6/14/2009

A lancha de Mugardos ofertará 2.700 prazas ao día desde o 1 de xullo



A lancha de Mugardos volverá funcionar desde o 1 de xullo e ata o 15 de setembro a pesar da escaseza de viaxeiros que, nos últimos anos, está marcando as campañas estivais deste servizo, que deixou de operar diariamente o 30 de setembro do 2002 polo seu escaso rendemento económico.
Será, de novo, a embarcación Rías Altas Un, propiedade de Francisco Fernández Cabana, a que se ocupe de facer os traxectos entre a urbe naval e a vila mugardesa. Sairá nove veces ao día desde cada punto -nos horarios que se indican na táboa que acompaña a información-, realizando así un total de 18 viaxes por xornada.
Cunha capacidade para 150 pasaxeiros, ofertará deste xeito cada día un total de 2.700 prazas. Os prezos serán de tres euros. Facer a ida e a volta, polo tanto, custará seis euros.

Artigo orixinal

As lanchas en Ferrolterra

Concentración solidaria cos traballadores de Cabral

José Becerra, Juan Fernández, Ignacio Fernández, Iván Puentes


Os dous traballadores de Montaxes Cabral que desde o pasado luns están pechados no Concello de Fene en demanda da solución da súa situación laboral -non se lles permite acceder ao seu posto de traballo no estaleiro fenés e levan tres meses sen cobrar- recibiron onte o calor e respaldo dunhas 300 personas na concentración convocada polo grupo do PSOE mugardés.

Juan Fernández e José Becerra, que desde hai tres meses se encontran nunha situación de “limbo” laboral, atopáronse onte co apoio das persoas que decidiron participar na convocatoria do PSOE mugardés, formación da que un dos afectados, Juan Fernández, é portavoz municipal.
O seu compañeiro de filas, o concelleiro Ignacio Fernández, foi o encargado de ler un manifesto no que se esixiu unha solución inmediata á flagrante e inxusta situación que están a vivir estes dous operarios, que levan tres meses sen percibir ningún salario. Ademais de facer un pequeno repaso dos feitos que levaron ata esta situación, Ignacio Fernández afirmou que “parece que a los sindicatos y al comité de Navantia no les importe que estos trabajadores llevan tres meses en la calle sin ningún tipo de ingreso” e amosou o desexo do grupo municipal socialista de Mugardos de que “este sea el último fin de semana de Juan y José Antonio pasen fuera de su casa y separados de sus familias”. No seu discurso, asegurou que o goberno de Zapatero ten en Ferrolterra, concretamente en Fene, “una deuda pendiente, y a mi partido quiero decirle que mire, que medie, que empuje y que se ponga las pilas” para atopar unha solución.
Entre os asistentes á concentración encontrábanse os alcaldes de Fene (Iván Puentes), Julio Iglesias (Ares) e José Barcia (Mugardos), así como a parlamentaria e concelleira en Ferrol Beatriz Sestayo, e numerosos concelleiros da comarca, sobre todo do PSOE pero tamén doutros partidos que quixeron amosar a súa solidariedade cos dous operarios.
Entre outros, estes contaron durante estes días co apoio de membros da asociación cultural Fuco Buxán, que días pasados presentou en Fene o libro sobre Peninsular Maderera e Pysbe. Enlazando co conflito que no seu día viviu a fábrica de portas e taboleiros e a solidariedade posta de manifesto naquela época, Rafael Pillado, en nome da entidade cultural, expresou o “noso apoio e solidariedade a unha solución que signifique atopar traballo para Juan e José, porque eles non están a pedir ser prexubilados”.
Como se lembrará, os dous operarios de Montaxes Cabral foron os únicos traballadores que quedaron excluídos, por non ter cumpridos os 52 anos de idade, das prexubilacións levadas a cabo hai tres meses. Ao día seguinte de facerse efectivas as mesmas, o estaleiro fenés, onde a empresa permanecía como a única auxiliar interna da compañía pola súa antigüidade, impediu o acceso destes dous operarios ao seu posto de traballo. Navantia racha a súa relación con Montajes Cabral e estes dous traballadores quedan desde entón na rúa, sen seren despedidos, e sen cobrar. Os afectados confían en que entre mañá luns e o martes poidan recibir unha solución á súa situación laboral.

Diario de Ferrol

A.C. Fuco Buxán

16/06/2009

"Agardo e confío en que mañá haxa algunha novedade, que foi o que se acordou no encontro do venres no Concello". O que así se expresou onte foi Juan Antonio Fernández, un dos dous traballadores da firma de andamiajes Montaxes Cabral encerrados no Concello fenés en demanda dunha solución á súa situación laboral. Os operarios non puideron acollerse ao expediente de prexubilación da última reconversión naval pero debido a que a súa empresa estaba considerada como unha auxiliar interna da antiga Astano, tiñan dereitos adquiridos similares aos do persoal directo da factoría, que agora piden que se cumpran. A integración noutra compañía auxiliar, respectando as súas condicións laborais e económicas, podería ser unha solución ás súas demandas.
Os dous traballadores cumpren unha semana de peche sen que se atopou un arranxo para a ruela sen saída no que se atopan.
O pasado venres reuníronse no Concello con responsables de CC.OO. e dirixentes autonómicos do PSOE, que se comprometeron a realizar xestións ante Navantia e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para buscar unha solución.

6/13/2009

Lapis Verde denuncia o mal funcionamento da recollida de aceite usado

Colector nas inmediacións do forno do Seixo


O colectivo Lapis Verde denuncia a situación de abandono na que se atopan os colectores da recollida de aceites usados en Mugardos, máis concretamente os que se localizan na parroquia do Seixo.
Os denunciantes advirten da presenza de bolsas e garrafas con aceite usados fóra dos colectores, a saturación dos mesmos e un aspecto, polo xeral, bastante descoidado de todo a contorna.
Desde o colectivo saliéntase na obrigación que teñen os concellos de dar bo exemplo "para que os veciños podan seguir as súas directrices" e apúntase que de non ser así “a veciñanza acabará por tirar os aceites polo vertedeiro”.
Chegados a este punto, Lapis Verde recorda que cada persoa xera unha media de seis litros de aceite usado ao ano e que cada un deles pode chegar a contaminar uns 1000 litros de auga. Por conseguinte, o colectivo reclama do consistorio que poña fin a unha situación que, canto menos, xera unha mala imaxe e pon o perigo o medio ambiente.

En apoio dos traballadores pechados no Concello de Fene

José Becerra e Juan Fernández



En apoio a José Becerra e Juan Fernández, traballadores de Montaxes Cabral, pechados desde hai varios días no Concello de Fene demandando solución a sua grave situación laboral
CONCENTRACIÓN
Sábado 13, ás 12.00 h.na Plaza do Concello de Fene.


A A.C. “Fuco Buxán”, solidarízase con estes traballadores, facendo un chamamento a asistir a concentración, buscar saida a súa situación laboral, e a difundir a inxustiza de que son vitimas.

Asociación Cultural Fuco Buxán

Concentración solidaria cos traballadores de Cabral

6/12/2009

A Concentración de hoxe polo 46º Gaseiro

Concentración hoxe do Comité Cidadán


Na concentración de hoxe, convocada polo CCE e motivada pola entrada na nosa Ría do gaseiro “LNG OYO” que fai a número 46 dos que ilegalmente arriban a Reganosa, a máis de rexeitar este tráfico que pon en perigo as nosas vidas, púxose de manifesto o seguinte:
A irresponsabilidade das Administracións, Autoridade Portuaria e Dirección Xeral da Enerxía, por consentir – a pesar das nosas advertencias – a repetida entrada de buques con capacidade superior aos límites por eles mesmos autorizados.

Asemade, a pretensión do Alcalde de Mugardos de acelerar o proceso de desmantelamento do xacimento romano de Caldoval, importante predio arqueolóxico, cuxa urxencia é facilitar a ampliación da planta de gas.
Esmérase o Sr. Barcia en resolver os intereses especulativos dunha empresa privada, cando a súa obriga como Alcalde é a defensa da legalidade e do patrimonio común de toda a cidadanía.
Confirmouse tamén a data para a III Marcha a pé a Mugardos que se celebrará o próximo 23 de xullo.



Antes de que suceda unha catástrofre

"Unha Ponte no Tempo" reune en Beiramar a xente miuda e maior

Beiramar, O Seixo, Mugardos

O Concello de Mugardos organiza unha xuntanza interxeneracional “Unha Ponte no Tempo” no parque de Beiramar este sábado día 13 de xuño. Pretenden favorecer a cohesión social entre as distintas xeneracións e a participación das persoas maiores. [Ler máis]

6/11/2009

Continuam a entrar ilegalmente gaseiros na Ría de Ferrol

LNG "OYO" atracado na ilegal planta de gas de Reganosa en Mugardos (6/5/2009)

Está previsto que mañá venres, 12 de Xuño entre o buque gaseiro "LNG OYO" cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría de Ferrol.
Ante isto O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha CONCENTRACIÓN às 19:00H fronte á Praza Amada García (Edificio da Xunta de Galicia), en Ferrol.
Con este serán 46 os buques gaseiros cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol.
Este gaseiro sobrepasa, tanto na sua capacidade como na súa carga, a establecida nas Normas de seguridade para a entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros na Ría de Ferrol (capacidade inferior a 140.00m3) aprobadas pola Capitania Maritima de Ferrol e a Dirección Xeral da Marina Mercante, asi como a capacidade establecida na autorizacion de construcción.
O coordinador do CCE dirixe sendos escritos á Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao e á Direccion Xeral da Enerxia, advertindolles de que a entrada de dito gaseiro suporía un incumplimento flagrante e doloso da Autorización de construcción e cuxia tolerancia podería acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

6/10/2009

A regasificadora non se instalará na costa de Castillo del Romeral

Representantes do CAV de Castillo del Romeral reuníronse onte tarde cos máximos representantes do Cabildo Insular de Gran Canaria Don Miguel Pérez García e Don Román Rodríguez para tratar o tema da Regasificadora. Á reunión asistiron tamén o Consejero de Política Territorial do Cabildo Don Emilio Mayoral, e a Alcaldesa e un concejal de SBT, Dona Maria do Piñeiro Torres e Don Blas Ramón Ortega, respectivamente.

Os representantes do Cabildo manifestaron aos veciños que a súa postura oficial é que se o lugar de instalación da regasificadora dependese do Cabildo, cousa que non ocorre nestes momentos, esta non se instalará en terra, nin preto da costa. Explicaron que o lugar proxectado para a instalación ao día de hoxe márcao o PECAN, que indica que debe ir en Arinaga, decisión contra a que o grupo de goberno do Cabildo loitará por todos os seus medios, pero que tampouco admitirán unha instalación en terra ou preto desta en calquera outra parte da illa.

Os políticos explicaron aos veciños que se refuga a opción da illa artificial a tan só 1,5 km. da costa de Castillo del Romeral, aducindo como principal motivo o seu alto custo económico. O Cabildo aposta pola regasificación en alta mar, fóra do radio de perigo de explosión que se estima en 15 km. e mediante barcos regasificadores ou outras tecnoloxías que actualmente existen. [Ler máis]

6/09/2009

III Festifolk Mugardos 2009

Cartaz do Festifolk Mugardos 2009

O vindeiro sábado 20 de Xuño celebrarase o III Festifolk Mugardos 2009 no parque municipal de San Xoán de Piñeiro, a partir das 22.00 horas, actuaran os grupos:

Casa da leiteira, Estimaba que viñeras, Muxarega, Quempallou.

A entrada é libre a gratuita para todo o público.

A partir das 17.00 horas habera distintas actividades e actuacións:

Actuarán:- Os dous de sempre, Ares. Trebole, Ares. Grupo de dulzainas La Degollá de Alcoi, Alicante.

Ás 20.00 horas, previamente ao Festifolk, habera unha sardiñada.


"Luminarias" de San Xoán

"Cacharelas" de San Xoán (jpereira_net)

O Concello de Mugardos toma medidas de face á celebración da noite de San Xoán. Desde a área de Seguridade, da que está á fronte o edil Xosé Xoán Roca Lorenzo, recórdase que, no tocante ao asunto das "luminarias", cabe ter en conta unha serie de cuestións. Así, á marxe de recordar que se require a correspondente autorización municipal, desde o Concello fíxase en oito metros de perímetro e tres de altura o volume máximo da fogueira, recórdase que entre ela e as árbores ou edificios máis próximos debe existir unha distancia de 12 metros e que está prohibido o uso de pneumáticos, plásticos, produtos de poliuretano ou aceites como combustibles.
Tamén se destaca o uso de chans públicos lousados como posibles emprazamentos e recórdase que antes de dar por finalizada a festa non debe quedar acendido ningún tipo de rescoldo.
En canto á autorización, desde a administración mugardesa infórmase de que está aberto o prazo correspondente e de que o trámite débese facer efectivo a través do rexistro municipal, antes do día 20 do presente mes.
Os solicitantes deben presentar unha fotocopia do DNI e dar a coñecer o lugar elixido para a celebración das "cacharelas", que así é como son denominadas as fogueiras da noite de San Xoán na zona de Mugardos. Para velar polo cumprimento das normas, a Policía inspeccionará o día 23 as fogueiras.