Pérdese unha batalla, pero non a guerra. A loita continuaO Tribunal Supremo acaba de emitir un fallo que anula unha sentenza ditada polo
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o
permiso ambiental de Reganosa. O Concello ferrolán presentou no 2001 -cando estaba gobernado por BNG e PSOE- un procedemento contencioso-administrativo contra a declaración de efectos ambientais da regasificadora ferrolá. O TSXG ditaminou que a Xunta tería que estudar o recurso de alzada do Concello, que defendía a necesidade de que o proxecto contase cunha declaración de impacto ambiental, máis esixente que a de efectos ambientais que ten a planta.
A Xunta e Reganosa recorreron esa decisión, que agora avala o Supremo.
AVoz de Reganosa
1 comentário:
Dáme magoa ter Políticos e Xuíces como os que temos, dáme magoa que Ferrolterra non teña a lei que precisa. Pero o que mais magoa me dá é que o quen "TEN PRATA FODE E MATA".
Un Saudo Canario, que bon traballo estás a facer meu.
Enviar um comentário