12/09/2008

"Senda do Segaño"

Foto Romarin

A contorna litoral entre os municipios de Mugardos e de Ares na ría de Ferrol está enlazado desde hoxe cunha senda costeira de cinco quilómetros de lonxitude.
O carreiro, que se poderá utilizar para rutas "a pé, dacabalo ou en bicicleta" , conta con importantes valores naturais, históricos e patrimoniais, que permiten a súa integración na Rede Europea de carreiros da Cornixa Atlántica, que se estende entre San Petersburgo e Lisboa.

A nova en Europa press
Diario de Ferrol
El Correo Gallego

Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)


Fai case un ano que botou a andar a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), un novo organismo co que a Xunta pretende dar unha atención "integral e integrada" ás situacións de urxencia, en palabras do xerente, o navarro Francisco Echeverría.
Un accidente na autoestrada non é o peor que pode pasar en Galicia. A refinería da Coruña, a planta de Reganosa en Mugardos, os miles de petroleiros que cruzan as costas galegas.
P.- ¿Estamos preparados para unha destas urxencias?
R.- Hai plans de actuación para nevadas, incendios ou accidentes con mercancías perigosas, por exemplo, e están moi ben desenvolvidos en comparación aos doutras comunidades. Tamén hai plans específicos para a refinería ou Reganosa, por exemplo, que por lei está obrigada a ter un plan de urxencia interior e exterior. En canto á capacidade de resposta, hai recursos por toda Galicia, outra cousa é como se distribúen.

12/06/2008

“O caso Reganosa” no Foro Social Galego



Hoxe sábado 6 de Decembro, na Facultade de Filoloxía de Santiago, un dos puntos neurálxicos do FSGal, ás 12h, e a proposta de Fuco Buxán, do Comité Cidadán de Emerxencia e da ONGD Acsur – Las Segovias, celebrarase un debate que afecta á Ría de Ferrol. Este celébrase baixo o título “Galicia, Territorio, Enerxía, Seguridade, Mobilización Social: O caso Reganosa”.
Participarán: Manuel Rodríguez Carballeira (Voceiro do CCE e presidente de Fuco Buxán, Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataforma de Veciños de Meá – Mugardos), os profesores Manuel Amorím e Carlos Álvarez e o ecoloxista Humberto Fidalgo.

Foro Social Galego programa

12/05/2008

O PP de Mugardos preséntase como acusación particular na "Operación Virgin"


Foto PPdG en Flickr

O Partido Popular do Concello de Mugardos decidiu comparecer (un ano despois) como acusación particular no proceso xudicial sobre a Operación Virgin, na que o Xulgado número 4 de Ferrol investiga unha suposta trama de favores entre o departamento municipal de Urbanismo e empresas privadas. O voceiro do PPdG, Domingo de Deus Fonticoba, argumentou que a decisión de comparecer como acusación particular responde á "falta de colaboración" do alcalde, Xosé Fernández Barcia, coa Comisión de Investigación creada logo da intervención policial.

Artigo orixinal en Vieiros

A falsa tramitación ambiental de Reganosa validada polo Supremo


Pérdese unha batalla, pero non a guerra. A loita continua

O Tribunal Supremo acaba de emitir un fallo que anula unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o permiso ambiental de Reganosa. O Concello ferrolán presentou no 2001 -cando estaba gobernado por BNG e PSOE- un procedemento contencioso-administrativo contra a declaración de efectos ambientais da regasificadora ferrolá. O TSXG ditaminou que a Xunta tería que estudar o recurso de alzada do Concello, que defendía a necesidade de que o proxecto contase cunha declaración de impacto ambiental, máis esixente que a de efectos ambientais que ten a planta. A Xunta e Reganosa recorreron esa decisión, que agora avala o Supremo.

AVoz de Reganosa

12/04/2008

Explosión en Gavà: A auga mata

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


As mentiras, en ocasións repítense tanto que chegan a parecer verdade. Por exemplo a que di que o gas é a enerxía máis perigosa, por encima das demais. As cañerías do gas están expostas a controis constantes para evitar fugas. Mentres tanto as de auga verten millóns de litros cada día que se perden polo seu mal estado.

Artigo de Albert Castillón

A "lista negra" do gas

Estado do bloque de vivendas de Gavá tras a explosión

Máis de medio centenar de mortos. Este é o tráxico balance de vítimas das explosións de gas rexistrados en España nos últimos oito anos. Descoidos coas estufas, deflagracións por unha mala revisión das instalacións, accidentes laborais e explosións provocadas son algunhas das causas que aumentan cada ano esta dramática lista.

Artigo orixinal
En Chuza tximbalee

12/02/2008

A automoción non ten mercado, o naval sí

A automoción agora non ten mercado, o sector naval, si. Así se puxo de manifesto na reunión dos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular para a reactivación de Navantia Fene. Os asistentes á xuntanza celebrada na Feira de Mostras de Ferrol indicaron que o compromiso de Zapatero para renegociar as prohibicións coa Unión Europea, reforza esta proposta.

Artigo orixinal
Quin.TV
O naval resiste á crise

12/01/2008

Entrevista a Mabel Rivera, actriz e activista de movementos sociais


Foto albenizteatro

Mabel Rivera é actriz e unha cidadá moi activa nas mobilizacións e movementos sociais que aspiran a cambios sustantivos en situacións de inxustiza e en atropelos inadmisibles ao medio. Mabel Rivera interpretou un dos papeis máis fermosos da cinematografía española. Recorden "Mar adentro" e pensarán nela, e seica acordarán comigo que nunca un Goya foi outorgado de forma máis merecida.

Entrevista completa en Rebelión

11/28/2008

Hoxe non merquei nada

O Día Sen Compra é un día simbólico contra o noso modelo de consumo, social e ambientalmente insostible. Este día serve para recalcar que necesitamos outros 364 días dun consumo crítico e sostible (consumo local, ecolóxico, xusto, reutilizando e só o necesario).

Via Ecoloxista en acción