5/27/2010

Perigo!! gaseiro 66 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Madrid Spirit" descargando en Reganosa 20/04/2010
Mañá venres 28 de Maio está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do LNG "Madrid Spirit" que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 66 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, mañá venres 28 de Maio de 2010, ás 8 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento XA!

Antes de que suceda unha catástrofre



Comité Cidadán de Emerxencia

Sem comentários: