9/29/2008

"O Cu da Raíña"

Foto romarintyp

Unha anédota curiosa acontece cando a princesa Mariana de Neoburgo acudiu a Ferrolterra en 1690. Casara por poderes con Carlos II e viaxa en barco dende o porto holandés de Flessinga deica a península. Ia desembarcar en Santander pero o mal tempo obriga a cambiar a ruta en dirección á Coruña. Aproximandose á cidade herculina, o buque abrígase do temporal na ria de Ferrol. Encalla na ensenada do Baño e cando a raiña baixa do barco cae. A pena chámase popularmente e nas cartas naúticas, como a pena do cu da raiña. O 6 de abril de 1690 a raiña Mariana de Neoburgo desembarcou en Mugardos. O rei Carlos II en recoñecemento da axuda prestada polos mugardeses os eximirá de participar en recrutamentos e levas de soldados e mariñeiros.

9/27/2008

Protesta entrada do 31 gaseiro ilegal, na Ría de Ferrol



Nova acción de protesta do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ante a entrada dun novo gaseiro cargado con gas natural licuado (GNL) á ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa en Mugardos.



Vídeos: Fuco Buxán, susete70

9/25/2008

Mugardos "limpa o mundo" dende o fondo do mar


“A limpar o mundo” é un programa das Nacións Unidas ao que se adheríu o Concello de Mugardos hai nove anos e no que se volve a colaborar este domingo. Desta volta, a acción de limpeza atinxe aos fondos mariños do peirao de Mugardos, e contará con apoio de voluntarios e voluntarias en terra, na zona onde atracan as lanchas. Nos últimos anos retiráronse xa máis de 18 toneladas de lixo do peirao da vila pulpeira. Rematado o acto, ofrecerase un petisco para todos os participantes.
Unha lancha partirá de Ferrol ás tres e media da tarde do domingo para recoller aos mergulladores que desexen sumarse á campaña. Fará a viaxe de volta ás oito do serán.
Ademais do Concello de Mugardos, sumáronse á iniciativa de Nacións Unidas Protección Civil de Mugardos, Confraría de Pescadores de Mugardos, Asociación Medioambiental Neptuno, a Sociedade Galega de Historia Natural, e a sección de Mergullo do Clube do Mar de Ferrol.

26 Setembro: Alerta máxima na ría de Ferrol


Mañá 26 de Setembro está prevista a entrada dun novo gaseiro na ría de Ferrol trátase do "LNG Sokoto", trigesimo primeiro gaseiro para a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa.
Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:
CONCENTRACIÓN – MANIFESTACIÓN
Venres, 26 de Setembro, ás 20 horas
Ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García – Praza de España, en Ferrol.

9/24/2008

Dous grandes grupos puxan por Reganosa ante Gas Natural

O gas converteuse en obxecto de desexo dentro do mapa enerxético que se debuxa coa OPA de Gas Natural sobre Unión Fenosa. E a planta de Mugardos é unha das pezas máis pretendidas. Aos problemas derivados da chegada da compañía gasista catalá a Reganosa, en cuxo capital convivirá coa alxerina Sonatrach, coa que mantén varios litixios abertos, súmanse as ofertas que lanzaron dous grandes grupos para entrar no accionariado da planta de Mugardos. Tanto a multinacional italiana ENI como a española Enagás mostraron o seu interese.

Enlace co artígo orixinal

9/23/2008

II Masa Crítica Galega


Ferrol recibirá este sábado, 27 de setembro, a ciclousuari@s de toda Galicia que participarán nunha xornada lúdico-reivindicativa co obxectivo de defender que outra forma de movernos é posible. A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. A saída será ás doce do mediodía desde o peirao de Curuxeiras. Ao remate, os participantes farán un xantar colectivo no Parque da Casa do Patín. Pola tarde haberá unha mesa redonda sobre mobilidade e rematarán con xogos populares e música.

9/21/2008

30 gaseiro ilegal na ría de Ferol


A oposición á planta de gas de Reganosa, agrupada ao redor do Comité Cidadán de Emerxencia para a a Ría de Ferrol, voltou convocar unha nova acción de protesta, ante a entrada do buque gaseiro que fai o número 30 desde maio de 2007.

Vídeo de susete70
con música de Fuxan os Ventos

Liorta en Reganosa (Gas Natural Vs Sonatrach)


Se un acordo previo non o remedia, Gas Natural toparase no accionariado de Reganosa cun dos seus peores inimigos, a alxerina Sonatrach, con quen mantén abertos varios litixios que lle levaron ata aos tribunais internacionais de arbitraxe.
A autorización sen condicións da Comisión Nacional da Enerxía (CNE) para a compra de Unión Fenosa por parte da gasista catalá, e a intención desta de considerar a planta de gas de Mugardos como un activo estratéxico do novo grupo, non fan máis que estreitar o camiño do conflito para dúas empresas que levaron máis aló do mercado as súas diferenzas e que, tras a OPA sobre a compañía eléctrica, compartirán intereses na planta de Ferrol.
Artigo orixinal en El País

9/19/2008

Ferrol, po lo mar e a vida



Difunde o vídeo: En defensa da ría, a legalidade e a vida.

9/18/2008

"Vivir ao lado de Reganosa"


video


Reganosa está no punto de mira dos cidadáns galegos, en especial daqueles que viven na comarca de Ferrolterra. ANT TV estivo con varios veciños da zona para ver como se vive ao lado dunha planta gaseira e escoitar as súas preocupacións.