5/18/2011


O gaseiro “LNG Abuja”, que tiña previsto arribar hoxe a Reganosa, tivo que abortar a súa entrada á Ría debido ao mal tempo. Navega agora en alta mar, facendo o tempo até a próxima marea diúrna se as condicións meteorolóxicas permíteno.
O feito de que un gaseiro teña que demorar a súa entrada, un día ou máis, supón un custo engadido a unha Planta de Gas deficitaria, antieconómica, destrutiva do medio ambiente e do patrimonio, innecesaria e que mantén en perigo constante a toda a poboación da súa contorna.

O Comité Cidadán de Emerxencia mantivo a convocatoria para a CONCENTRACIÓN de hoxe mércores 18 de Maio ás 8 da tarde en Canido na Rua Alegre (fronte ao elevador da auga), en defensa das nosas vidas, da nosa ría e demandando a paralización do gasto de diñeiro público nunha planta innecesaria e deficitaria, e para esixir:

5/17/2011

Perigo!! gaseiro 92 cargado con GNL para Reganosa


Mañá mércores dia 18 de Maio está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro LNG "Abuja” , un vello gaseiro de máis de 30 anos de antiguedade, que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 92 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, mañá mércores día 18 de Maio de 2011, ás 8 da tarde, en Canido na Rua Alegre (fronte ao elevador da auga).


Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

5/15/2011

CONCENTRACIÓN no peirao


Seguindo o recemente acordado sobre as concentracións rotatorias en distintos barrios da cidade, este venres 13 de maio, tivo lugar a concentración no Peirao de Ferrol, con motivo da entrada na ría do gaseiroº 91, “Norman Lady” cargado de GNL, un vello buque de 38 anos de antiguedade.

O Comité Cidadán de Emerxencia fixo patente – unha vez máis – o risco para a vida da cidadanía deste tráfico ilegal dentro da nosa ría, só en beneficio dos promotores dunha Planta de Gas innecesaria, deficitaria, perigosa e ecoloxicamente destructiva.

Comité Cidadán de Emerxencia
Máis info en Ártabra 21

5/08/2011

¡¡Goberne quen goberne,Galiza non se vende!!


Manifestación de hoxe en Compostela, en contra da destrucción do territorio.


Foi das menos concurridas de todalas celebradas polo de agóra, (entre 800 ou 1000 persoas).


Ainda así, e pese ao chaparrón de última hora, o "Comite de Emerxencia para a Ría de Ferrol" , fixo acto de presenza, e berrou contra a ilegal planta de gas.

ferrolsuso.blogspot.com

O Galicia de Mugardos perde ante o Soneira

Galicia de Mugardos 2-4 Soneira S.D.

O Galicia de Mugardos perdeu esta tarde na Pedreira ante o Soneira por 2 a 4 e vístese de “sufridor” nas duas proximas xornadas.


O equipo de Germán Amil deberá gañar os dous vindeiros partidos para asegurarse un posto na Preferente Autonómica do ano que ven aínda que tamén terá que esperar polas combinacións que se produzcan. Esta tarde non tivo sorte pero tamén os xogadores mugardeses non estiveron afortunados cara a porta rival. Comezou marcando o Soneira no primeiro minuto de partido. O equipo rival rouba un balón no medio do campo e o xogador Jorge Vigo foise da defensa e marcou por enriba da porta que defende Agustín. No minuto 38 de partido, o local Juan Jesús empatou para o Galicia de penalti que asubiou o colexiado do partido. Con empate a un tanto chegouse ao descanso.

Na segunda parte Suso Peña adianta ao conxunto de Germán Amil dunha xogada onde o rexeite da defensa chega aos pes de Peña que dende fóra do área bate ao porteiro visitante. A partir de aquí o Soneira remontou este resultado adverso e logrou darlle a volta á tortilla. Asi empatou o partido no minuto 65 co gol de Vituco e de novo este xogador colocou o 2 a 3 no minuto 78 de partido. Xa cumplíndose o tempo regulamentario o xogador Quique sentencia para o equipo visitante conseguindo o 2 a 4.

5/04/2011

Perigo!! gaseiro 90 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Finima" fondeado na Ría de Ferrol


O venres día 6 de Maio está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro LNG "FINIMA” que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 90 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.

Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, o venres día 6 de Maio de 2011, ás 8 da tarde, na Praza de Amboage. Continuando asi a rotacion das convocatorias polos distinto barrios da cidade.


Antes de que suceda unha catástrofre


5/03/2011

O CCE co Eurodeputado Willy Meyer


Antonte tivo lugar unha xuntanza do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol co Eurodeputado de Esquerda Unida Willy Meyer, para abordar a amenaza que supón a Planta de Gas de Reganosa.

Na reunión, Willy Meyer, comprometeuse a presentar novas denuncias contra a Planta de Gas, diante da Comisión de Peticións e outros diferentes organismos da Unión Europea, pola peligrosidade da ubicación, e por tratarse dunha instalación ilegal, deficitaria e innecesaria, e que pretenden ampliar.

Denunciaranse tamén, a través deste Eurodiputado, as novas agresións de Reganosa contra a Ría de Ferrol, entre outras a pretensión de dragar o canle de entrada.

Comité Cidadán de Emerxencia

5/01/2011

O Galicia de Mugardos achégase á salvación

Laracha 1-2 Galicia de Mugardos

O Galicia de Mugardos conseguiu unha vitoria moi importante na súa visita a Laracha (1-2).

Un triunfo que pode supor a permanencia na categoría un ano máis. Os de Ferrolterra atoparon neste partido quizais a sorte que se lle negou durante toda a tempada. O Laracha foi mellor durante os primeiros corenta e cinco minutos. Sito foi un auténtico pesadelo para os mugardeses e puxo a proba en máis dunha ocasión ao meta Agustín, que tivo traballo constante por medio deste xogador. Ben é certo, que pola contra, o visitante Juan Jesús tivo unha moi clara no primeiro tempo que tampouco aproveitou. Con empate a cero chegouse ao final da primeira metade. Na continuación, o cadro visitante saíu con outros brios. Non houbo demasiadas ocasións, aínda que ambos os equipos buscaron insistentemente as porterías contrarias. Houbo que agardar ao último cuarto de hora de partido para poder ver os goles de ambos os equipos.

O primeiro en adiantarse foi o cadro local. Foi cun tanto de Raúl tras un lanzamento que logo de golpear no poste, introduciuse na portería de Agustín. Lonxe de vir abaixo, os visitantes puxéronse o mono de traballo e catro minutos máis tarde conseguirían o tanto do empate. O autor Manel, tras o lanzamento dun corner. Tras o empate o Galicia creceuse e buscou con insistencia o tanto da vitoria, pois viu posibilidades para iso. No 87 Marcos Remeseiro tivo unha clara ocasión, pero a sorte negoulle o gol, unha sorte que non sería esquiva dous minutos máis tarde, pois este mesmo futbolista faría o tanto do triunfo de xogada persoal. Tras o gol, gran alegría da expedición mugardesa, que a próxima semana podería certificar no seu campo a permanencia unha tempada máis na preferente.

Laracha: Javi; Josiño, Sito, Raúl, Sandiño, Adriano (Josito, min. 85), Carlos Vigo, Seo, Heber (Gonzalo, min. 75), Porti (Mario, min. 65) e Javi Fontes (Jorge Parada, min. 45)

Galicia de Mugardos: Agustín; Rouco, Jorge, Adrián Martínez, Manel, Fran (Diego Seco, min. 83), Rubén Seco (Rebolo, min. 86), Juan Jesús, Marcos Remeseiro (Jose Antonio, min 90), Suso Pena e Vituco (Juani, min. 45).

Árbitro: García Pinal (Lugo). Expulsou por dobre amarela ao local Raúl (min. 90). Mostrou cartolina amarela aos locais Porti e Gonzalo. Polos visitantes viuna Manel. Goles: 1-0 min. 74 Raúl; 1-1 min. 78 Manel; 1-2 min. 89 Marcos Remeseiro.

Incidencias: Municipal de Laracha. 150 espectadores

voltaaria.com