12/13/2012

Perigo!! gaseiro 132 cargado con GNL para Reganosa


Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL nº 132, “Hispania Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN
venres, 14 de decembro 2012, ás 19 h
diante Edificio Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol

Características do buque:
Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279.8 m, Manga.- 43.4 m, Calado.- 12.12 m, Puntal.- 26 m, Capacidade.- 140.500 m3 de GNL


PASO A PASO

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot


11/25/2012

Perigo!! gaseiro 131 cargado con GNL para Reganosa


Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 131 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 131 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.


Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, esta sentenza é inapelable.

CONCENTRACIÓN: mañá lúns, 25 de novembro, ás 19:00 hs. Diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol 


Características do buque: Nome.- Barcelona Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.- 26.5 m, Capacidade.- 173.400 m³ de GNL



PASO A PASO,

ferrolsuso.blogspot

Comité Cidadán de Emerxencia

Ártabra 21

11/22/2012

Simulacro en Reganosa


O dispositivo contraincendios da planta de gas (Un chorro de auga)

A terminal mugardesa puxo a proba os seus sistemas de control e seguridade, entre eles os contraincendios. 


PASO A PASO



11/13/2012

Perigo!! gaseiro 130 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 130 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 130 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que dictaminou que a Planta de Gas de Reganosa está operando ILEGALMENTE na Ría de Ferro, esta sentenza é inapelable.



CONCENTRACIÓN
MAÑÁ mércores 14 de novembro, ás 19:00 hs. Diante do Edificio da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol



Características do buque: Nome.- LNG Bayelsa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Calado.-12.3 m, Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.500 m3 de GNL


PASO A PASO,



10/23/2012

Perigo!! gaseiro 129 cargado con GNL para Reganosa


Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL,nº 129 “Cheikh el Mokrani”o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACIÓN
Mércores, 24 de outubro ás 19 hs,
diante do Edificio da Xunta de Galicia
(Praza Amada García – Ferrol)

Caracterísitcas do buque:
Nome.- Cheikh el Mokrani, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 220 m, Manga.- 35 m, Calado.- 10 m, Puntal.- 22.55 m, Capacidade.- 75.500 m3 de GNL.


A sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando 
IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.

PASO A PASO

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot

10/18/2012

Perigo!! gaseiro 128 cargado con GNL para Reganosa


Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 128 “Valencia Knutsen”o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN
Venres, 19 de outubro, ás 19 hs.
Diante do Edificio da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol


Características do buque:

Nome.- Valencia Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 290 m, Manga.- 45.8 m, Puntal.- 26.5 m, Calado.- 12.92 m, Capacidade.- 173.400 m³ de GNL

PASO A PASO



10/01/2012

Perigo!! gaseiro 127 cargado con GNL para Reganosa


Prevista a entrada na Ría do vello gaseiro (32 anos) cargado con GNL, nº 127 “LNG EDO”, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca:

CONCENTRACIÓN

Martes, 2 de outubro 2012, ás 19 horas (sete da tarde)**

Praza do Himno Galego – Esteiro – Ferrol


Características do buque:
Nome.- LNG EDOAno Construción.- 1980, Bandeira.- Bahamas, Eslora.- 285.3 m, Manga.- 43.7 m, Puntal.- 59.7 m, Calado.- 11.53 m, Capacidade.- 126.530 m³ de GNL

**.- VOLTAMOS AO HORARIO DE INVERNO.

PASO A PASO



9/18/2012

Perigo!! gaseiro 126 cargado con GNL para Reganosa



Prevista a entrada na Ría do Gaseiro cargado con GNL, nº 126 “Hispania Spirit” o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca:

CONCENTRACIÓN
mércores 19 de setembro ás 20 hs,
Praza do Himno Galego, Esteiro – Ferrol

Características do buque:
Nome.- Hispania Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 279.8 m, Manga.- 43.4 m, Puntal.- 26 m, Calado.- 12.12 m, Capacidade.- 140.500 m³ de GNL


PASO A PASO




8/30/2012

Perigo!! gaseiro 125 cargado con GNL para Reganosa

LNG Adamawa en Reganosa

 Estando prevista a entrada na Ria do Gaseiro cargado con GNL, nº 125 “LNG Adamawa” o Comité Cidadán de Emerxencia convoca


CONCENTRACIÓN
xoves, 30 de agosto 2012, ás 20 hs,
no Peirao de Coruxeiras – Ferrol

características do buque:
Nome.- LNG Adamawa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 289 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62.75 m, Calado.- 12 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL

PASO A PASO



8/09/2012

Perigo!! gaseiro 124 cargado con GNL para Reganosa


Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 124 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 124 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.


CONCENTRACIÓN
VENRES 10 de agosto, ás 20 hs. no Peirao de Curuxeiras – Ferrol


Características do buque: Nome.- LNG Bayelsa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Calado.-12.3 m, Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.500 m3 de GNL



PASO A PASO,


Beiras di que Reganosa é "un crime político" e reclama o seu traslado


Xosé Manuel Beiras, portavoz da formación política ANOVA-Irmandade nacionalista

Beiras, que se desprazou esta mañá a Ferrol con membros da comisión permanente de Anova, mantivo unha reunión no barrio de Esteiro con membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que agrupa a medio centenar de colectivos cívicos e veciñais que se opón á localización da regasificadora que funciona en Mugardos desde maio do 2007.

O líder de Anova reclamou a execución da última sentenza do Tribunal Supremo, coñecida a primeiros de xuño e que a xuízo do Comité, declara a "ilegalidade total" da planta ao anular a primeira tramitación urbanística que autorizou un cambio nos usos do chan en Punta Promontoiro, onde se levantou a temrinal a poucos metros dun núcleo rural de vivendas na parroquia de Meá.


Mentres os tribunais discutían esta cuestión, o Concello mugardés aprobou unha segunda modificación do PXOM que emendaba os erros da primeira e que desde a Xunta defenderon como o "encaixe legal" que permite a Reganosa seguir na súa actual localización.


"Modificar o marco legal para que un fenómeno criminoso non sexa delituoso é unha prevaricación", dixo o portavoz nacional de Anova.


Xosé Manuel Beiras mostrouse en todo momento crítico coa localización da planta e co castigo legal a un grupo de mariscadores ferroláns, procesados nun xuízo penal por pechar o paso aos gaseros en 2007.


"O peor de todo é o seu perigo para miles de cidadáns nun radio de dous quilómetros", subliñou. "É unha ameaza permanente, unha barbarie e un crime para o que non valen apaños nin hai encaixe legal".


Beiras xa participara fai anos en protestas, manifestacións e peches na comarca ferrolá en contra da terminal que se asenta en Mugardos, un concello gobernado polo BNG, fronte de partidos ao que pertenceu ata este ano.


Hoxe volveu a reclamar o seu traslado ao porto exterior e que "redeseñe" o modelo empresarial da planta para que sexa "unha empresa pública ou mixta".



elidealgallego.com

8/08/2012

Perigo!! gaseiro 123 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 123 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 123 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.



CONCENTRACIÓN
MÉRCORES 8 de agosto, ás 20 hs. no Peirao de Curuxeiras – Ferrol


Características do buque: Nome.- Bilbao Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.53 m, Calado.-12.30 m, Puntal.- 25.40 m, Capacidade.- 138.000 m3 de GNL



PASO A PASO,


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso blogspot.com



7/18/2012

O Que Non di Reganosa



Tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo do pasado 11 de Maio, a actividade da planta de Reganosa é ILEGAL.

O venres dia 20 o CCE ten convocada a VI Marcha a PE a Mugardos para exixir o cese da actividade, baixo o lema: Paso a Paso . Planta de gas fóra da Ría.

Reganosa tenta de confundir e enganar á cidadanía para seguir mantendo unha actividade ilegal e perigosa. Reganosa presenta a súa actividade como ”beneficiosa” e ”necesaria” para a economía nembargantes esto contradí a realidade dos feitos, a saber:

Durante o ano 2011 a actividade da planta non acadou o 40%, durante 260 dias estivo por debaixo do mínimo técnico e 65 en mínimo tecnico (segundo datos do xestor técnico do sistema). Reganosa é deficitaria, e no ano 2011 custounos aos cidadáns perto de 58 millóns de euros.

Os socios de Reganosa (Tojeiro, Endesa, Fenosa) para xustificar o proxecto e conseguir a autorización da Comisión Nacional da Enerxia, se comprometeron a consumir o 85% do nominal da planta. Segundo os datos do Inega, durante o 2010, o consumo dos ciclos combinados en Galicia (Endesa, Fenosa) acadaron o 4.8% da capacidade nominal de Reganosa, o grupo Tojeiro non consumiu nada. Esta realidade amosa o fraude que cometeron cos datos aportados a Comision Nacional da Enerxía para obter a autorización da construcción da planta.

Na actualidade se manten pechada a entrada de gas a Galicia por gasoducto, que viña suministrando antes da entrada en funcionamento da planta en 2007 para xustifcar a “necesidade” de Reganosa. Uns gasoductos que teñen a capacidade para suministrar tanto para aos ciclos combinados como para o uso doméstico e industrial.

Tras a Sentenza do Supremo, o CCE demanda a paralización da actividade ilegal de Reganosa e a necesidade de abrir unha Comisión de Investigación no Parlamento que aclare o cúmulo de ilegalidades desde o seu comezo e depure as responsibilidades a que houbera lugar, iniciativa que asumeu xa o grupo parlamentario de IU.


"121 PROTESTA LEXÍTIMA"



O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "121 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.



Este gaseiro fai o 122 que atraca en Reganosa, a pesar de ser a 121 concentración convocada. Fai uns días outro gaseiro descargaba na planta de gas, feito do que non tivemos coñecemento, senón esta sería a "122 PROTESTA LEXÍTIMA".

PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso blogspot.com

7/11/2012

VI Marcha a pé desde Ferrol até Mugardos







Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na convocatoria da VI Marcha a pé desde Ferrol até Mugardos, baixo o lema:   PASO A PASO,  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!


 Partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar ao Campo dos Carneiros (*) en Mugardos en torno ás 20,30 hs, onde se pode disfrutar da camaradería, da música e da comida.
A marcha pódese facer completa ou por etapas, a pé, en bici, en coche. Colaborando con coches de apoio. Agardando en Mugardos aos que chegarán camiñando.
PARTICIPA E DIFUNDE

Tras a recente sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a ubicación de Reganosa, temos que exixir o fin desta amenaza e deste despilfarro de cartos públicos. Temos que exixir o seu peche definitivo.

(*) O espazo onde remata a Marcha, en principio anunciada para a Praza do Mercado, onde se viña celebrando nas últimás edicións, trasládase por decisión do Concello de Mugardos ao Campo dos Carneiros, lugar a carón das Vivendas Sindicais de Mugardos.


Ártabra 21
Comité Cidadán de Emerxencia

XXII FESTA DO POLBO EN MUGARDOS


SÁBADO 14 DE XULLO

sábado día 14 de xullo comeza un ano máis a Festa do Polbo de MugardosNesta ocasiónademais de poder degustar o polbo do noso municipio contaremos coas seguintes actividades:
Ás 12:00 venda de tickets no Parque da Constitución e ás 13:00 comeza a degustación do polbo. Acharanga "Vai rañala Meuamenizará a degustación.
Ás 17:30 na avenida de Galicia a charanga "Kilomberos" continuará a festa que rematará á noite coaactuación da orquestra "Ismael" no peirao de MugardosEsta actuación comezará ás 23:00 horas.

Conclusións da Asemblea Cidadá




O lúns 9 de xullo de 2012, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, e cunha nutrida representación das entidades que o conforman e numerosas participacións personais, celebrouse a Asemblea Cidadá, na que se analizou a situación actual da Planta de Gas, tras a Sentenza do Tribunal Supremo que ven a confirmar a ilegalidade da ubicación de Reganosa e das actuacións administrativas que autorizaron o seu funcionamento.

Súmase agora a súa condición de ser unha Planta innecesaria, deficitaria, destructora do medio e da economía da Ría e unha ameaza permanente para a poboación, unha nova e grave situación: Declarada xudicialmente ilegal, carece de cobertura de riscos ante calquera daño producido.
Coincide a celebración desta Asemblea co fallo xudicial (unha condea de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. Aquelas accións, como toda a cidadanía sabe, e o xulgado decide iñorar, foron convocadas polo CCE participando nelas, amáis de numerosos mariscadores, máis de duascentas persoas cuxa autoinculpación foi desestimada, nun claro intento de desvincular o tema do que era a súa principal motivación: A defensa da vida e da ría fronte a ameaza de Reganosa e do ilegal tráfico de gaseiros.

A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidaridade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio caso de recorrirse a sentenza.
Para o CCE e para a Asemblea Cidadá quedou claro que a sentenza inapelable do T.S. Marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en exixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa.

Desde o ámbito institucional, se emprenderán accións ante o Valedor do Pobo, a Fiscalía Anticorrupción, e os Parlamentos, instando o peche de Reganosa e a depuración de responsabilidades. Tamén no eido local serán presentadas Mocións solicitando o posicionamento dos Concellos ante a nova situación da Planta.

Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer a cidadanía todas estas actividades emprendidas.

Rematou a Asemblea, convidadando a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar aprox, as 9 da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e viandas como é habitual.


7/03/2012

A Xunta autorizou dragar a ría de Ferrol agochando os seus propios informes ambientais en contra



 
Logo de ter denunciado diante da Fiscalía e da Comisión Europea as irregularidades cometidas pola Xunta e o Ministerio no dragado da ría de Ferrol, o Valedor do Pobo vén de achegar a ADEGA unha información chave que demostra até onde chega a chafallada administrativa neste asunto. O Valedor destapa un pdfinforme técnico do Servizo de Conservación da Natureza (2,87 MB) reiteradamente ocultado pola Xunta, que considera o dragado "ambientalmente incompatible coa conservación dos hábitats e especies presentes", nunha área (LIC Costa Ártabra) parte da Rede Natura 2000. Primeiro, Xunta e Portos aproban un proxecto sen os informes preceitivos. Logo de comezadas as obras a Xunta cociña unha autorización ambiental para "salvar a cara" baseada nun suposto informe técnico, documento que non figura no expediente. E finalmente, coas obras xa rematadas aparece o devandito informe que, curiosamente, recomendaba a non execución da obra polos seus impactos sobre hábitats e especies en perigo de extinción.





          [Ler máis]


6/29/2012

Reganosa funcionou 260 días por debaixo do mínimo técnico de seguridade en 2011


Comisión Nacional da Enerxía publica os datos de actividade no pasado ano das seis plantas regasificadoras do Estado e a de Mugardos é a única que tivo na meirande parte dos días unha actividade por debaixo do que se considera seguro para o mantemento dos tanques de almacenamento.

En concreto, Reganosa operou entre xaneiro de 2011 e xaneiro de 2012 un total de 260 días por debaixo dese mínimo, que no caso da planta ubicada na Ría de Ferrol, se sitúa en 60 GWh por día, un 10% da capacidade total. Ademais, outros 65 días operou exactamente nese mínimo, cumprindo de forma moi axustada coa legalidade. informe do Xestor Tecnico do Sistema Gasista indica que das demais plantas só a de Bilbao funcionou un número destacable de días por debaixo do mínimo de seguridade (37 días), mentres que Cartagena o fixo 10 días, Barcelona e Sagunto dous días e Huelva 1 día. 
Para o Comité Cidadán de Emerxencia estes datos demostran o carácter deficitario desta instalacion, que acumulou un custe ao longo de 2011 de 58 millóns de euros. O Comité denunciou reiteradamente nos últimos meses que para manter estes niveis mínimos a planta iniciara unha nova actividade, consistente en descargar gas procedente de Trinidade Tobago para cargalo ao día seguinte en dirección a Arxentina, ou procedente de Alxeria para cargalo de inmediato en dirección a Xénova. A plataforma censura estas operacións, que cualifica de "inútiles", "caras" e de "perigosas" e que só terían o obxectivo "de manter aberta unha planta que case non ten actividade".

Asemblea Cidadá e Marcha a pé a Mugardos

NOVA ETAPA NA LOITA CONTRA REGANOSA

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na

Asemblea Cidadá,
o luns 9 de xullo ás 20hs
no Instituto Carballo Calero
(A carón do Mercado-Caranza).

Obxectivo da asemblea:
Propoñer, valorar e no seu caso aprobar, iniciativas, accións, mobilizacións que fagan cumprir a sentenza do Tribunal Supremo pola que Reganosa é xa, por sentenza inapelable, unha instalación ilegal.
Orde do día:
1º Información sobre o alcance e consecuencias da sentenza ditada polo Tribunal Supremo.
2º Propostas encamiñadas a facer cumprir a sentencia e paralizar a actividade da planta.
3º Varios

Aproveitamos para informar da convocatoria da VIª Marcha a pé a Mugardos, do venres 20 de Xullo, que sairá do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, ás 17hs baixo o lema:

PASO A PASO,


6/23/2012

"120 PROTESTA LEXÍTIMA"



O "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "120 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

Antes de que suceda unha catástrofre 


6/14/2012

A sentenza contraria á Reganosa abre unha ofensiva legal para trasladar a planta


A pasada semana o Tribunal Supremo converteu en firme a sentenza de 2008 que anulaba a modificación do PXOM de Mugardos realizada expresamente para permitir a instalación da planta de gas de Reganosa. A sentenza do Supremo deixaba claro, ademais, que a planta carece dos permisos ambientais para a a súa instalación e funcionamento, e viña unirse a un longo ronsel de sentenzas contrarias á empresa. Porén, até agora a lentitude da xustiza, e grazas a distintas manobras dilatorias, recursos e alegacións, Reganosa viñera esquivando a paralización da súa actividade. 
De igual xeito, a semana pasada o presidente da Xunta e mais o alcalde de Mugardos afirmaban que a sentenza do Supremo non afectaría á empresa, e agarrábanse á nova modificación do PXOM, que debe ser aprobada pola Xunta para entrar en vigor e evitar que a planta opere sen os necesarios permisos. Porén, o Comité Cidadán iniciou a pasada semana unha ofensiva legal para esixir que a planta cese a súa actividade e para evitar que a Xunta aprobe a nova modificación do ordenamento municipal. Nada máis coñeceren a sentenza, os voceiros da plataforma cidadá xa advertiran que "unha vez anulado o permiso para a instalación da planta, todas as autorizacións irán caendo en cascada"
A avogada do Comité Cidadán, Patricia Gabeiras, debullou os argumentos utilizados por Núñez Feijoo e Fernández Barcia para defender a legalidade da planta, e acusounos de "faltar á verdade". Lembroulles, así mesmo, que se persisten no seu intento de aprobar unha nova modificación do PXOM para legalizar a planta estarían incorrendo "nun delicto de prevaricación" . Foi rotunda ao afirmar que o Tribunal Supremo anulou a licencia de actividade de actividade, polo que esixiu a súa paralización inmediata, o que deriva, por exemplo, en que Reganosa non estaría cuberta por un seguro, no caso de haber un accidente, segundo Gabeiras. [Ler máis]



ferrolsuso.blogspot
 Ártabra 21

6/06/2012

Contra a sentenza non cabe recurso ordinario algún


"Reganosa xa non ten ningún papel, todas as autorizacións concedidas deben quedar anuladas"

“Esta sentencia pon en evidencia a ilegalidade da planta de Reganosa. Reganosa non ten ningún papel; todas as licencias e autorizacións concedidas deben quedar anuladas porque están baseadas nunha modificiación do PXOM que foi anulada polo TSXG e o Tribunal Supremo”. Con esta rotundidade valorou este mércores Humberto Fidalgo, de ADEGA a sentencia do Tribunal Supremo que, como fixera hai catro anos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anula a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que o Concello realizara expresamente para legalizar a instalación da planta de gas deReganosa e afirma que o plan e a planta carecen das necesarias avaliacións de impacto ambiental. [Ler máis]


Comité Cidadán de Emerxencia
Ártabra 21
ferrolsuso.blogspot