6/29/2012

Reganosa funcionou 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade en 2011


Comisión Nacional da Enerxía publica os datos de actividade no pasado ano das seis plantas regasificadoras do Estado e a de Mugardos é a única que tivo na meirande parte dos días unha actividade por debaixo do que se considera seguro para o mantemento dos tanques de almacenamento.

En concreto, Reganosa operou entre xaneiro de 2011 e xaneiro de 2012 un total de 260 días por debaixo dese mínimo, que no caso da planta ubicada na Ría de Ferrol, se sitúa en 60 GWh por día, un 10% da capacidade total. Ademais, outros 65 días operou exactamente nese mínimo, cumprindo de forma moi axustada coa legalidade. informe do Xestor Tecnico do Sistema Gasista indica que das demais plantas só a de Bilbao funcionou un número destacable de días por debaixo do mínimo de seguridade (37 días), mentres que Cartagena o fixo 10 días, Barcelona e Sagunto dous días e Huelva 1 día. 
Para o Comité Cidadán de Emerxencia estes datos demostran o carácter deficitario desta instalacion, que acumulou un custe ao longo de 2011 de 58 millóns de euros. O Comité denunciou reiteradamente nos últimos meses que para manter estes niveis mínimos a planta iniciara unha nova actividade, consistente en descargar gas procedente de Trinidade Tobago para cargalo ao día seguinte en dirección a Arxentina, ou procedente de Alxeria para cargalo de inmediato en dirección a Xénova. A plataforma censura estas operacións, que cualifica de "inútiles", "caras" e de "perigosas" e que só terían o obxectivo "de manter aberta unha planta que case non ten actividade".

Asemblea Cidadá e Marcha a pé a Mugardos

NOVA ETAPA NA LOITA CONTRA REGANOSA

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na

Asemblea Cidadá,
o luns 9 de xullo ás 20hs
no Instituto Carballo Calero
(A carón do Mercado-Caranza).

Obxectivo da asemblea:
Propoñer, valorar e no seu caso aprobar, iniciativas, accións, mobilizacións que fagan cumprir a sentenza do Tribunal Supremo pola que Reganosa é xa, por sentenza inapelable, unha instalación ilegal.
Orde do día:
1º Información sobre o alcance e consecuencias da sentenza ditada polo Tribunal Supremo.
2º Propostas encamiñadas a facer cumprir a sentencia e paralizar a actividade da planta.
3º Varios

Aproveitamos para informar da convocatoria da VIª Marcha a pé a Mugardos, do venres 20 de Xullo, que sairá do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 17hs baixo o lema:

PASO A PASO,


6/23/2012

"120 PROTESTA LEXÍTIMA"



O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "120 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

Antes de que suceda unha catástrofre 


6/14/2012

A sentenza contraria á Reganosa abre unha ofensiva legal para trasladar a planta


A pasada semana o Tribunal Supremo converteu en firme a sentenza de 2008 que anulaba a modificación do PXOM de Mugardos realizada expresamente para permitir a instalación da planta de gas de Reganosa. A sentenza do Supremo deixaba claro, ademais, que a planta carece dos permisos ambientais para a a súa instalación e funcionamento, e viña unirse a un longo ronsel de sentenzas contrarias á empresa. Porén, até agora a lentitude da xustiza, e grazas a distintas manobras dilatorias, recursos e alegacións, Reganosa viñera esquivando a paralización da súa actividade. 
De igual xeito, a semana pasada o presidente da Xunta e mais o alcalde de Mugardos afirmaban que a sentenza do Supremo non afectaría á empresa, e agarrábanse á nova modificación do PXOM, que debe ser aprobada pola Xunta para entrar en vigor e evitar que a planta opere sen os necesarios permisos. Porén, o Comité Cidadán iniciou a pasada semana unha ofensiva legal para esixir que a planta cese a súa actividade e para evitar que a Xunta aprobe a nova modificación do ordenamento municipal. Nada máis coñeceren a sentenza, os voceiros da plataforma cidadá xa advertiran que "unha vez anulado o permiso para a instalación da planta, todas as autorizacións irán caendo en cascada"
A avogada do Comité Cidadán, Patricia Gabeiras, debullou os argumentos utilizados por Núñez Feijoo e Fernández Barcia para defender a legalidade da planta, e acusounos de "faltar á verdade". Lembroulles, así mesmo, que se persisten no seu intento de aprobar unha nova modificación do PXOM para legalizar a planta estarían incorrendo "nun delicto de prevaricación" . Foi rotunda ao afirmar que o Tribunal Supremo anulou a licencia de actividade de actividade, polo que esixiu a súa paralización inmediata, o que deriva, por exemplo, en que Reganosa non estaría cuberta por un seguro, no caso de haber un accidente, segundo Gabeiras. [Ler máis]



ferrolsuso.blogspot
 Ártabra 21

6/06/2012

Contra a sentenza non cabe recurso ordinario algún


"Reganosa xa non ten ningún papel, todas as autorizacións concedidas deben quedar anuladas"

“Esta sentencia pon en evidencia a ilegalidade da planta de Reganosa. Reganosa non ten ningún papel; todas as licencias e autorizacións concedidas deben quedar anuladas porque están baseadas nunha modificiación do PXOM que foi anulada polo TSXG e o Tribunal Supremo”. Con esta rotundidade valorou este mércores Humberto Fidalgo, de ADEGA a sentencia do Tribunal Supremo que, como fixera hai catro anos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anula a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que o Concello realizara expresamente para legalizar a instalación da planta de gas deReganosa e afirma que o plan e a planta carecen das necesarias avaliacións de impacto ambiental. [Ler máis]


Comité Cidadán de Emerxencia
Ártabra 21
ferrolsuso.blogspot

6/05/2012

A lei é un instrumento dos débiles "Reganosa Ilegal"


O Supremo anula a modificación do PXOM de Mugardos de 2003 que amparou a planta de Reganosa

O Tribunal Supremo vén de desestimar a apelación de Reganosa á sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de abril de 2008, que anulaba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu de base para a licencia de obras da planta de gas. Manuel Rodríguez, coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia, afirma que se trata dunha "ilegalidade insubsanable", pois "as casas están a 100 metros, o núcleo urbano a 400 e o Arsenal a 800. A única forma de legalizar a planta sería ilegalizando o Arsenal, os veciños de Meá, os veciños de Mugardos".

Rodríguez asegura que "esta planta carece de declaración de impacto ambiental, que debía ser previa e xustificar por que se escolleu esta localización en detrimento de outras. Acolléronse a un sucedáneo: a declaración de efectos ambientais, realizada a medida pola Xunta". A sentencia do Supremo pon fin a un proceso xudicial que durou oito anos e que o Comité Cidadán xa confiaba en que se resolvese deste xeito.

En calquera caso, aínda que o Tribunal Supremo anula a modificación do plan xeral de 2003, o Concello de Mugardos iniciara hai uns anos o proceso para modificar novamente o PXOM, de xeito que a planta de gas se adaptase á normativa ambiental, para cumprir co plano estatal de ampliación de produción e para aprobar medidas de control de riscos de accidentes graves no entorno da planta de Reganosa. A modificación do PXOM tamén buscaba protexer a Reganosa dunha sentencia xudicial do Supremo coma a coñecida este martes que confirmase a que xa enunciara o TSXG.
Finalmente, a modificación do PXOM (Modificación Puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro) foi aprobada nun pleno municipal celebrado o 19 de abril de 2012, cos votos a favor de PP, PSOE e BNG e o voto en contra de EU, despois de pasar polo periodo de exposición pública. [Ler máis]


 Antes de que suceda unha catástrofre


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot