entrada do "Galicia Spirit" na Ría de Ferrol [07.05.2007] e a descarga do GNL nunha planta que non reunía nin reúne os condicionandos de seguridade esixidos pola Lei, nin daquela os permisos de funcionamento, sen Plan de Emerxencias Exterior aprobado [19.07.207], e a tan só 10 días de ser redactadas as Normas de Seguridade para a entrada, atracada, desatraque e saída de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol [27.04.2007], pola Capitanía Marítima de Ferrol, sen que transcorrera tempo suficiente para a presentación de alegacións, ...

4/17/2010

Perigo!! gaseiro 64 cargado con GNL para Reganosa


O luns 19 de Abril está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do LNG "Madrid Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 64 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.
Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, este luns 19 de Abril de 2010, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

3/30/2010

2º intento fallido da entrada do LNG “Madrid Spirit”


Tamén hoxe, por segundo día consecutivo, o LNG “Madrid Spirit” tivo que renunciar ao seu intento de arribar a Reganosa.

Achegouse a bocana da Ria, a hora da marea alta, pero a forza do vento fixo imposible que efectuara a manobra de entrada ao estreito canle.

Tal como explicabamos onte, é o gaseiro nº 63 dirixido a Planta de Gas de Mugardos, e co o de hoxe van 15 intentos fallidos a causa das condicións metereolóxicas. Unha proba máis da improcedente ubicación desta Planta perigosa, innecesaria e destructiva dos valores ambientais, laborais, paixaxísticos e patrminiais do entorno.

Unha planta sen demanda e económicamente deficitaria que está a sobrevivir a conta dos fondos públicos e do diñeiro de toda a cidadanía, en beneficio dos seus promotores e coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.

É moita hora xa de que as autoridades competentes poñan coto a este despilfarro e a este perigo permanente, determinando a súa paralización, cando a demanda de gas existente cúbrese sobradamente e sen problemas por los gasoductos que agora teñen pechados en beneficio de Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxencia

3/29/2010

Hoxe tampouco entrou o gaseiro esperado

Imaxe a tempo real (17:55 h)

O LNG “Madrid Spírit” tiña programada e autorizada a súa entrada para a pleamar desta tarde, 29 de marzo. Debido ás condicións do vento e estando próximo á Ría de Ferrol tivo que desviarse e continuar navegando cara ao Cantábrico, agardando que na marea de mañá martes poida entrar na Ría.
Dos 63 gaseiros con destino a Reganosa, 14, ou sexa o 22,22 %, ou máis claro: 1 de cada 4,5, non pode efectuar a súa entrada o día previsto, por mor das condicións meteorolóxicas na angosta bocana da Ría.
Isto supón que o buque ha de esperar, 24 ou 48 horas, á próxima marea diúrna en que se dean as condicións de seguridade establecidas.
A unha planta, mal ubicada, perigosa, innecesaria e deficitaria, súmase un importante incremento no custo do transporte, que indubidablemente repercute nos petos dos cidadáns.
Apelamos unha vez máis á responsabilidade das autoridades estatais, autonómicas e locais, para que cesen no seu temerario consentimento e poñan punto final a esta situación de risco permanente e a este malgasto dos caudais públicos, abrindo os gasoductos que manteñen pechados exclusivamente para beneficio dos promotores da Planta de Mugardos.
Planta cuxo déficit – 60 millóns de Euros – correspóndese co déficit do conxunto do Sistema Gasístico Español.
Este Comité mantén a convocatoria de CONCENTRACION para esta tarde as 7, diante do edificio da Xunta ( Praza Amada García ) no compromiso coa defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes.

ferrolsuso.blogspot.com

3/27/2010

Perigo!! gaseiro 63 cargado con GNL para Reganosa


O luns 29 de Marzo está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do LNG "Madrid Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 63 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.
Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, este luns 29 de Marzo de 2010, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!

Antes de que suceda unha catástrofre


Comité Cidadán de Emerxencia