10/31/2011

O Galicia de Mugardos mereceu máis que a derrota en Boiro

O equipo de Germán Amil fixo un bo partido e mereceu algo máis que a derrota.

Ás veces o fútbol ten estas cousas. O Galicia fixo un bo partido con dominio do xogo e a elaboración de xogadas ofensivas claras pero finalmente goles son amores e o equipo da Pedreira perdeu o partido tamén ante xogadas bastante conflitivas como un posible fóra de xogo no primeiro gol do Boiro. Foi o equipo local quen inaugurou o marcador. Corría o minuto 12 de partido e Jorge Parada lograba bater a porta de Agustín. O empate do Galicia chegou no minuto 40 e foi obra de Martín tras o lanzamento dun penalti. Con empate a un gol chegouse ao descanso. Na segunda parte o Boiro sentenciou o partido co gol de Adrián tras un centro. O cronómetro marcaba o minuto 72 de partido. O Mugardos tivo ocasións de meterse no partido e de lograr, como mínimo, o empate pero ao final o fútbol é así e o Boiro levou o tres puntos da vitoria.


Xogaron polo Mugardos Agustín, Vicente, Rouco, Agustín López, Manel, Fran, Perico, Suso Pena, Carballeira, Uxío e Martín. Tamén xogaron Colo, Vituco, Canosa e Jorgito.

Por parte do Boiro saíron no once inicial Javier na porta con Óscar, José Manuel, Braian, Carlos, Jonathan, Jesús, Adrián, Jorge Parada, Pablo e Alejandro. Tamén xogaron Charles, Barallar, Eloy e Jesús Arias.

Arbitrou o partido Taboada Juan de Pontevedra.

voltaaria.com

10/30/2011

O accidente de Ribaroja e Reganosa


No accidente ocorrido o día 27 en Ribarroja (Valencia) por un camión cisterna que transportaba 4.000 l de gas propano, as autoridades desplegaron un plan de emerxencia, establecendo un perímetro de seguridade de 200m, cortando o trafico na autovía e desaloxando aos traballadores das empresas próximas, diante o temor do escape de gas e a posible deflagracion.

Sirva este accidente para poñer en evidencia unha vez mais o que acontece coa planta de Reganosa, una instalacion que almacena 150.000 Tons de gas natural licuado e cuio Plan de Emerxencia establece unha zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorable. Un Plan feito a medida de Reganosa para que a instalación aparentemente encaixe no espazo dispoñible en Punta Promontoiro pero totalmente inútil e inservible para a poboación en caso de explosión ou fuga de gas.

Asimismo estas distancias son notablemente inferiores ás obtidas nunha instalación similar como é a planta de Bilbao que, coa mesma tecnoloxía de deseño (tanques de contención total e sistemas de seguridade similares) e utilizando os mesmos criterios e métodos de simulación (LNGFIRE, DEGADIS, HGSYSTEM) obten uns valores de 1467 m para zona de intervención e de 3049 m para a zona de alerta, para o caso de dardo de fogo debido a unha fuga no colector de gas de envío.

A Planta de Reganosa, e ilegal , perigosa (ameaza para a poboacion de Ferrolterra) e innecesaria

Comité Cidadán de Emerxencia

10/15/2011

Reganosa é innecesaria


O Grupo Municipal de EU Ferrol quere subliñar a falla de relevancia que para o subministro enerxético no Estado supón o negocio do actual emprazamento da planta de gas.


Como ben recollen os medios de comunicación, o borrador da planificación enerxética do Goberno do Estado deixa fóra das previsións de crecemento a planta sita en Mugardos ao non ser unha instalación esencial e, xa que logo, a deixa sen conexión coa Meseta no tempo que vén.

Esquerda Unida lembra as reiteradas análises que emanadas do Comité Cidadán de Emerxencia subliñan o carácter superfluo, amén de perigoso e ilegal, na que se atopa a planta entrada en funcionamento na primavera de 2007.

A nosa organización fai un chamamento ás autoridades públicas para que rectifiquen e suspendan o funcionamento dunha planta que de cotío pon en risco as nosas vidas e compromete a riqueza marisqueira da nosa ría.

Grupo Municipal de EU Ferrol

10/05/2011

Outra denuncia contra R€GANO$A


Ante o novo negocio de Reganosa o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, denuncia ante a opinión pública e ante a Fiscalia Anticorrupción o perigoso actuar de Reganosa que ven a aumentar o potencial perigo que xa de por si representa a propia instalación da Planta de Gas no concello de Mugardos, e a perigosa navegación pola canle da Ría e a posterior descarga, de buques gaseiros con miles de toneladas de GNL, no peirao de punta Promontorio. Agora hai que somar a carga, en Reganosa, de gas natural licuado -LNG- por parte doutros buques que teñen que saír cos tanques cheos pola canle da Ría. Máis non é só o asunto da súa perigosidade, senón que se producen descargas e cargas de buques sen lóxica aparente, polo que puideran respostar a negocios pouco claros que só son posíbeis se os custos os pagamos tod@s.







10/03/2011

O Galicia de Mugardos gañou pola mínima en Xove


O equipo de Germán Amil aproveitou o gol de Carballeira para levar os 3 puntos da súa visita á mariña lucense.

O Galicia de Mugardos sufriu na segunda parte porque non soubo "matar" o partido na primeira. O conxunto mugardés xerou amplas ocasións de gol nos primeiros 45 minutos que non logro materializar salvo o gol de Carba nunha xogada que nace dunha parede entre Rubén Seco e Suso Pena. De todos os xeitos o Mugardos podería irse ao descanso con 3 ou 4 goles ao seu favor. A primeira parte acabou coa vitoria pola mínima e na segunda parte o Xove Lago intentou meterse no partido e tivo o empate nas súas mans. Ao final importante vitoria ante un equipo que sempre estivo no partido e que puido puntuar.


Xogaron polo Xove Lago; Naya na porta con Marcos, Novás, Adán, Rivas, Dani Chichón, Canario, Hermida, Diego Hermida, Manolo e Pablo Lago. Tamén xogou posteriormente Felgo.

Por parte do Galicia de Mugardos saíron ao terreo de xogo Agustín baixo paus con Vicente, Rouco, Colo, Manel, Fran, Rubén Seco, Carballeira, Suso Pena e Vituco. Tamén xogaron Juan Jesús, Jorgito, Martín e Javi García.

Arbitrou o colexiado coruñés Andrade Seoane auxiliado por Rodríguez Cruz e Domínguez De Bernardi. Sinalaron cartolinas amarelas a Novás, Rivas e Diego Hermida do Xove Lago e ao porteiro Agustín, Manel e Jorgito do Galicia de Mugardos.

voltaaria.com

10/02/2011

Perigo!! gaseiro 102 cargado con GNL para Reganosa

LNG "Catalunya Spirit" achegándose a Reganosa
CONCENTRACIÓN
FRONTE AO AUDITORIO DE CARANZA
LÚNS 26 DE SETEMBRO, ÁS 7 DA TARDE

Agárdase para o lúns día 3 de Outubro a entrada na ría de Ferrol do gaseiro cargado con GNL, nº 102 , "Catalunya Spirit", un gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL para a ilegal e perigosa Reganosa.


É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este lúns 3 de Outubro, ás 7 da tarde, fronte ao Auditorio de Caranza.


 Antes de que suceda unha catástrofre