Gaseiro navegando cara a Ría de Ares
Onte, sábado 29 de agosto, estaba prevista a entrada na Ría de Ferrol do gaseiro “Madrid Spirit”, que tivo que renunciar a efectuala debido ao forte vento.
Este buque faría o nº 51 dos que arriban a Reganosa cargados de GNL e o 9º que ten que desistir da súa entrada polas circunstancias climatolóxicas adversas. A improcedente localización da Planta de Gas no interior da Ría, en lugar do Porto Exterior, fai que 1 de cada 5 buques, teñan problemas para atravesar a angosta canle de entrada e deban fondear, un ou varios días, á espera dunha marea coas condicións axeitadas.
Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentráronse ante o Edificio da Xunta de Galicia, como vén sucedendo cada vez que se anuncia a entrada dun buque cargado de gas natural liquado, para facer patente á cidadanía do perigo constante que supón a Planta e o tráfico dos gaseiros para o empobrecimiento da Ría e para a vida dos seus habitantes.
Alí o coordinador do Comité reclamou das autoridades : Alcalde de Ferrol, Presidente da Xunta, e Presidente do Goberno, que deixen de mirar para outro lado, que sexan conscientes do grave perigo que supón e que tomen as medidas necesarias para a paralización da planta e o seu traslado fóra da Ría.
O de hoxe deriva soamente nun gasto económico adicional, pero si esta situación se dera co buque dentro da Ría e a tivera que abandonar precipitadamente por unha emerxencia, estaríamos posiblemente ante unha traxedia irreparable.
Antes de que suceda unha catástrofre
Sem comentários:
Enviar um comentário