2/18/2012

Perigo!! gaseiro 112 cargado con GNL para Reganosa


Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 112 gaseiro, cargado con GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 112 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.

CONCENTRACIÓN, lúns, 20 de Febreiro 2012, ás 19hs, diante do edificio 

Administrativo da Xunta de Galicia na  Praza Amada García en Ferrol.


Antes de que suceda unha catástrofe


2/14/2012

XV Concurso de carteis da Festa do Polbo


                                                            Cartaz XXI Festa do Polbo

Iniciouse o XIII concurso de carteis da Festa do Polbo do Concello de Mugardos no que podedes participar presentando as vosas propostas. O premio consistirá en 500 euros.

A continuación recollemos as bases do concurso:

Poderán participar todas aquelas persoas, maiores de 16 anos, que o desexen.
Cada participante poderá presentar un único orixinal, de tamaño DIN A3, sen límite de cores ou técnicas. No caso de que o cartel premiado resulte estar feito por ordenador, tendo que ser un deseño orixinal, terá que ser entregado o soporte informático correspondente. O tema do cartel será a XXII FESTA DO POLBO. Os carteis deberán presentar o debuxo e o seguinte texto: XXII FESTA DO POLBO CONCELLO DE MUGARDOS.
Prazo de presentación: todo o mes de abril de 2012. Os carteis poderán presentarse no departamento de cultura en horario:
- maña: de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas
- tarde: xoves de 17.00 a 19.30 horas

Os traballos irán asinados con pseudónimo, acompañándose dun sobre pechado que estará pegado por detrás do cartel, cos datos completos do autor/a: nome, idade, enderezo e teléfono.
O xurado estará formado polas/os membros da Comisión de Cultura do Concello de Mugardos. Este decidirá tendo en conta estas bases, por maioría de votos e de forma inapelable. Ditaminará na seguinte semana logo do peche de recepción de orixinais.
O premio consistirá en 450 euros que se entregarán en metálico (á citada cantidade aplicaráselle a retención correspondente ao IRPF). O premio poderase declarar deserto, en caso de que o xurado así o estimase, en decisión inapelable. O local e a data nos que se fará entrega deste fixarase no momento oportuno.
Poderá facerse unha exposición dos traballos presentados. Os non seleccionados deberán retirarse polos participantes.
O cartel premiado quedará no poder do Concello de Mugardos e pasará a formar parte do patrimonio cultural deste, así como os cinco seleccionados, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade.
A participación implica a total aceptación destas bases.


2/02/2012

O verás cos nosos ollos


Cúmprese o IV Aniversario do falecemento do noso compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", Antes de falecer deixou dito: "Verei como pechan Reganosa, non o verei cos meus ollos, pero o verei cos vosos".


E na loita seguimos Carmelo, con altibaixos, pero sen desfalecer nin un só día. Cada gaseiro que entra na nosa preciosa ría con destino á ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, ten a súa correspondente réplica cidadá.

O domingo, día 5, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía a participar nunha ofrenda floral na súa memoria, que terá lugar no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza - Ferrol

Parque onde unha placa ao pé de tres castiñeiros lembra sua memoria, ollando ao fondo pódese verse a ría na que foron esparexidas as súas cinzas, a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, dende onde é observada cada día por Carmelo.

Carmelo: Un compromiso cos demáis.


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot