2/27/2009

Quen controlará o gas en Tenerife?

Enagás negocia a súa entrada na compañía que construirá a planta de regasificación do porto de Granadilla, no sur da illa. Compraríalle as accións a Unelco Endesa e é posible que tamén aos empresarios locais que participan no negocio.

Quen son os donos de Gascán?
Na web da compañía veñen os nomes dos tres accionistas pero non as súas porcentaxes de participación.
Unelco Endesa ten un 47%.
Rexional Canaria de Enerxías S.L. un 42%.
E a Sociedade para o Desenvolvemento Económico de Canarias (Sodecan), empresa pública do Goberno rexional, un 11%...

Artigo orixinal
Sebadal humano contra o 'macropuerto'
Tenerife salva (polo momento) o seu ecosistema mariño

2/23/2009

Galicia de Mugardos 1 - 1 Bertamiráns

Galicia de Mugardos 2008/2009

O Bertamiráns confirmou na Pedreira os pronósticos que o situaban como un equipo complicado e que nas últimas xornadas fora a máis. O conxunto herculino demostrouno nunha primeira parte na que soubo aproveitar a falta de mordiente do Galicia de Mugardos para tomar vantaxe no marcador. Os pupilos de Cata, en parte debido a que xogaban en contra do vento, pero tamén como consecuencia da súa falta de claridade de ideas para circular o balón, apenas crearon ocasións de gol. Non só iso, senón que se atoparon con moitos problemas para saír co esférico controlado debido á presión á que o sometía a súa oponente.

2/20/2009

Pulp Fiction

Festa do polbo 2008 (Artritris)

A Festa do Polbo de Mugardos está a un paso de ser considerada de Interese Turístico galego. A Consellería de Innovación e Industria comunicou onte pola mañá ó alcalde do Concello, que a solicitude de declaración de Interese Turístico é favorable polo que será remitida ao Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva.

Historia: Aínda que “oficialmente” a Festa do Polbo de Mugardos vénse celebrando desde o ano 1990, para coñecer as súas orixes hai que remontarse moitos anos atrás. No século XVIII Mugardos era un dos portos do norte de Galicia máis importantes na pesca do polbo, polo que os seus habitantes especializáronse na súa preparación “á mugardesa”. Por aquel entón os veciños do municipio celebraban ó final do verán “A Xira ó Baño”, na que organizaban unha festa do polbo. Na década dos oitenta pasou a ser organizada pola comisión de festas que a trasladou do Baño ó peirao (onde continúa celebrándose na actualidade) e xa en 1990 coa implicación do Concello, nace a I edición da Festa do Polbo.

A Nova no Diario de Ferrol

En Chuza

2/17/2009

Rexeneración do areal da Bestarruza

Lestes días estase a rexenerar a praia da Bestarruza en Mugardos (Romarin)

Ao proceso de rexeneración realizado no areal de Caranza seguiranlle os que levarán a cabo tanto na praia mugardesa da Bestarruza como na cala que se localiza nas inmediacións do castelo de San Felipe, tal e como xa era a previsión inicial.

As obras de acondicionamento xa comezaron e seguramente esta mesma semana, tal e como confirmou o técnico de Costas, Carlos Gil, podería dar comezo o proceso de construción da cántara -depósito creado artificialmente para a acumulación de áridos- para comezar a recibir en cuestión de días as primeiras achegas de area procedentes das obras do porto exterior.

2/15/2009

"Goberne quen goberne, Galiza Non S€ V€nd€"

Galiza Non S€ V€nde

Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos. Que a dignidade non ten prezo.
Entre os manifestantes destacaron varias asociacións que reclamaron que a planta de gasificación da empresa Reganosa abandone a ría de Ferrol, por considerar que supón unha ameaza para o medio ambiente e un perigo para a seguridade das persoas que viven na zona.

2/14/2009

Alternativas enerxéticas e intereses capitalistas

Zona industrial de Arinaga

A instalación de regasificadoras en Canarias desde o punto de vista enerxético, económico e de seguridade tendo en conta as alternativas que existen, demostra unha vez máis como o que prima aquí é o interese privado dun puñado de capitalistas e non o interese xeral dos canarios.
Roque Calero, doutor catedrático de enxeñería mecánica da ULPG, fai poucos días nunha xornada veciñal que trataba o tema das regasificadoras e as alternativas enerxéticas, indicou que o custo da regasificadora e a turbina de ciclo combinado á que vai destinado o gas supera os 350 millóns de euros e xerará unha potencia de 300 megavatios. A continuación expuxo que con esta cantidade de diñeiro, poderíase instalar un campo de aeroxeradores que xerasen unha potencia de 500 megavatios. É dicir 200 megavatios máis que a regasificadora.

Artigo orixinal

2/12/2009

41 gaseiro ilegal

SOHAR LNG (Oman Shipping Company)

Está prevista para o xoves a entrada na Ría de Ferrol do que será o gaseiro cargado nº 41, chamado “SOHAR LNG” e cuxas caracteristicas son: Bandeira.- Panamá, Eslora.- 286.28 m., Manga.- 45.75 m., Calado Máximo.- 11.35 m., Capacidade.- 137.248 m3.
Polo que o Comité Cidadán de Emerxencia convoca: CONCENTRACION , hoxe xoves, 12 de Febreiro, ás 7 da tarde diante do Edificio Admvo. da Xunta de Galicia, Praza Amada García – Ferrol.


¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA ¡

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot

En Chuza

Colectivo Ártabra 21

2/09/2009

S.D.C. Galicia de Mugardos


S.D.C. Galicia de Mugardos

O Galicia de Mugardos (Sociedade Deportiva e Cultural Galicia), é un club de fútbol galego fundado no 1953 na parroquia de Meá, no Concello de Mugardos.
Os primeiros mugardeses en coñece-lo fútbol foron os que estaban ocupados nas industrias de construción naval de Bazán ou relacionados coa vida militar da cidade departamental. Esto ocorría alá polos primeiros anos do século XX, cando os mariñeiros e técnicos ingleses o deron a coñecer.
Non é ata os anos 20 cando se empezan a organizar no pobo equipos informais que acudían a xogar a Ares con devolución de visita.
A mediados desta década fórmanse os primeiros equipos, tanto no casco urbano de Mugardos como na Pedreira e Os Casás. A rivalidade chegou a ser tan grande que os perdedores eran ridiculizados mediante coplas cantadas en festas e reunións.
A primeira aparición dun equipo con nome e colores propios produciuse na parroquia de Meá en 1924. Chamóuselle Sporting Pedreira e vestían de azul e branco. A súa fundación foi promovida pola agrupación xuvenil cultural “A Mocedade”, e favorecida pola aportación económica de fillos de emigrantes procedentes de Cuba...

Benvidos á páxiana web oficial da S.D.C. Galicia de Mugardos

O Concello reparte 16.000 euros entre catro entidades locais

2/07/2009

O verás cos nosos ollos

Emotiva homenaxe a Carmelo Teixeiro celebrado hoxe á beira da ermida de Caranza, para recordar o ano do seu falecemento. Foi descuberta unha placa na súa honra, esta placa repousa ao pé de tres castiñeiros plantados para recordalo... E ao fondo pódese ver a ría, na que foron esparexidas as súas cinzas a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, desde onde é observada por Carmelo .
Video Susete70
Iolanda Díaz. Por Carmelo Teixeiro

¡Leven áncoras, mascaritas!

Pon rumbo, 28º latitude Norte e 15º lonxitude Oeste

O Carnaval 2009, a festa dos Piratas, alaga xa Las Palmas de Gran Canaria. Os deportistas olímpicos canarios Aarón Sarmiento, Onán Barreiros e Enhamed Enhamed, abriron as portas da cidade a D. Carnal cun pregón no que acompañados dos ventos alisios e a bordo dun barco aventureiro chegaron al Puerto de la Luz y de Las Palmas.

2/06/2009

Non haberían medios saniarios suficientes para atender unha catrástofe na regasificadora

Onte celebrouse a primeira das xornadas veciñais, que organiza o Consejo Abierto de Vecinos (CAV), do Castillo del Romeral que versaba sobre o tema "Regasificadora, Alternativas Enerxéticas", con intervención de Jesús Serrano mergullador profesional, Antonio Morales, alcalde de Agüimes e presidente da Mancomunidad del Suroeste e o catedrático de enxeñería mecánica da ULPG, Roque Calero, un dos maiores expertos mundiais en enerxías renovables.

Antonio Morales, alcalde de Agüimes e presidente da Mancomunidad del Suroeste destacou que o risco de accidente da Regasificadora, en condicións normais nunha escala entre 0 e 5, esta en 2. Este risco aumenta cos anos e en caso de atentado terrorista é o máximo. Pero máis destacable é o feito de que en caso de producirse o accidente, o dano na mesma escala sobe ao máximo de 5. En Canarias non habería medios sanitarios suficientes para atender esta catástrofe, na que habería moitas mortes e feridos.
Artigo orixinal

2/05/2009

A fraxilidade terrorista do sistema enerxético

Os plans pasarían por detonar buques-tanque, asaltar refinerías ou atentar contra oleodutos

A Fundación Athena Intelligence acaba de publicar un informe sobre os riscos que afronta o sector enerxético español desde a perspectiva do terrorismo yihadista. As instalacións enerxéticas están consideradas obxectivo prioritario de Al Qaida e en 2007 foron incluídas polo Goberno no Plan Nacional de Protección de Infraestruturas Críticas para reforzar as súas medidas de seguridade.
Novos riscos
Outra ameaza é o asalto e a toma de refinerías e regasificadoras, practicada por Al Qaida e o terrorismo internacional noutros escenarios. Supón un risco aínda maior porque non hai antecedentes en España e a dificultade para evitar estes ataques é máxima.
A última variante analizada é a utilización dun buque-tanque como arma de destrución masiva.
"A explosión termobárica que produciría a enorme cantidade de gas pode ocasionar tanta destrución como unha pequena bomba atómica". O dano sería maior en casos como o da regasificadora de Meá (Mugardos), que está pegada ao núcleo urbano.

Artigo orixinal

Os terroristas téñeno a ovo

2/03/2009

A "postguerra do gas"

A capacidade do sistema español de terminais de regasificación operativas é o máis alto de Europa.

A UE non atopa puntos de fuga para a pinza rusa do gas. Ensinoulle as súas gretas a Moscova e, á vista das liñas vermellas do gasoduto Nabucco, as limitacións dos atajos nixeriano e alxerino e do custo da confianza de Ucraína, as apostas levan o apelido nuclear ou o do GNL. España non xoga na primeira das ligas, pero con sete das quince plantas de regasificación do continente, ten xa na súa man a chave ao 50% do segundo: é o principal receptor europeo de Gas Natural Licuado. Gas Natural, Repsol, Unión Fenosa e Enagas prepáranse para pescar, con Bruxelas por madriña, os receos de París e as pontes tendidas de Lisboa, nas feridas europeas abertas por Gazprom.
Artigo orixinal

2/02/2009

Os veciños poden recorrer a decisión do Xulgado

Mugardos a todo gas

O Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol desestimou un recurso da plataforma veciñal "O Cruceiro de Meá" (Mugardos) contra a planta de gas, por considerar que a actividade sobre a que se interpuxo o recurso «non é susceptible de impugnación». Por iso, a maxistrado non entra no fondo do asunto.
No entanto, este é só un dos recursos que a plataforma veciñal "O Cruceiro de Meá" ten presentados, algúns xa en vía de apelación ante instancias superiores.
Neste caso concreto, a plataforma veciñal presentara un escrito ante o xulgado ferrolán o pasado novembro. Os veciños recorrían a decisión do Concello de Mugardos de rexeitarlles a súa petición de derrogar a licenza de actividade e obra outorgada a Reganosa o 29 de marzo do 2004. Nesa data, dicían, aprobouse a modificación puntual terceira do Plan Xeral relativa tamén á planta, co que se cumpría unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que declarou nulo o referido acordo do 2003 de licenza e revisión da achaiadura.
O Concello respondeu entón aos veciños que se resolveu recorrer en casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG.

jojumugardos.blogspot

A Voz de Reganosa