8/30/2012

Perigo!! gaseiro 125 cargado con GNL para Reganosa

LNG Adamawa en Reganosa

 Estando prevista a entrada na Ria do Gaseiro cargado con GNL, nº 125 “LNG Adamawa” o Comité Cidadán de Emerxencia convoca


CONCENTRACIÓN
xoves, 30 de agosto 2012, ás 20 hs,
no Peirao de Coruxeiras – Ferrol

características do buque:
Nome.- LNG Adamawa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 289 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62.75 m, Calado.- 12 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL

PASO A PASO



8/09/2012

Perigo!! gaseiro 124 cargado con GNL para Reganosa


Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 124 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 124 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.


CONCENTRACIÓN
VENRES 10 de agosto, ás 20 hs. no Peirao de Curuxeiras – Ferrol


Características do buque: Nome.- LNG Bayelsa, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48.2 m, Calado.-12.3 m, Puntal.- 62.75 m, Capacidade.- 137.500 m3 de GNL



PASO A PASO,


Beiras di que Reganosa é "un crime político" e reclama o seu traslado


Xosé Manuel Beiras, portavoz da formación política ANOVA-Irmandade nacionalista

Beiras, que se desprazou esta mañá a Ferrol con membros da comisión permanente de Anova, mantivo unha reunión no barrio de Esteiro con membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, que agrupa a medio centenar de colectivos cívicos e veciñais que se opón á localización da regasificadora que funciona en Mugardos desde maio do 2007.

O líder de Anova reclamou a execución da última sentenza do Tribunal Supremo, coñecida a primeiros de xuño e que a xuízo do Comité, declara a "ilegalidade total" da planta ao anular a primeira tramitación urbanística que autorizou un cambio nos usos do chan en Punta Promontoiro, onde se levantou a temrinal a poucos metros dun núcleo rural de vivendas na parroquia de Meá.


Mentres os tribunais discutían esta cuestión, o Concello mugardés aprobou unha segunda modificación do PXOM que emendaba os erros da primeira e que desde a Xunta defenderon como o "encaixe legal" que permite a Reganosa seguir na súa actual localización.


"Modificar o marco legal para que un fenómeno criminoso non sexa delituoso é unha prevaricación", dixo o portavoz nacional de Anova.


Xosé Manuel Beiras mostrouse en todo momento crítico coa localización da planta e co castigo legal a un grupo de mariscadores ferroláns, procesados nun xuízo penal por pechar o paso aos gaseros en 2007.


"O peor de todo é o seu perigo para miles de cidadáns nun radio de dous quilómetros", subliñou. "É unha ameaza permanente, unha barbarie e un crime para o que non valen apaños nin hai encaixe legal".


Beiras xa participara fai anos en protestas, manifestacións e peches na comarca ferrolá en contra da terminal que se asenta en Mugardos, un concello gobernado polo BNG, fronte de partidos ao que pertenceu ata este ano.


Hoxe volveu a reclamar o seu traslado ao porto exterior e que "redeseñe" o modelo empresarial da planta para que sexa "unha empresa pública ou mixta".



elidealgallego.com

8/08/2012

Perigo!! gaseiro 123 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 123 gaseiro, cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA súa 123 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros na nosa ría.

Así como reclama que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo que di que Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol.



CONCENTRACIÓN
MÉRCORES 8 de agosto, ás 20 hs. no Peirao de Curuxeiras – Ferrol


Características do buque: Nome.- Bilbao Knutsen, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4 m, Manga.- 42.53 m, Calado.-12.30 m, Puntal.- 25.40 m, Capacidade.- 138.000 m3 de GNL



PASO A PASO,


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso blogspot.com