7/03/2014

VIII Marcha a pé desde Ferrol até Mugardos



O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol  convoca a todas as entidades, colectivos e organizacións sociais, e a todas aquelas persoas interesadas a participar na 8ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, co lema:MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE!.

A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs, do venres 18 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa, rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quenes por calquera medio (bici, carro, lancha…) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.
O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrucción do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa ubicación confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda (funciona ao 30% co gasoducto de Tui pechado) e polo antieconómico dos seus resultados (cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía).

   PARTICIPA E DIFUNDE



PASO A PASO,