6/08/2009

Peche indefinido dos dous traballadores de Montaxes Cabral

Juan Fernández e José Becerra no encerro

Os dous traballadores de Montaxes Cabral pecharonse este mediodía e indefinidamente na Casa do concello de Fene. Se antes do mércores non teñen solucionado o seu problema, tanto Juan Fernandez como José Becerra, poñeránse en folga de fame.

É unha nova maneira de seguir reclamando a sua reinserción na empresa de orixe, Montaxes Cabral, ou en Navantia Fene onde traballaron durante 34 anos. Levan tres meses e medio na rua, sen cobrar un salario e, segundo nos fala un dos afectados, Juan Fernandez, as cousas siguen igual que ao principio. Juan Fernandez agradece todos os xestos solidarios, entre eles o pronunciamento do último pleno fenés, pero queren ver un resultado á inxusticia que se cometeu con eles ao quedar, por razóns de idade fora da empresa e fora do estaleiro, mentras vían como prexubilaban ao resto dos compañeiros. Os que foron compañeiros deles, hoxe prexubilados, amosan a sua solidaridade con eles, mantendo dende as 12 desta mañán outros peches de 24 horas, en diferentes concellos da comarca.

Radifusión

Europa press

A Voz (de Reganosa)

Diario de Ferrol

Xoves 11 de Xuño de 2009

Os traballadores de Cabral aprazan a folga de fame á espera dun acordo

Os dous empregados de Montaxes Cabral que permanecen desde o pasado luns pechados no Concello de Fene e desde hai tres meses sen cobrar e sen ter acceso ó seu posto de traballo, no estaleiro de Fene, decidiron aprazar a folga de fame, que tiñan anunciado comezaría onte, na espera dun acordo de recolocación que podería estar cercano. Os responsables da Federación de Industria de CCOO así llo transmitiron, asegurándolles que, de non chegar a solución, apoiarán tódalas medidas de presión que sexan necesarias.
Para hoxe está prevista unha xuntanza dos responsables sindicais de CCOO co alcalde de Fene, Iván Puentes, e membros da executiva do PSdeG-PSOE para abordar o asunto. Mentres tanto, os dous traballadores seguen a recibir mostras de solidariedade dos seus compañeiros prexubilados. Onte tiveron a visita do presidente do comité de empresa de Navantia Fene, José Rico (UGT), que lles transmitiu o seu apoio.

Sem comentários: