12/30/2008

Outro gaseiro á deriva

LNG Suez Matthew

O servizo de gardacostas dos EE.UU. asistiu a un gaseiro á deriva a 16 millas de Provincetown (Massachusetts) cando se dirixía á terminal de GNL de Everett en Boston.


Inspectores e tripulación do USCG embarcaron no LNG "Suez Matthew" para avaliar a situación da urxencia mentres que o gaseiro está sendo asistido por dous remolcadores. A avaría xurdiu pola perda de presión nas caldeiras de vapor. A primeira caldeira recupérase tres horas máis tarde e a segunda dúas horas despois.

12/28/2008

Muros de Silencio. El Caso Reganosa

Muros de silencio: Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol, el caso Reganosa

Hai libros soterrados baixo terra e tamén os hai soterrados polo silencio. Non porque non teñan interese. Ao contrario. Hai moreas de silencio sobre eles, xusto porque son moi interesantes. É o caso do que leva como un agoiro por título Muros de silencio, e por ben claro subtítulo: Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol, el caso Reganosa, do que son autores Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, e que está editado pola asociación Fuco Buxán.

Este é un libro que revirita malia o silencio. Que brinca por riba dos balados, das sebes e dos foxos. Velaí está contada polo miúdo toda a historia, a coñecida e a oculta, da gran planta de gas chantada no interior da Ría de Ferrol. Como é posíbel que se permitira o emprazamento de semellante complexo no interior da Ría? Dende a razón medioambiental, é un despropósito que non tería lugar en ningunha parte do mundo civilizado. Eu xuro que nunca me crin que for adiante, ata que espertei e Reganosa estaba alí. Por que esa teimosía en metela no medio do hábitat veciñal ao tempo que se cavaba un xigantesco porto exterior?

Os muros de silencio

Ler gratis Muros de silencio, el caso Reganosa, 1ª parte

Ler gratis Muros de silencio, el caso Reganosa, 2ª parte

Vítimas de explosións de gas piden controis


Cinco asociacións de vítimas de explosións de gas anunciaron onte a creación dunha plataforma para esixir melloras nos controis e supervisión das redes de distribución de gas en España.
O colectivo, que aúna a afectados das explosións de Santa Coloma de Gramenet, Cornellà de Llobregat, Lleida, Tarragona e Palencia, solicitou onte á comisión de Industria do Congreso dos Deputados investigar as numerosas explosións de gas ocorridas en España durante os últimos oito anos: un total de 22 que causaron case 80 mortos, segundo as cifras da incipiente plataforma.
Os afectados manifestaron que a repetición de accidentes demostran unha falta de seguridade nas instalacións de gas cidade e por iso piden unha investigación parlamentaria que poida facilitar maiores medidas de control no sistema de distribución deste servizo.
Nunha presentación paralela en Palencia e en Santa Coloma de Gramenet, os afectados tamén solicitaron unha normativa específica para que as empresas que prestan o servizo estean obrigadas por lei a outorgar unhas mínimas compensacións ás vítimas destas explosións.

12/24/2008

Bo Nadal


12/23/2008

Rexeneración dos areais


Os buldozers da empresa Tragsa xa traballan na praia de Caranza. Trátase dun novo achegue de area procedente do porto exterior para a mellora e ampliación da praia, na que se verterán ao redor de 50.000 metros cúbicos de áridos durante os próximos meses co fin de optimizar as prestacións do areal ferrolán.
Inicialmente estaba previsto comezar estas tarefas, aproveitando os áridos que xorden do dragado de Caneliñas, pola zona de San Felipe , para continuar pola Bestarruza, en Mugardos, e concluír en Caranza. Con todo, a oposición mostrada polas confrarías da ría ante este calendario fixo que Costas reformulase toda a súa programación inicial e, tras unha reunión cos responsables dos depósitos, decidise empezar por Caranza.

Diario de Ferrol

12/22/2008

As dúas plantas de gas de Canarias son ilegais

O portavoz de Ben Magec Ecologistas en Acción, Alberto Martín, insistiu este xoves en que os proxectos das dúas plantas de gas de Gran Canaria e Tenerife que se adxudicaron ás empresas Técnicas Reunidas e Acciona "son ilegais porque seguen faltando trámites que pasar".
Neste sentido, Martín asegurou que o comisario de Medio Ambiente da Unión Europea, Stavros Dimas "volveu a abrir o proceso polas serias dúbidas que lle xera".
Ademais, o portavoz do colectivo manifestou que Dimas tamén solicitou "información urxente ao Reino de España sobre este proxecto, entre outras cousas polas queixas que presentamos".
O mércores fíxose público a adxudicación en consorcio da construción de dous terminais de gas natural licuado (GNL) en Canarias por un importe de entre 450 e 490 millóns de euros.
O promotor do proxecto é Gascan, compañía transportista de gas participada por Unelco (Endesa), Sodecan e outras empresas canarias, cuxo obxectivo é introducir o gas natural como fonte de enerxía en Canarias.

Canarias, paraiso de la corrupción
En Chuza (tximbalee)
Tenerife en línea
O porto de Granadilla é ilegal

Potencia Enerxética


A Xunta de Galicia ten na actualidade unha presenza significativa en empresas estratéxicas para o sector enerxético galego. Aparte da súa participación na eólica, o Goberno autonómico é accionista maioritario da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) , na que conta cun 51% do capital. O resto está en mans de Unión Fenosa. Sogama é a empresa encargada de xestionar os residuos de 280 concellos cunha poboación total superior aos 2,2 millóns de persoas. Concretamente, o ano pasado tratou o 80% do lixo de Galicia e máis de medio millón de toneladas de residuos urbanos. A facturación ascendeu a 80,1 millóns de euros, dos cales 30 millóns corresponderon a ingresos procedentes da venda de enerxía.
Reganosa é unha compañía privada que recibe, almacena e transforma gas natural licuado a través da súa terminal de Mugardos, na Ría de Ferrol. A Xunta controla o 10% do accionariado da sociedade que, despois de tres ampliacións de capital, ascende a 34,4 millóns de euros.
En Reganosa tamén están presentes outras compañías galegas relevantes, como son Grupo Tojeiro (do propietario de Gadisa), Caixa Galicia, Banco pastor e Caixanova.
A nova no Xornal

12/17/2008

ANDANADAS DE GAS


Técnicas Reunidas e Acciona adxudicáronse en consorcio a construción de dous terminais de gas natural licuado (GNL) en Canarias.
O promotor do proxecto é Gascan, compañía transportista de gas participada polo goberno canario o grupo enerxético Unelco (Endesa), Sodecan e outras empresas canarias, cuxo obxectivo é introducir o gas natural como fonte de enerxía en Canarias.
As terminais construiranse en Granadilla (Tenerife) e Arinaga (Gran Canaria), e fundamentalmente destinaranse a prover gas natural para a xeración eléctrica a través de plantas de ciclo combinado, que substituirán progresivamente ás centrais existentes que actualmente consomen gasoil.
Artigo orixinal
Mentiras con gas

12/12/2008

Outro gaseiro que non pode entrar a Ría de Ferrol

Imaxe do “LNG Lagos” en Reganosa 19/11/2008 (ROISBALO)

De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.
O “LNG LAGOS” un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.
Domingo 14 Decembro: Concentración

A que cheira o gas?


Cando o frío aperta, todo o mundo bota man de calefacción, radiador ou auga ben quentiña.
Pero os quentadores en mal estado causan máis dun susto nestas datas. Nos últimos corenta días, dúas familias de Ferrolterra ingresaron no hospital intoxicadas por gas.
Artigo no Correo Gallego

Galicia, Berlusconi e Albania


Os cidadáns de Brindisi (Italia) lograron cancelar a regasificadora de gas natural licuado (GNL) que British Gas pretendía situar no porto desta cidade. Anteriormente, a empresa pública italiana Enel apartouse do proxecto e comentouse que a decisión tomouse logo dunha reunión entre Tony Blair e Silvio Berlusconi para buscar unha saída que acelerase os trámites de aprobación da localización desta planta regasificadora. Ante as denuncias e protestas dos veciños a xustiza italiana realiza a correspondente investigación e procesa ao presidente e a dous directivos de British Gas de Italia, ao ex-alcalde da cidade e a unhas doce persoas máis e acusa a algunhas de suborno. A Unión Europea abre expediente con certa prema porque a planta regasificadora non observara a lexislación comunitaria sobre Avaliación de Impacto Ambiental e a lei sobre Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas (Directiva Seveso). Xa comentamos anteriormente que a Unión Europea non foi tan diligente no caso da planta de gas da ría de Ferrol, xa que esta tampouco ten en conta estas Directivas Europeas... (máis info)
Berlusconi afasta da poboación a planta de gas de Brindisi

12/10/2008

IX Encontro Mundial do GNL

Principais Fluxos Mundiais de Gas Natural e de GNL

Stream, a sociedade conxunta formada por Repsol e Gas Natural que opera no mercado mundial de gas natural licuado (GNL) , participa no IX Encontro Mundial do GNL que se celebra esta semana en Barcelona, e no que van estar representadas as principais compañías do sector.
Gas Natural e Repsol patrocinan a IX edición do CWC Encontro Mundial do GNL, que se celebra por primeira vez en Barcelona como proba do dinamismo do mercado español do GNL. España é o principal país de Europa receptor desta enerxía. En 2007, as seis plantas de regasificación de España recibiron o 50% de todas as importacións de GNL a Europa.
Artigo orixinal

12/09/2008

"Senda do Segaño"

Foto Romarin

A contorna litoral entre os municipios de Mugardos e de Ares na ría de Ferrol está enlazado desde hoxe cunha senda costeira de cinco quilómetros de lonxitude.
O carreiro, que se poderá utilizar para rutas "a pé, dacabalo ou en bicicleta" , conta con importantes valores naturais, históricos e patrimoniais, que permiten a súa integración na Rede Europea de carreiros da Cornixa Atlántica, que se estende entre San Petersburgo e Lisboa.

A nova en Europa press
Diario de Ferrol
El Correo Gallego

Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)


Fai case un ano que botou a andar a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), un novo organismo co que a Xunta pretende dar unha atención "integral e integrada" ás situacións de urxencia, en palabras do xerente, o navarro Francisco Echeverría.
Un accidente na autoestrada non é o peor que pode pasar en Galicia. A refinería da Coruña, a planta de Reganosa en Mugardos, os miles de petroleiros que cruzan as costas galegas.
P.- ¿Estamos preparados para unha destas urxencias?
R.- Hai plans de actuación para nevadas, incendios ou accidentes con mercancías perigosas, por exemplo, e están moi ben desenvolvidos en comparación aos doutras comunidades. Tamén hai plans específicos para a refinería ou Reganosa, por exemplo, que por lei está obrigada a ter un plan de urxencia interior e exterior. En canto á capacidade de resposta, hai recursos por toda Galicia, outra cousa é como se distribúen.

12/06/2008

“O caso Reganosa” no Foro Social Galego



Hoxe sábado 6 de Decembro, na Facultade de Filoloxía de Santiago, un dos puntos neurálxicos do FSGal, ás 12h, e a proposta de Fuco Buxán, do Comité Cidadán de Emerxencia e da ONGD Acsur – Las Segovias, celebrarase un debate que afecta á Ría de Ferrol. Este celébrase baixo o título “Galicia, Territorio, Enerxía, Seguridade, Mobilización Social: O caso Reganosa”.
Participarán: Manuel Rodríguez Carballeira (Voceiro do CCE e presidente de Fuco Buxán, Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataforma de Veciños de Meá – Mugardos), os profesores Manuel Amorím e Carlos Álvarez e o ecoloxista Humberto Fidalgo.

Foro Social Galego programa

12/05/2008

O PP de Mugardos preséntase como acusación particular na "Operación Virgin"


Foto PPdG en Flickr

O Partido Popular do Concello de Mugardos decidiu comparecer (un ano despois) como acusación particular no proceso xudicial sobre a Operación Virgin, na que o Xulgado número 4 de Ferrol investiga unha suposta trama de favores entre o departamento municipal de Urbanismo e empresas privadas. O voceiro do PPdG, Domingo de Deus Fonticoba, argumentou que a decisión de comparecer como acusación particular responde á "falta de colaboración" do alcalde, Xosé Fernández Barcia, coa Comisión de Investigación creada logo da intervención policial.

Artigo orixinal en Vieiros

A falsa tramitación ambiental de Reganosa validada polo Supremo


Pérdese unha batalla, pero non a guerra. A loita continua

O Tribunal Supremo acaba de emitir un fallo que anula unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o permiso ambiental de Reganosa. O Concello ferrolán presentou no 2001 -cando estaba gobernado por BNG e PSOE- un procedemento contencioso-administrativo contra a declaración de efectos ambientais da regasificadora ferrolá. O TSXG ditaminou que a Xunta tería que estudar o recurso de alzada do Concello, que defendía a necesidade de que o proxecto contase cunha declaración de impacto ambiental, máis esixente que a de efectos ambientais que ten a planta. A Xunta e Reganosa recorreron esa decisión, que agora avala o Supremo.

AVoz de Reganosa

12/04/2008

Explosión en Gavà: A auga mata

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


As mentiras, en ocasións repítense tanto que chegan a parecer verdade. Por exemplo a que di que o gas é a enerxía máis perigosa, por encima das demais. As cañerías do gas están expostas a controis constantes para evitar fugas. Mentres tanto as de auga verten millóns de litros cada día que se perden polo seu mal estado.

Artigo de Albert Castillón

A "lista negra" do gas

Estado do bloque de vivendas de Gavá tras a explosión

Máis de medio centenar de mortos. Este é o tráxico balance de vítimas das explosións de gas rexistrados en España nos últimos oito anos. Descoidos coas estufas, deflagracións por unha mala revisión das instalacións, accidentes laborais e explosións provocadas son algunhas das causas que aumentan cada ano esta dramática lista.

Artigo orixinal
En Chuza tximbalee

12/02/2008

A automoción non ten mercado, o naval sí

A automoción agora non ten mercado, o sector naval, si. Así se puxo de manifesto na reunión dos promotores da Iniciativa Lexislativa Popular para a reactivación de Navantia Fene. Os asistentes á xuntanza celebrada na Feira de Mostras de Ferrol indicaron que o compromiso de Zapatero para renegociar as prohibicións coa Unión Europea, reforza esta proposta.

Artigo orixinal
Quin.TV
O naval resiste á crise

12/01/2008

Entrevista a Mabel Rivera, actriz e activista de movementos sociais


Foto albenizteatro

Mabel Rivera é actriz e unha cidadá moi activa nas mobilizacións e movementos sociais que aspiran a cambios sustantivos en situacións de inxustiza e en atropelos inadmisibles ao medio. Mabel Rivera interpretou un dos papeis máis fermosos da cinematografía española. Recorden "Mar adentro" e pensarán nela, e seica acordarán comigo que nunca un Goya foi outorgado de forma máis merecida.

Entrevista completa en Rebelión