7/03/2014

VIII Marcha a pé desde Ferrol até Mugardos



O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol  convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na 8ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, co lema:MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE!.

A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs, do venres 18 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa, rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quenes por calquera medio (bici, carro, lancha…) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.
O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrucción do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa ubicación confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda (funciona ao 30% co gasoducto de Tui pechado) e polo antieconómico dos seus resultados (cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía).

   PARTICIPA E DIFUNDE



PASO A PASO,

                                                     



5/04/2014

A triste lousa de unha inxusta orfandade


Por Bernardo Maiz [*]
03.05.2014
Gabriel Toimil García naceu no antigo Hospital de Caridad rematando outubro do 1937, paríndoo a súa nai baixo a vixilancia dun garda armado pois estaba sometida á xurisdición militar de guerra. O día 16 de novembro a nai co seu fillo retornou ao cárcere de mulleres, na traseira do convento da Compañía de María, onde, despois de dúas detencións e liberacións anteriores, levaba presa dende o 19 de abril de 1937 baixo a acusación de rebelión militar, exercida, irónica e tristemente, por quen se rebelaran en xullo do 1936 contra o lexítimo goberno republicano. Nun inmisericorde consello de Guerra a mugardesa Amada García, de 28 anos, foi condenada a morte o 3 de decembro do 1937, sendo pasada por las armas no castelo de San Felipe con outros sete compañeiros na mañanciña do día 27 de xaneiro de 1938. Apenas media hora antes o pai de Amadita, unha súa tía e o seu home reembarcaran co neno Gabriel no bote no que se achegaran á rampla do castelo; ao atracar en Mugardos escoitaron os disparos do pelotón de fusilamento.
Gabriel, sen nai e cun pai distante, criouse cos avós maternos en Ferrol Vello, indo ao mar no bote Gabrieliño ou no bote Amadita co seu avó pescador, acompañando a súa avoa vender peixe na praza. Estudou bacharelato, foi mariñeiro, entrou en Bazán, casou, tivo dúas fillas, netas, gañou o respecto de tantos que moito o apreciamos e foi feliz ... Relativamente, pois sempre cargou coa triste lousa da súa tan inxusta orfandade, anguria apenas compensada co orgullo de ser fillo dunha nai asasinada só por «ser mujer y republicana», unha muller que exercera e defendera os seus dereitos cívicos en igualdade.
Este 2 de maio, de mañanciña, recibín un recado de Amada Toimil: «Solo decirte que mi padre ha muerto». Con todo o meu agarimo, vaia esta nota na súa lembranza.
obituario gabriel toimil garcía (1937-2014)
[*Bernardo Máiz Vázquez, Ferrol 1950, profesor, mariñeiro, historiador e activista. Leva toda unha vida, entre moitas outras iniciativas, a recuperar a memoria histórica da "longa noite de pedra" que foi a Ditadura fascista do franquismo: a vida, a represión, a resistencia, ... autor do libro "Galicia na IIª República e baixo o franquismo" - 1988, e doutros moitos estudos, artigos, libros e traballos compartidos.

3/09/2014

Perigo!! gaseiro 164 cargado con GNL para Reganosa


Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 164 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 160 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 


Concentración: 

Lúns, 10 de Marzo, ás 19:00 h. na Praza Amada García, Ferrol 

Características do buque: Nome.- “LNG Explorer”, Bandeira.- Islas Marshall, Eslora.- 288 m, Manga.- 44 m, Puntal.- 19.70m, Calado.- 11.60 m, Capacidade.- 155.000 m³ de GNL 



PASO A PASO




1/13/2014

ATENCION PERIGO! GASEIRO CARGADO DENTRO DA RIA

LNG Bayelsa

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 160 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCOU a súa 160 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 


Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

Concentración: Concentraronse hoxe, lúns, 13 de xaneiro 2014, ás 19 hs,

diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol  

PASO A PASO

12/16/2013

Perigo!! gaseiro 159 cargado con GNL para Reganosa




Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 159 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 159 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

Concentración: 

Mañá, Martes, 17 de decembro ás 19:00 h. na Praza Amada García, Ferrol 


Características do buque: Nome.- Bilbao Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.53 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.30 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL 


PASO A PASO


11/17/2013

Perigo!! gaseiro 158 cargado con GNL para Reganosa



Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 158 “Valencia Knutsen” o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

Lúns, 18 Novembro 2013, ás 19 hs, diante Edificio Admvo. Xunta de Galicia Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:
Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.-26.5 m, Calado.- 11.95 m, Capacidade.- 173.410 m³ de GNL

PASO A PASO



11/03/2013

Perigo!! gaseiro 157 cargado con GNL para Reganosa


Madrid Spirit en Reganosa 29/08/2013

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 157 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 157 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría. 

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, esta sentenza é inapelable.

CONCENTRACIÓN: 
Martes, 5 de novembro ás 19:00 h, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) 

Características do buque: Nome.- Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.50 m, Puntal.-25.40 m, Calado.- 12.2 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL

 PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot