12/29/2011

Perigo!! gaseiro 109 cargado con GNL para Reganosa

CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA DA CONSTITUCIÓN (CANTÓN)
ÁS 7 DA TARDE, DO XOVES 29 DE DECEMBRO

O "LNG Enugu", un enorme buque, cunha eslora que supera os 285 metros, de grande capacidade, e con moito calado (12,37 metros), cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 29 de Decembro de 2011.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo Xoves, ás 7 da Tarde, na Praza da Constitución (Cantón) en Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofe


12/28/2011

GRACIAS "COMITÉ"

COMITE EMERGENCIA PLANTA GAS RIA DE FERROL

Autor del comentario: Juan F.Rdguez Serantes
LA VOZ DE GALICIA. Cartas al Director. Martes 27 de diciembre de 2011

A os homes/mulleres que ante a chamada do "Comité de emergencia de defensa da planta de gas fora da Ria de Ferrol", acuden gaseiro tras gaseiro, inverno, verán, a esa chamada na procura dunha resposta da ciudadania para retirar da ría a planta,que pasa á caron deles indiferentes como si duns tolos se tratasen, digo da ciudadania, porque da clase política con a excepción duns poucos fan caso omiso a esas chamadas.

Eu, hoxe fago una reflexión para que a xente de Ferrol e comarca no sexa tan pasiva e crea de verdade na ofuscación desta xente que nos informa e nos avisa e prevee dun mal que por desgracia pode ocurrir amén de outros temas contaminates da Ría.

O pobo de Ferrol algún día rendiralles un homenaxe a esta xente, polo seu esforzo, pola sua dedicación desinteresada monetariamente, mais ben perda de tempo de dedicación a sus familias e amigos.

No Concello de Ferrol todos os anos se noma "o persoaxe do ano" e se condecora con moito agasallo e incluso con medalla acertos persoaxes, pois eu dende eiquí, e ainda que sea unha utopía quero rendirlles un homenaxe e felicitación e se consideren "os homes do ano" do Concello de Ferrol", polo seu traballo e dedicación.

Gracias


12/23/2011

Perigo!! gaseiro 108 cargado con GNL para Reganosa



Prevista a entrada na Ría, do gaseiro cargado con GNL, nº 108 "Cheikh el Mokrani", o próximo Sábado dia 24, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:


CONCENTRACIÓN
SÁBADO 24 Decembro 2011, ás 19 hs,
na Praza de Armas

Este Comité Cidadán de Emerxencia considera que a pesar de tratarse dunha data sinalada e de tradicional celebración na familia e no entorno de amizade e veciñanza, debemos facer un novo exercicio de responsabilidade e firmeza na demostración de que seguiremos a amosar á cidadanía de Ferrolterra que a Planta de Gas é un perigo permanente para todos e todas, un despropósito e un fraude que, coa complicidade de todas as Administracións, se está a manter só en beneficio dos seus promotores.

Onte, hoxe e sempre:




12/12/2011

Simulacro en Punta Promontorio (Mugardos) o vindeiro 16 de decembro



A Xunta e as empresas de Punta Promontorio (Mugardos) realizarán un simulacro do seu plan de emerxencias exterior o vindeiro 16 de decembro


O goberno galego aposta pola prevención como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias

Durante o simulacro haberá tamén unha proba das sereas que avisarían á poboación en caso de activación do Plan de Emerxencia Exterior (PEE)

A Xunta de Galicia ten previsto realizar o vindeiro 16 de decembro un exercicio de adestramento en caso de emerxencias nos establecementos implicados no Plan de Emerxencia Exterior (PEE) do Polígono Punta Promontorio (Mugardos), que comprende ás empresas Reganosa e Forestal do Atlántico.


Este exercicio, que aparece recollido dentro do texto do PEE, consistirá nunha simulación da activación do Plan, coa participación dos grupos operativos, as empresas e as administracións implicadas. Así mesmo, farase unha proba das sereas, que no caso dunha activación real do plan actuarían como elemento de aviso á poboación.

Neste sentido, un dos obxectivos prioritarios do exercicio é que a poboación da zona de Mugardos se familiarice co son da serea e sexa capaz de identificalos no caso hipotético de activación do plan de emerxencia exterior. Máis alá destes sinais acústicos e dunha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona de Punta Promontorio, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina.

Aposta pola prevención

O director xeral de Emerxencias e Interior e director do PEE, Santiago Villanueva, destacou a importancia da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plan de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.

Os PEE teñen como obxectivo determinar os posibles riscos das instalacións industriais e ter preparada a resposta adecuada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente. Establecen as medidas de protección idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos que podan intervir.

Unha vez redactados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, os PEE son validados pola Comisión Galega de Protección Civil, posteriormente aprobados polo Consello da Xunta e finalmente homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil.

Terceiro cinto de seguridade

Aínda con todo isto, hai que lembrar que os plans de emerxencia exteriores representan un “terceiro cinto de seguridade” posto que todas as empresas con risco químico, ademais de cumprir escrupulosamente coa normativa de seguridade industrial a nivel europeo, teñen que estar provistas dun Plan de Emerxencias Interior, que é o que regula o protocolo de actuación no caso de se producir unha emerxencia no interior do recinto.

Antes de que suceda unha catástrofe



12/07/2011

Perigo!! gaseiro 107 cargado con GNL para Reganosa





CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO CANTÓN, DIANTE DO PALCO DA MÚSICA
ÁS 7 DA TARDE, DO XOVES 8 DE DECEMBRO

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do "SCF Polar" gaseiro cargado con GNL con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 107 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta, e o transito de gaseiros na nosa ría.


Este gaseiro ten 42 anos de antiguedade.

CONCENTRACIÓN, XOVES, 8 DE DECEMBRO 2011, ÁS 19 Hs. no Cantón, diante do palco da música - Ferrol

O buque SCF Polar, foi construído no estaleiro Kockums Mekaniska Verkstads AB de Suecia no ano 1969. O "SCF Polar" e o "SFC Arctic", son os gaseiros con tanques de membrana máis antigos do mundo

Antes de que suceda unha catrastofe


Situación do gaseiro "SCF Polar"

Comité Cidadán de Emerxencia

R€GANO$A ILEGAL

12/04/2011

Carreira de FIN de ANO 2011 Mugardos-Ares-Mugardos

Saida da carreira no ano 2010 (Ares a 2ºC)

Achégase o Nadal, e un ano máis chega a VII edición da Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares, que na presente edición sairá dende MUgardos ( no seu pavillón deportivo do Cristo) e irá cara a Ares ( avituallamento líquido), adentrándose no seu pobo para dende alí voltar a Mugardos, onde celebrarase o tradicional sorteo de cestas de Nadal e de agasallos.

Continuaremos ca tradición de darlle un gorro de Papanoel aos primeiros 400 inscritos/as, de forma que poidan lucilo na carreira dándolle a esta proba deportiva o carácter maís popular e tradicional que poidamos. Xa estan abertas as inscricións á proba que será controlada polos xuíces da Delegación Ferrolana da Federación Galega de Atletismo.

O percorrido, xa sabedes un bo rompepernas, de 10 km de lonxitude con presenza de subidas, baixadas e zonas lisas. O ambente coma sempre de festa deportiva e a data....o 31 de decembro dende as 11 da mañá. Lembrádevos que levamos sete anos cumprindo con esta tradición e seguiremos mentras vós estedes ahí participando.

fgatletismo.es

Este ano, pola crise que non se diga, ademáis do sorteo das 10 cestas de Nadal, sortearemos 5 abonos mensuais para instalación deportiva intermunicipal do Complexo Acuático do Castro, o que permitirá aos agraciados/as poder ires de balde un mes á piscina, SPA, sauna e ximnasio.

12/03/2011

Perigo!! gaseiro 106 cargado con GNL para Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,

NO CANTÓN, DIANTE DO PALCO DA MÚSICA

ÁS 7 DA TARDE, DO SÁBADO 3 DE DECEMBRO


O "LNG Edo", un buque gaseiro moi vello -31 anos de antigüidade; de grande porte, con 285,3 metros de eslora por 43.7 de manga e un calado de 11,53; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG -manchado de sangue, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 3 de Decembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 106, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.


Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no Cantón diante do palco da música, no bairro ferrolá Ferrol Centro -da Madalena-. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas.

Antes de que suceda unha catrastofe

Comité Cidadán de Emerxencia

Ártabra 21

12/01/2011

El Puerto es la última opción para poner la regasificadora

Un informe técnico de la empresa descarta La Isleta por su cercanía a una zona militar


Juan Miguel Sanjuán, consejero de Gascan, sociedad que promueve la implantación del gas en Canarias, explicó ayer que la empresa realizó diversos estudios en toda la costa de Gran Canaria y comprobó que el sitio "más idóneo de toda la Isla" para la planta de gas era Arinaga, si bien se contempló como posibilidad ubicarla en el puerto de La Luz. Pero Sanjuán admitió que si bien esta opción se vio como "una barbaridad" el hecho de que el alcalde de la capital, Juan José Cardona, la haya propuesto en estos días es de tener en cuenta porque "siempre es mejor contar con la gasificadora en la Isla que no tener ninguna".


El consejero de Gascan aprovechó para felicitar al alcalde Juan José Cardona por tener la "valentía" de defender la instalación de la gasificadora en el puerto de La Luz. Sanjuán dijo que el regidor demuestra que tiene perspectivas de futuro porque se trata de una infraestructura indispensable para Gran Canaria.

Respecto a la propuesta de ubicar la planta sobre una isla flotante a la altura de Juan Grande, Juan Miguel Sanjuán explicó que esta solución también es "una barbaridad técnica". En ese sentido, argumentó que esta idea, que defendió en el anterior mandato el Cabildo, consistía en construir una isla casi del tamaño del puerto de Arinaga, lo que suponía casi afrontar la misma infraestructura portuaria porque esa isla debería de contar con otro puerto. También cuestionó otra de las alternativas que se han defendido en los últimos años que proponía poner la gasificadora en un barco en medio del mar solución que tachó igualmente como "otra barbaridad desde el punto de vista técnico".


Juan Miguel Sanjuán recalcó ayer que cuando se crea Gascan (participada al 40% por capital canario) siempre se vio como el lugar más acertado el puerto de Arinaga, incluso se entendió que la inversión se iba a llevar a cabo antes en Gran Canaria que en Tenerife (Granadilla). Sin embargo, el hecho de que pasan los años y se mantiene bloqueada la inversión en Gran Canaria es el que deriva en que la sede de la empresa se traslade a Tenerife.

Por su parte, la federación ecologista Ben Magec desveló ayer que la propia Gascan ya había descartado en un informe técnico del año 2006 la opción de La Isleta porque no reunía "ninguna ventaja". El informe del director técnico de Gascan, José Manuel Guirao, presentado en la ULPGC, dejaba en evidencia la poca viabilidad de la capital para la instalación del gas. En su informe, Gascan señalaba la falta de terrenos (Roque Ceniciento es propiedad del Ministerio de Defensa), la cercanía con una zona militar y un espacio natural protegido y la obligación de construir un gasoducto de 45 kilómetros -lo que encarecería el proyecto- como principales escollos.

la provincia/diario de las palmas