4/26/2009

Francisco Martínez Leira, Pancho: a historia dunha fuxida sen retorno

Dúas imaxes de Pancho, sinalado cun circulo e vestido de lexionario, xunto a dous compañeiros

Lupe Martínez
Cátedra: revista eumesa de estudios, ISSN 1133-9608, Nº. 15, 2008, pags. 7-18

"Tendo en conta a situación nacional e internacional, 'botarse ao monte' á altura do ano 1948 pode parecer unha decisión suicida e, sen dúbida, éo. No interior, o réxime franquista facíase recoñecer a pistoletazo limpo e, no exterior, as potencias democráticas lexitimábano coa súa inacción e con actuacións tan desalentadoras como a nota do mes de abril de 1946. Nela, os ministros de Asuntos Exteriores de Estados Unidos, Francia e Gran Bretaña, instaban ao pobo español a ser el mesmo, sen inxerencia externa, o que restablecera un goberno democrático se así o desexaba. Devolvían deste xeito a pelota ao tellado dos opositores ao fascismo, confiados en que a vitoria aliada na II Guerra Mundial levaría a intervención destes e a inevitábel caída do réxime do xeneral Franco. Este, contando xa coa tranquilidade que a non intervención internacional lle proporcionaba, dispoñía de total liberdade para poñer en funcionamento toda a maquinaria represiva ao seu servizo e nas súas múltiples variantes, co fin de cortar calquera intento de atacar a 'nova España'.

Polo tanto, ante un panorama tan negro no que parece difícil imaxinar que un pobo aterrorizado tras unha guerra devastadora e unha posguerra non menos traumática, famento e afogado no pozo da miseria, poida rebelarse con éxito, 'botarse ao monte' en 1948 so pode ter unha triste lectura: a de fuxir dunha morte segura ou, cando menos, dunha situación de acoso e persecución difícilmente soportábel.
Cando Francisco Martínez Leira Pancho foxe ao monte o 22 de xaneiro de 1948, tras descubrirse a súa participación na folga do aceite e o azúcre que se desencadena en Bazán no ano 1946, faino para iniciar a derradeira viaxe da súa vida; prolongarase durante case sete anos e estará salpicada de múltiples accións que o converterán nun dos guerrilleiros máis sobranceiros das terras do Eume.
Pancho, militante do PCE, foxe ao monte nun momento especialmente critico para o discorrer da loita armada. A principios de 1948, a guerrilla sofre un acoso permanente por parte dunhas forzas represivas que van encadeando triunfos na particular guerra que manteñen cos homes do monte e que, nos meses posteriores, culminará coa detención dos líderes comunistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez, os homes que levaron a guerrilla ao seu maior desenvolvemento e grao de combatividade. Os febles intentos do PCE por reconducir aos homes do monte serán estériles. Os novos dirixentes, José Sevil ou Coronel Benito, pouco poderán facer xa para endereitar a agónica situación.

As sucesivas caídas de guerrilleiros, puntos de apoio e enlaces multiplicaranse nos meses posteriores, e Pancho será testemuña directa do triste final dos seus compañeiros e do abandono ao que teñen que facer fronte os poucos que aínda resisten a ofensiva final das forzas represivas. Nese mesmo ano 1948 o Partido Comunista decide poñer o punto e final á súa tutela sobre a guerrilla e. aínda que esta tarda uns anos en verificarse por completo, o certo e que os homes do monte vivirán no maior desamparo as últimas sacudidas da loita armada. Aínda así. Pancho protagonizará un bo número de accións contra os paladins do réxime, ben como un guerrilleiro máis do Destacamento Arturo Cortizas ou ben como xefe da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia, nomeamento que lle sobreven tras a marcha de Francisco Rey Balbis Moncho a Francia en 1950.
Dúas datas de vital importancia á hora de intentar trazar a rota que Pancho segue dende que foxe ao monte até que é abatido pola Garda Civil, son as referentes ao seu bautizo de fogo e ao momento da súa caída, Paradoxos da vida. e como nun intento de pechar o circulo, as dúas datas coinciden co comezo e a fin de 1949 e 1954 respectivamente.
A primeira data para o recordo é o 1 de xaneiro de 1949, case un ano despois de verificarse a súa fuxida: e a segunda data de especial interese é o 31 de decembro de 1954. día no que, co seu asasinato. se pon o punto e final á súa aventura revolucionaria. O obxectivo deste traballo non é outro que o de rememorar o particular viacrucis do noso home: o de recapitular as súas accións como fuxido, acompañado nun primeiro momento e so nos derradeiros intres da aventura, sen máis miras que as de custodialo na súa última viaxe.
Pouco podía presaxiar o grupo de veciños de Mugardos que celebraba a chegada do novo ano 49 no bar El Mugardés, que a festa se truncaría as 2:30 horas da mañanciña, cando tres guerrilleiros, Pancho, Riqueche e probabelmente Antonio Castro López Tocho, fixeron acto de presenza. Cominaron aos presentes a erguer os brazos, momento no que o veciño Juan Rey Mauriz. imbuído polo ambiente festivo e crendo que se trataba dunha broma, se dirixiu a Pancho, o guerrilleiro que levaba o peso da operación, dicíndolle: "tírame a min covarde". Pancho empurrouno, obviouno, disparoulle aos pos e dirixiuse ao seu obxectivo: Manuel Vázquez Fariña, ex alcalde franquista, delegado gobernativo e empregado como xefe administrativo de Bazán. A sorte aliouse con este, pois cando o guerrilleiro se dispoñía a dispararlle, de socato, a pistola atrancóuselle. Fariña, ante a dualidade de fuxir ou morrer, opta pola primeira e lánzase a carreira cara ao patio na compaña de Juan Rabina Cañizo, José Rojo Toimil e Arsenio Muñiz. Fernandez, Fariña, Cañizo e Toimil conseguen burlar os disparos que realiza Pancho; non así Arsenio Muñiz, que queda tendido na escaleira de caracol, morto. ...

Tras este incidente decrétase a detención de significados 'marxistas' que puidesen estar relacionados co intento de asasinato de Fariña e o asasinato de Muñiz. Trátase de Francisco Loureda Silvar Pellejo, José Fuentes Justo Pitón, Antonio Martínez Ferro Malayo, Román Ferrer Fernández Antopas, Juan Carnero Casal, Manuel Pérez Prados Porga, Manuel Bello Cartelle Xilguero e Florentino Iglesias Várela Floro, este último casado con Antonia Martínez Leira, irmá de Pancho. O 3 de xaneiro, catro deles, Francisco Loureda, José Fuentes, Florentino Iglesias e Antonio Martínez, son conducidos ao Val (Narón) co fin de que sinalen os puntos de apoio dos guerrilleiros nesa zona. Nas inmediacións do camiño de Mandiá, no punto de Catabois, o atestado policial fai constar que os catro homes intentaron fuxir amparándose na escuridade e na maleza existente. Tras desoír as voces de "alto" do sarxento Eduardo García Muñoz e, ante a posibilidade de perdelos de vista, a 'forza' abriu fogo causándolles a morte.... [Ler máis]
Grazas ao comentario de AngeldeCardido

O Concello incorpórase á Rede Xiana


O Concello de Mugardos incorpórase ao proxecto promovido pola Deputación da Coruña, no que participan 90 municipios da provincia e que, baixo o epígrafe "Rede Xiana", ten como obxectivo xerar políticas activas de emprego para maiores de 18 anos.
Un total de 78 cursos, a nivel provincial, impartiranse nos próximos meses e os veciños de Mugardos poden estar incluídos entre as máis de 1.100 persoas que se beneficiarán da iniciativa. Neste caso, aqueles que poidan estar interesados só terán que entrar en contacto, antes do día 22 do próximo mes de maio, cos responsables da área de emprego da institución municipal ou ben chamar ao teléfono 981 470 338 (ext.8).

4/25/2009

Comunicado da Plataforma Cidadá contra o Porto de Granadilla


A Plataforma Cidadá contra o Porto Industrial de Granadilla, en resposta ás directas alusións cara ao noso colectivo (así como cara a l@s decenas de miles de ciudadan@s de Tenerife que senten ou se sentiron identificades coa nosa loita), vertidas polo señor D. Ignacio González, presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tenerife, tachando de " irresponsables " a l@s membros deste colectivo cidadán, quere cuestionar aquí os argumentos que, segundo este organismo, xustificarían a " imperioso necesidade " de construír un porto industrial nas costas de Granadilla de Abona.

Cre vostede Sr. Ignacio González que é Responsable a construción dunha infraestrutura que ocasionaría graves e irreversibles repercusións Ambientais, condenando á desaparición a decenas de calas e praias en perfecto estado de conservación, que son precisamente as que atraen ao tan valorado "turismo de calidade" cara ás nosas costas?

Cre así mesmo que foi Responsable, a vertixinosa deterioración Ambiental, paisaxístico e cultural que vén sufrindo, en mans de construtores e politic@s desaprensivos, o fráxil e limitado territorio canario nas últimas décadas...


Para concluír, a Plataforma Cidadá contra o Porto Industrial de Granadilla quere facer saber a D. Ignacio González, ao organismo que representa e á sociedade canaria que, pola Gran Responsabilidade que nos compete, para co presente e sobre todo para co futuro da nosa Terra, seguiremos facendo todo o que estea nas nosas mans para Abortar dunha vez e para sempre o Inútil, Devastador e Ilegal porto de Granadilla !!.


[Ler máis] Comunicado da Plataforma Cidadá contra o Porto de Granadilla


O Goberno central irrompe no 'megapuerto' canario

4/24/2009

Outro incumprimento no volume da carga dos gaseiros

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, informa:

Que estando prevista a próxima entrada na Ría do gaseiro "LNG KANO" que sería o gaseiro cargado nº 44, probablemente para o sabado dia 25 do presente mes e informados de que a súa carga de gas excede o volume establecido na normativa legal, este CCE tomou a decisión de formular mediante sendos escritos a seguinte advertencia:

AUTORIDADE PORTUARIA DE FERROL-S.CIBRAO

DIRECCION XERAL DA ENERXÍA DO MINISTERIO DE INDUSTRIA

O abaixo asinante Manuel A. Rodríguez Carballeira -coordinador do Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol-, con DNI … e enderezo …..(A Coruña) se dirixe a Vde. e Expon:
Tendo noticias da próxima entrada na Ría de Ferrol dun gaseiro cargado con GNL –“NLG KANO”- , con destino á Planta de Reganosa, que a capacidade de dito gaseiro sobrepasa os 140.000 m³ da outorgada a Reganosa e establecida nas normas de seguridade para entrada, atraque, desatraque e saida de grandes buques gaseiros; con base ao cual tamén se otorgou á autorización de construcción. A entrada de dito buque suporía un incumplimento flagrante e doloso da autorización de construcción e cuxa tolerancia podería acarrear responsabilidades personais para os organismos de control, por todo elo lles Solicito a adopción das medidas oportunas que impidan a entrada na Ría de Ferrol de dito buque.

Fene a 24 de Abril de 2009

Fdo. Manuel A. Rodriguez Carballeira
Coordinador do CCE

Advertencia de incumplimiento no volume da carga dos gaseiros

4/23/2009

Os mugardeses reciclan ao ano 2.500 litros de aceite usado

Un dos colectores localízase nas inmediacións do forno do Seixo

Mugardos foi un dos primeiros municipios da comarca en sumarse ao ecoloxismo doméstico. Este compromiso formalizouse fai agora máis de seis anos, coa firma do acordo polo que unha empresa faise cargo desde entón da recollida e o posterior tratamento do aceite usado nas casas.

Aínda que polo momento o goberno municipal non se expón unha posible ampliación do servizo, o certo é que este funciona e está dando moi bos resultados. Así o deixou claro onte o responsable de Medio Ambiente do Concello, Xosé Xoán Roca Lorenzo, que estimou que, no que se refire ao último ano, deixáronse de verter en tubaxes e desaugadoiros máis de 2.500 litros de aceite ou, o que é o mesmo, os mugardeses evitaron a contaminación que poden xerar eses litros no medio ambiente.

Por outra banda, explicou que a día de hoxe un total de nove recipientes específicos para a recuperación do contaminante en cuestión distribúense nas seguintes poboacións do termo municipal: O Seixo, Franza, San Xoán, Meá e Mugardos.

Diario de Ferrol

"David gañoulle a Goliat"

Os depósitos de fuel de Ferrazo son ilegais

A Sala do Contencioso do Tribunal Supremo confirmou que os depósitos de hidrocarburos levantados no peirao de Ferrazo, xunto a uns bancos marisqueiros en Vilagarcía de Arousa, foron tramitados sen os preceptivos estudos de impacto ambiental, polo que declara nulas de pleno dereito as resolucións da Consellería de Industria que autorizaron en 2000, baixo o Goberno de Manuel Fraga, as instalacións de almacenamento de produtos químicos e petrolíferos ás empresas Finsa e Foresa. A sentenza do Supremo confirma en todos os seus termos as do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que en 2006 deu a razón á Plataforma en Defensa dá Ría de Arousa, e condena ás empresas a pagar as costas.

Dúas varas de medir

Na Ría de Ferrol o complexo petroquimico chamado "Forestal del Atlántico" con 280.000 toneladas de combustibles líquidos e outros productos quimicos canceríxenos, máis a regasificadora de Reganosa con tanques que almacenan 300.000 toneladas de GNL e cos grandes buques gaseiros que entran a descargar, representa un perigo moito maior ao dos depósitos do Ferrazo en Vilagarcía, agrandado ademais polo feito de que os buques gaseiros a plena carga non teñen garantias de sair o mar en caso de unha emerxencia durante a descarga ou no seu tránsito polo interior da Ría de Ferrol.

No caso de Reganosa o TSXG emiteu duas sentenzas que anularon a tramposa tramitación ambiental feita pola Xunta de Galicia no ano 2001 , pero a firmeza de ditas sentenzas está atrancada porque no ano 2004 e no ano 2006 foron recurridas o Tribunal Supremo por Reganosa e tamen pola Xunta de Galicia.

Saudamos este éxito da poboación de Arousa, que é de tod@s e manifestamos a nosa confianza e determinación na consecución dos nosos obxectivos.

¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Artigo orixinal

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares

que che parece?

R Cable Galicia prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbilR a preto de 1.500 fogares e locais empresariais de Mugardos. Cun investimento aproximado de 1,23 millóns de euros, R xa completou unha primeira fase das tarefas de despregamento de rede no núcleo urbano e proximamente está previsto acometer as obras na urbanización Pazo das Condesas, unha vez obtidos os permisos necesarios para comezar a obra civil. Teranse despregado, entón, 3 quilómetros e medio de fibra óptica e uns dous e medio de canalizacións. Ademais instalarase unha cabina telefónica de R na rúa Rosalía de Castro (zona do parque) e outra na Avenida de Galicia esquina rúa Cotellón, para abrir por vez primeira en Mugardos o servizo da telefonía pública á libre competencia.
A posta en marcha do proxecto de R en Mugardos apoiouse na plena disposición e colaboración do concello desta localidade coruñesa que, dende o inicio, manifestou o seu interese por situar a súa poboación ao máis alto nivel en canto á dotación das infraestruturas tecnolóxicas, así como por facilitarlles aos seus cidadáns o acceso a todos os servizos da Sociedade da Información. O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, dixo que "como alcalde é unha satisfacción que os veciños e veciñas e as empresas de Mugardos poidan gozar dun servizo de telecomunicacións de última xeración e que sexa unha empresa galega e comprometida co país como R a que o leve adiante".

A rede de R exténdese e xa chega a 1.500 fogares de Mugardos

4/21/2009

Homenaxe a seis fusilados do municipio


Unha vintena de veciños de Mugardos lideraron unha iniciativa que dará como resultado unha homenaxe popular a seis fusilados durante a guerra civil.
Trátase de Francisco Martínez Leira "Pancho", Manuel Bastida Franco "O Chone", Florentino Iglesias Varela, Joaquín Seco Franco, Román Díaz Díaz e Andrés Dopico Otero.
O acto prográmase para o día 1 do próximo mes de maio, coincidindo co día internacional dedicado ao proletariado, e consistirá nunha ofrenda floral no cemiterio de Meá, a partir das seis da tarde.
Segundo consta no escrito no que os organizadores deron a coñecer a súa iniciativa, trátase de recordar a "homes e mulleres proletarios que viviran e deran a vida na loita en favor da causa do proletariado galego e mundial: o socialismo; foran guerrilleiros ou non, estaban a favor do mellor para Galicia e a humanidade, non eran nin baldoleiros nin bandidos: a súa vida, os seus actos e a súa morte estaban inspirados nos mellores e máis altruistas principios republicanos”.

Diario de Ferrol

Ler Retallos da Memoria

Na capa de Chuza

4/20/2009

Os romanos de Punta Promontorio non coñecían o gas

Xacemento de Caldoval almacenado nun galpón (ou carpa)

Hoxe lin este comentario:
A vila romana de Caldoval (Mugardos) -vai ser exposta nun edificio que construirá Reganosa expresamente para ese fin- consérvanse sobre todo as termas, é dicir, unha luxosa zona de baños con piscinas de auga fría e quente. A temperatura elevábase mediante un sistema denominado hipocausto, que tamén permanece intacto, segundo informaron onte fontes da dirección xeral de Patrimonio da Xunta.
Outra estancia que se conservou ao longo dos séculos é a palestra ou patio previo á zona de baños, que se dedicaba ao lecer. Tamén se pode apreciar, pero moi deteriorada, un área de almacéns, onde os expertos cren que se gardaban obxectos relacionados coa explotación económica do litoral, talvez barcas.
Unha portavoz de Patrimonio explicou que das escavacións realizadas ata agora (entre o 2000 e o 2002) dedúcese que a vila foi construída no século III, aínda que ao levantar o xacemento para trasladalo á súa futura localización poderían aparecer muros máis antigos.
E cal é a miña sorpresa a decatarme que o xoves, día 23 de abril, ás 19:30h. acto público no centro cívico para analizar o borrador de convenio que propón o goberno do B.N.G. para a construcción do centro de interpretación arqueolóxica que por lei debe construir Reganosa.

O Galicia de Mugardos, máis cerca do ascenso

Unión Club Cee 0-2 Galicia de Mugardos

Tras un par de intentos errados, este ano si, parece que o Galicia de Mugardos poderá festexar o seu ansiado ascenso a Autonómica Preferente. O seu triunfo de onte ante o Unión Club Cee, unido ao empate do Val co Dumbría, deixa aos mugardeses con cinco puntos de vantaxe sobre a súa máis directo rival cando só quedan tres partidos para finalizar a competición de liga.
O conxunto que dirixe Cata tivo que empregarse a fondo para liquidar unha contenda que se lle puxo de face grazas á expulsión do local Rafa no minuto sete. Pero, ata con inferioridade numérica sobre o campo, o Cee mostrouse como un adversario aguerrido, capaz de incomodar ao Mugardos e que en ningún momento deu o partido por perdido.
A pesar de contar con algunhas ocasións con anterioridade, non foi ata o minuto 40 da primeira parte cando Álex Saracho logrou desequilibrar o marcador a favor dos mugardeses. O tanto chegou tras un centro de Tenreiro que o propio Saracho remata en primeira instancia. O balón non chegou á portería, pero o dianteiro adiantouse ao porteiro e volveu rematar.
Na segunda parte, a formación local buscou con máis intensidade a meta mugardesa. A súa convicción non chegou parella, con todo, ao acerto, máis cando, co paso dos minutos, o feito de xogar cun home menos case todo o partido comezou a pasarlle factura no terreo físico. O Galicia de Mugardos, a base de contraataques, levou en varias ocasións o perigo á meta de Mingos. A sentenza, con todo, non chegou ata o último minuto, obra de Diego.
Festa ao grande nas bancadas do Conco, onde se deu cita unha nutrida representación de afeccionados do Galicia de Mugardos.

Diario de Ferrol