7/28/2009

A Ría de Ferrol a zona "máis degradada" de Galicia

Ecologistas en Acción premiou en 2009 a 55 praias galegas con "bandeiras negras" por unha degradación ambiental alta e con grandes ameazas sobre os seus ecosistemas e o seu socioeconomía, e a 102 lugares con "puntos negros" por tratarse de espazos con pequenos ou puntuais impactos que agravan a situación, segundo alertou hoxe tras a presentación do seu informe "Banderas Negras 2009: la crisis como oportunidad" .
A zona "máis degradada" de Galicia é, para Ecoloxistas en Acción, a Ría de Ferrol, na cal detéctanse "verteduras de distinta natureza, sobre todo de metais pesados", e chama a atención tamén sobre a presenza da regasificadora de Reganosa.

-A Ría de Ferrol tiña no informe de Bandeiras Negras do ano 2008 unha destacable bandeira negra, que era a planta de gas REGANOSA, situada ilegalmente e con trampas administrativas dentro da Ría, pondo en perigo a vida de moitos miles de persoas e acabando coa pouca vida da Ría que fai demasiados anos que foi escollida como a sacrificada de Galicia para salvar o resto. O tempo demostrou non só que decidir sacrificar unha ría non é unha boa decisión, senón que non salvaron o resto das rías e que os intereses particulares poden cambiar moitas vontades e opinións (o PSOE e o BNG, antes de ter cotas de poder co goberno bipartito, estaban en contra desta situación dentro da ría, pero unha vez que tiveron cotas de poder, cambiaron curiosamente de opinión). Hoxe en día os dous accionistas máis destacables de REGANOSA son a Xunta de Galicia e Caixanova-.

7/24/2009

Éxito da 3ª Marcha a Pé Ferrol-Mugardos




A III Marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, tivo lugar este Xoves 23 de Xullo de 2009, coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días.
Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.
Moitas persoas saíron desde o Parque "Carmelo Teixeiro" de Caranza, para participar na camiñada de 15 Km, pequen@s e grandes, máis a cor vermella presominou no transcurso do percorrido, "O Pote" de Maniños foi o ponto de reagrupamento. A Pedreira o segundo, e o paso por diante dos tanques de Reganosa foi todo un estruendo de berros: "Planta de Gas Fóra da Ría !"
Despois da Marcha houbo un Festival no Parque dos Carneiros organizado pola Asociación Veciñal "O Cruceiro" de Meá.


susete70

Videos dos diferentes momentos da Marcha:
Marcha Mugardos 2009 01. Marcha Mugardos 2009 02. Marcha Mugardos 2009 03. Marcha Mugardos 2009 04. Marcha Mugardos 2009 05

En Chuza

Colectivo Ártabra 21

laopinioncoruña.com

elcorreogallego.es

7/23/2009

Perigo!! gaseiro 49 cargado con GNL para Reganosa

Está previsto que mañá venres, 24 de Xullo entre o buque gaseiro "LNG Sestao Knutsen" cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría de Ferrol.
Ante isto O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha CONCENTRACIÓN o venres, 24 de xullo de 2009, ás 19:00h fronte á Praza Amada García (Edificio da Xunta de Galicia), en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Con este serán 49 os buques gaseiros cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol.
Antes de que suceda unha catástrofre


7/22/2009

O día 23 de Xullo, eu marcho a Mugardos

Unha vez máis unha marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, terá lugar o Xoves 23 de Xullo coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días. Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, O Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.

Reganosa é "ilegal, perigosa e innecesaria"

Reganosa é Superperigosa

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol presentou dous escritos dirixidos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao do Goberno central, José Luís Rodríguez Zapatero, nos que piden o peche da planta de gas Reganosa, por ser "ilegal, perigosa e innecesaria".

7/04/2009

PECHADO por vacacións

47 Feira de Mostras do Noroeste

A Feira de Mostras máis antiga de Galicia cumpre un ano máis coa súa cita de verán no recinto feiral de Ferrol (A Coruña). A Feira de Mostras do Noroeste congregará no seu 47 edición a máis de 200 expositores dos máis diversos sectores: desde a artesanía ata a industria, pasando polas institucións, as telecomunicacións, o turismo, o fogar e a decoración, a automoción, a construción, a maquinaria agrícola e forestal, a alimentación, etc.
Entre o 7 e o 12 de Xullo de 2009 o recinto feiral de Ferrol, escenario deste certame, que ocupa unha superficie de máis de 25.000 metros cadrados, converterase no espazo ideal para o intercambio comercial e empresarial, para o contacto entre profesionais e co consumidor final, que tanto interesa ao expositor deste tipo de eventos.
O sector turístico vai cobrando ano tras ano un especial protagonismo grazas á presenza de cada vez máis Concellos e institucións públicas que exhiben na Feira de Mostras as potencialidades das súas respectivas áreas de influencia, promocionando a súa cultura, as súas festas e a súa gastronomía. É importante destacar a cada vez maior presenza de Concellos da nosa contorna no certame, que aproveitan para a promoción turísitica. Na presente edición participan: Narón, Cabanas, Pontedeume, Ferrol, Fene e Mugardos. Súmanse a eles: Burela, Mondoñedo e o Padroado de Turismo de Ourense, que promocionará, entre outras a Vía Nova, unha ruta turística que percorre transversalmente, de Suroeste a Nordeste a provincia de Ourense.

A plataforma cívica Rumbo 21 presentou este mediodía no salón de plenos do Concello de Mugardos a iniciativa lexislativa popular que persegue a fin do veto que pesa sobre a antiga Astano.
O acto público será presentado polo alcalde do municipo, Xosé Fernández Barcia, e intervirá o voceiro da entidade, Jesús Varela. A corporación municipal expresou o seu apoio á iniciativa, por considerar que a actual situación do estaleiro “non se pode manter por máis tempo”. En particular, engade, durante “estes tempos de crise que están a padecer as familias máis castigadas polo desemprego, tendo diante de nós uns estaleiros que deron emprego a miles de traballadores desta comarca”.
Mañá, en Ares
Para a xornada de mañá, Rumbo 21 continuará a súa actividade no concello de Ares, onde os seus representantes recollerán sinaturas entre as once da mañá e as dúas da tarde no paseo marítimo da localidade. Dende a plataforma informouse de que en Ares xa asinaron máis de 350 persoas, polo que espera superar o milleiro de sinaturas. A Corporación Municipal, lembran dende a entidade, tamén aprobou por unanimidade a súa adhesión á iniciativa e o seu apoio a tódalas medidas para difundila.

7/01/2009

Endesa xa é italiana

A xunta xeral de accionistas que onte celebrou a eléctrica aprobou a entrada no consello de administración do conselleiro delegado de Enel, Fulvio Conti, agora vicepresidente. E é que, desde fai seis días, a enerxética practicamente só mantén de español o nome, tras pecharse o pasado xoves o traspaso do 25,01% que Acciona posuía de Endesa a Enel, que agora controla o 92% da compañía.
A eléctrica mantén en Galicia a central térmica das Pontes, que xera 1.400 megawatts e emprega a 900 persoas, así como a central de ciclo combinado -tamén nas Pontes-, con 800 megawatts e medio centenar de traballadores en persoal. A isto súmanse tres centrais hidráulicas nos ríos Sil e Bibei, e outras dúas no Eume, ademais do 21% do accionariado da regasificadora de Reganosa, en Mugardos, e unha terminal de descarga de carbón no porto exterior de Ferrol.

Polo que respecta aos seus activos eólicos, tras as vendas a Acciona, Endesa quedouse na comunidade con 219 megawatts repartidos en sete parques en funcionamento. Así mesmo ten en tramitación outros 60 megawatts (aínda que en parques que aínda non están abertos) e no concurso da Xunta obtivo 189 megawatts máis, que se materializarán ou non en función do futuro da polémica adxudicación.
O presidente anunciou na súa intervención ante os accionistas que a eléctrica mantén os seus plans de investir 13.500 millóns de euros ata o 2013 e a súa previsión de aforrarse máis de 800 millóns grazas a sinerxías ata o 2012, fronte aos 680 anunciados. A incógnita está en saber se os italianos tratarán de rendibilizar a enerxética con recortes de persoal.