11/20/2009
"A perla da ría" era falsa
11/16/2009
"Onde en Bilbao está o Guggenheim nós temos a Reganosa"
Anicet Lavodrama, diante do Concello de Ferrol11/14/2009
LNG FINIMA: 2º intento fallido
Por segundo día consecutivo, o LNG FINIMA, tivo que desistir de facer a súa entrada á Ría de Ferrol, por mor da forza do vento.
Prevista a súa entrada para a marea do mediodía de onte venres e tras aproximarse á bocana da ría, tomou rumbo norte pasando a noite a moitas millas de cabo Ortegal.
Esta mañá volveu aproximarse para tentar a posibilidade de entrar na pleamar de hoxe (14:35 h.), pero unha hora antes, a unhas 8 millas do porto exterior, atopándose cun vento de 19 N F5, variou o seu rumbo ao noroeste, afastándose considerablemente, á espera de que a marea de mañá domingo (15:17 h.) permítalle chegar a Reganosa.
O emprazamento (só polo interese e o lucro duns poucos) da Planta de Gas no interior da ría, e a angosta canle que deben cruzar os buques para chegar a ela, ocasiona, ademais dos gravísimos riscos, un custo engadido que soportan os usuarios do gas e todos os cidadáns. Situación que non se daría de estar situada a Planta cerca do mar aberto.
Antes de que suceda unha catástrofre

11/13/2009
O LNG FINIMA aborta a súa entrada a Ría de Ferrol
A forza do vento, nestes momentos próximos a pleamar, impide ao buque aproximarse a bocana da ría, e logo de estar perto do porto exterior desvíase considerablemente cara ao NW. A marea alta é hoxe ás 13.39 polo tanto terá que agardar a próxima marea diurna (sábado ás 14,37).
Esta situación ven a producirse para un de cada cinco buques gaseiros con destino a Planta de Gas de Mugardos e encarece seriamente o custo do transporte, problema engadido a unha Planta xa non rentable e innecesaria. É unha proba máis da insensatez de quen a colocou nese emplazamento e de quenes seguen a mantela.
O risco, podese converter en traxedia, no momento que o vento varie de improvisto no momento de cruzar a canle.
Polo tanto, como sempre, hoxe o Comité Cidadán de Emerxencia, mantén a convocatoria de concentración na Plaza de Amada García, ás 7 da tarde, para rexeitar, como hai 10 anos vimos facendo, a ubicación da Planta e o perigoso tráfico dos gaseiros ao rente das nosas vidas.
Antes de que suceda unha catástrofre
11/11/2009
Perigo! 55 gaseiro ilegal na Ría de Ferrol
"LNG Finima" atracado en Reganosa (06/03/2008) "Veñen por nós"
Dende que iniciasen as súas accións contrarias á planta de gas de Reganosa, en Mugardos, a Asociación de Veciños "O Cruceiro de Meá" xa recibiu diferentes agresións. A última foi este martes, cando uns descoñecidos prenderon lume no local do colectivo, cunha clara intención de destruír documentación relativa á Asociación e ao Comité Cidadán de Emerxencia, do que forma parte.
Segundo a presidenta do colectivo veciñal, Luz Marina Torrente, a chegada dunha das socias ao local impediu "que o edificio rematase calcinado", xa que o lume, iniciado nun estante que albergaba os documentos, puido ser atallado. Sobre as catro e cuarto da tarde, a casualidade quixo que esta socia acudise á sede da Asociación, cando non estaba previsto que ninguén se achegase até alí até as seis da tarde. Foi ela quen apagou o lume e deu a voz de alarma, ademais de chamar á Garda Civil, perante a que se presentou a correspondente denuncia.
"Veñen por nós"
Luz Marina Torrente subliña que, malia a presenza dalgúns obxectos de valor, como unha televisión, un dvd e mesmo a caixa dos cartos, os "asaltantes" non levaron nada: "a intención era a de destruír esa documentación e facer dano", explica, "non a de roubar". Ao tempo, explica por onde van as súas sospeitas: "non cabe dúbida de que somos un colectivo un pouco incómodo para algunha xente", asegura, "isto fainos poñer en alerta e danos conta de que algunha xente ven a por nós".
Na xornada do martes, cando se produciu o suceso, o Comité Cidadán de Emerxencia facía pública a súa satisfacción pola resolución do Tribunal Supremo, favorábel ao recurso interposto pola Plataforma dos Praceres (de Marín), ordenando a reposición ao seu estado natural do recheo do Porto de Marín por carecer de Estudo de Impacto Ambiental. "Non nos parece casualidade que se leven a cabo agresións coma esta neste momento", di Luz Marina Torrente, "cando se están coñecendo sentenzas coma esta e cando estamos á espera dun pronunciamento do Tribunal Supremo sobre o noso caso".
A última dun longo listado de agresións
A Asociación de Veciños "O Cruceiro de Meá" lamenta este último ataque, que se ven sumar a outros tantos dos que xa foron obxecto. Convén recordar a explosión dun artefacto nun contedor de vidro próximo ás súas vivendas e ao local onde habitualmente realizan as xuntanzas. "Naquela ocasión, aínda que non se fixese nada e que tivésemos que escoitar declaracións do alcalde restándolle importancia, ocasionáronse estragos nas nosas casas e nos nosos coches", recorda, "e a única intención era a que poñernos medo".
Ademais, tamén denunciaran o secuestro do mural no que eixixían a desautorización política da planta de gas de Mugardos por parte da alcaldía. E, no terceiro mes do seu peche no concello, acudiron á vía xudicial para requirir actuacións administrativas contra os que lle prenderon lume á pancarta que colocaran na fachada principal do concello, onde cada día ía mudándose a cifra que indicaba os días de peche.
Podes ler aquí a denuncia presentada pola Asociación de Veciños "O Cruceiro de Meá"
11/09/2009
Perigo! 54 gaseiro ilegal na Ría de Ferrol
Este martes 10 de Novembro de 2009, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova concentración cidadán, ante a previsión de que o buque gaseiro, que faría o 54 desde Maio de 2007, entre na nosa Ría coa súa perigosa carga para Reganosa, aumentando exponencialmente o perigo que de por si mesma representa esta.
CONCENTRACIÓN EN FERROL
A Concentración vai ter lugar este Martes 10 de Novembro ás 7 da Tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Participa !!
Puntualización importante ante a entrada do próximo gaseiro en Reganosa
Antes de que suceda unha catástrofre
11/03/2009
Ciclo de Documentais en Bueu
11/02/2009
O Galicia de Mugardos mostrouse superior ao Santaballés
O Galicia de Mugardos sumou tres novos puntos na súa confrontación ante o Santaballés, ao que superou por 2-0.
Antes do primeiro cuarto de hora da contenda Dani Eume tivo que abandonar o terreo de xogo por un problema nun xeonllo, entrando na súa substitución José. Este futbolista adiantou ao cadro mugardés no primeiro balón que tocou aos 17 minutos.
A partir dese momento, os pupilos de Cata puideron sentenciar a contenda antes de chegar ao descanso, pero non estiveron acertados, polo que se retiraron aos vestiarios co tenteador de 1-0.
A segunda parte seguiu co dominio da escuadra local. No minuto 57, o Galicia de Mugardos incrementou a súa renda cun remate de Manel, logo dun saque de falta de Mario David.
Posteriormente, a escuadra mugardesa limitouse a controlar a situación, aínda que tivo algunhas oportunidades para incrementar a súa vantaxe. Pola súa banda, o Santaballés seguiu coa súa indolencia, co que ao final do encontro os puntos quedaron na Pedreira.
10/31/2009
Participa no Magosto do CCE

Organízase tamén o primeiro concurso de cabazas “A Ría e nosa e non de Reganosa”, con premios ás categorias infantil e adulto.
Será un bó día para seguir lembrando as nosas tradicións ó mesmo tempo que seguir loitando contra o desproposito da ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa.
Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia









