Tamén hoxe,
por segundo día consecutivo, o LNG “Madrid Spirit” tivo que renunciar ao seu intento de arribar a Reganosa.
Achegouse a bocana da Ria, a hora da marea alta, pero a forza do vento fixo imposible que efectuara a manobra de entrada ao estreito canle.
Tal como explicabamos onte, é o gaseiro nº 63 dirixido a Planta de Gas de Mugardos, e co o de hoxe van 15 intentos fallidos a causa das condicións metereolóxicas. Unha proba máis da improcedente ubicación desta Planta perigosa, innecesaria e destructiva dos valores ambientais, laborais, paixaxísticos e patrminiais do entorno.
Unha planta sen demanda e económicamente deficitaria que está a sobrevivir a conta dos fondos públicos e do diñeiro de toda a cidadanía, en beneficio dos seus promotores e coa complicidade das autoridades estatais, autonómicas e locais.
É moita hora xa de que as autoridades competentes poñan coto a este despilfarro e a este perigo permanente, determinando a súa paralización, cando a demanda de gas existente cúbrese sobradamente e sen problemas por los gasoductos que agora teñen pechados en beneficio de Reganosa.
Comité Cidadán de Emerxencia
Sem comentários:
Enviar um comentário