11/28/2008

Hoxe non merquei nada

O Día Sen Compra é un día simbólico contra o noso modelo de consumo, social e ambientalmente insostible. Este día serve para recalcar que necesitamos outros 364 días dun consumo crítico e sostible (consumo local, ecolóxico, xusto, reutilizando e só o necesario).

Via Ecoloxista en acción

11/27/2008

¡Que veñen os rusos!

A inminente integración de Unión Fenosa en Gas Natural está ligada ao futuro de Repsol. Pero a gasista catalá necesita saber quen será o seu accionista de referencia antes de liquidar a súa opa sobre a eléctrica galega. E o futuro dono da compañía resultante dependerá das intencións de Lukoil se finalmente entra en Repsol. Os analistas apostan por que será La Caixa quen se fará co control de Unión Fenosa-Gas Natural, aínda que manteñen dúbidas respecto dos calendarios.

¿Interésalle a Lukoil controlar Gas Natural?
Si. Aínda que a súa prioridade é o 30% de Repsol, facéndose co paquete dominante en Gas Natural, os rusos ampliarían o seu mercado gasístico. Agora manteñen activos na prospección e extracción de petróleo e gas. Pero o tándem Unión Fenosa-Gas Natural controlará un mercado de 20 millóns de clientes e case 19.000 megawatts de potencia instalada. Fenosa achegará as súas participacións nas plantas de regasificación de Sagunto e de Reganosa e nas de licuefacción de Damietta (Exipto) e Qalhat (Omán). Ademais, sumará 6,5 bcm (miles de millóns de barrís), aos 25 que xa posúe Gas Natural. Sen dúbida, un bocado apetitoso para Lukoil.

11/25/2008

Esta vez non foi a néboa... Foi o vento


O gaseiro “Bilbao Knutsen” coa súa carga de gas natural licuado tiña previsto entrar na pleamar desta tarde cara á Reganosa, pero o forte vento fixo imposíbel o acceso do gaseiro á Ría de Ferrol.
Mais a acción de protesta tivo lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol. Berros de frases cargadas de razóns alertaban do perigo que supón a entrada de gaseiros para a ilegal e perigosa Reganosa.

Manda carallo.. non hai dereito

Foto Romarin

Ver para crer.
Quen tivo esta idea tan xenial. Sera idea do noso rexedor?
En Mugardos, á altura do Castelo da Palma, desde o martes pasado a estrada que vai á punta do Segaño esta cortada deste xeito.
É unha magoa por toda a xente que vai pescar, a fotografar ó mesmo a coñecer sitios preciosos da Ría de Ferrol.

25 de Novembro, Fun, Fun, Fun



Este 25 de Novembro en Ferrolterra :

Ás 6 da tarde, Asamblea Xeral Extraordinaria da Plataforma Ártabra 21, para acordar a súa disolución ou transformación, esta asamblea celebrase no Ateneo Ferrolán.

Ás 6:30 da tarde, presentación do I Plan contra a Violencia de Xénero e o II Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Mugardos 2008-2011 durante o I Foro de Participación das
Mulleres
, no Centro Cívico de Mugardos.

Ás 7 da tarde, nova CONCENTRACIÓN, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ante a entrada na Ría do 36º gaseiro ilegal cargado con GNL-LNG, para a ILEGAL E PERIGOSA REGANOSA.

Ás 8 da tarde, CONCENTRACIÓN na praza 8 de Marzo, con motivo do "DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA", convocada pola MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES.

Ás 8 da tarde, Mesa Redonda – Coloquio “A DEFENSA MEDIOAMBIENTAL: UNHA VISIÓN PLURAL” no Centro Civico de Caranza.

Támen ás 8 da tarde, no Teatro Jofre, Tertulia – Presentación da obra de Teresa Moure "UNHA PRIMAVERA PARA ALDARA".

11/24/2008

LNG "Bilbao Knutsen" 36º Gaseiro Ilegal

Foto Xoán Porto

Mañá martes 25 de Novembro ten previsto entrar na Ría o LGN “Bilbao Knutsen” , 36º gaseiro ilegal cargado con GNL para Reganosa, ante isto O Comité Cidadán de Emerxencia convoca una nova acción de protesta con CONCENTRACIÓN ás 7 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol)

11/23/2008

Manifestación polo cumprimento do Plan Ferrol

A manifestación, cunha pancarta central co lema "Polo cumprimento dos compromisos con Ferrol, Eume e Ortegal", estivo encabezada polos representantes comarcais dos sindicatos CIG, UXT e CCOO, o presidente da Cámara de Comercio, e os responsables das asociacións de empresarios CEF e Cefeor, maioritarias na comarca. A protesta, que se iniciou ao redor das 12.15 horas no peirao de Curuxeiras coa participación de pouco máis de medio milleiro de persoas, concluíu na praza de Armas cun maior seguimento, logo de percorrer as principais rúas da cidade.

Artigo orixinal (máis info)
Contra o "esquecemento" da comarca

11/22/2008

A herba artificial chegará ao campo do Galicia a próxima tempada


Sociedade Deportiva e Cultural Galicia de Mugardos

Chegará con ela (a herba) tamén o ex presidente?
Aupa Caco!

Artigo orixinal (en arameo)

11/21/2008

Planta satélite de gas natural licuado en Ribeira

” O 17 de outubro de 2008, foi publicada no DOG a “Resolución do 1 de outubro de 2008, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización e a aprobación do proxecto de execución da planta satélite de gas natural licuado (GNL) para a subministración á rede de distribución de gas natural do termo municipal de Ribeira (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A.”
“No proxecto fálase dun suposto de consumo máximo de gas (1 hora punta de 3500m3 máis 10000 m3 totais ao longo do resto do día) que levaría a unha frecuencia de 6 enchidos por mes. Isto supón practicamente un camión de 35 m3 de gas licuado circulando pola estrada dende a planta de Mugardos ata Ribeira, co conseguinte perigo potencial.
Por outra banda, non hai que esquecer que a planta de Mugardos está a traballar ilegalmente, e a posta en funcionamento da planta de Ribeira incidiría na súa produción e polo tanto na súa ilegalidade”.

Via ReganosaDemolizón

Fotodenuncia en Greenpeace

Orixinal de Xoán Porto

Xa fai máis dun ano enviei esta foto recortada en denuncia a Greenpeace de Forestal do Atlántico e Reganosa.
A Planta de Gas de Reganosa, fíxose encostada a un complexo petroquímico chamado Forestal do Atlántico onde existen almacenados combustibles, hidrocarburos, planta de colas, produtos químicos tóxicos e cancerígenos.

11/20/2008

A lancha de Mugardos a metade de prezo

O feito de que a lexislación europea agora permita subvencionar o transporte metropolitano favorece a recuperación do servizo de lanchas entre os portos de Ferrol e Mugardos. De ser así, a viaxe por mar podería entrar a formar parte do plan que xa opera para a área de Ferrol e comarca.
En canto ao apartado económico, cabe recordar que a contía da viaxe en lancha, segundo as últimas referencias, ascende a tres euros, dos que o usuario só tería que facer fronte ao pago de 1,75 euros, mentres que a cantidade restante (1,25) debería de ser achegada entre o Concello e a Xunta.

Artigo orixinal


15.000 firmas por Astano

Foto Xoán Porto

O sector naval está a resistir á crise. Coas carteiras de pedidos cheas para varios anos, os estaleiros contan cun "colchón" que lles permitirá salvar o bache económico que azouta ao mundo. Con ese convencimento máis de 50 entidades de Ferrolterra prepáranse a presentar unha iniciativa lexislativa popular que permita o retorno da antiga Astano á construcción naval civil. Mentras tanto as polémicas en torno ao estaleiro refléxanse nun blog específico onde tamén se recollen fotografias históricas da factoria.

Artigo orixinal
En Chuza por tximbalee

11/19/2008

Concentración do Comité Cidadán, con motivo da entrada do gaseiro nº 35




Via /ferrolsuso

O gasoduto proxectado en Pontedeume afecta a 232 leiras

O gasoduto que a empresa Gas Directo promove en Pontedeume afectará a 232 leiras e camiños do municipio que pertencen a uns 180 propietarios entre os que se atopan particulares, a Administración e empresas. O novo ramal a Pontedeume terá o seu inicio en Miño, no gasoduto que discorre por Mugardos, Betanzos, Abegondo e Sabón e que pertence á rede de conducións asociadas á planta de gas que Reganosa posúe en Mugardos. A tubaxe finalizará no núcleo urbano de Pontedeume.
Quen desexen consultar o proxecto e presentar alegacións, se o estiman oportuno, teñen de prazo ata o 5 de decembro para facelo na Dirección Xeral de Industria, en Santiago, ou na Delegación de Industria na Coruña.

Artigo orixinal

11/18/2008

Perigo na Ría: Trixésimo quinto gaseiro

Gaseiro “LNG Lagos”, atracado no Muelle Sur de Tenerife

LNG LAGOS (ex "Gastor") Construído en 1976 nos estaleiros Chantiers de L´Atlantique (ALSTHOM), para a compañía Nederlandsche Scheepvaart Unie, foi entregado en 1977.
De 87.472 toneladas de rexistro bruto, ten 275 metros de eslora, 42 metros de manga, 13 metros de calado e capacidade de 122.255 metros cúbicos.
Logo de 23 anos inactivo (LochStriven), foi comprado por BGT en 1990 (LNG LAGOS).
En maio de 1999 pasou aos estaleiros Sobrena, en Brest (Francia), para reformas.
Está rexistrado baixo pavillón de Bermudas e clasificado en Bureau Veritas.

Con motivo da entrada na nosa Ría do gaseiro nº 35 rumbo a Reganosa. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Convoca unha CONCENTRACIÓN, mañá mércores, 19 de Novembro, ás 7 da tarde na Praza Amada García (Edificio Xunta de Galicia).

11/15/2008

A Mirada Detida


I Certame do Concurso Fotográfico Internacional A Mirada Detida, convocado polo Concello de Valdoviño xa ten gañador. A entrega de premios terá lugar a partir do 20 novembro do 2008. A data, lugar e hora da entrega será publicada na web do Concello de Valdoviño e notificada persoalmente aos gañadores.

11/14/2008

"GALIZA NON S€ VENDE"

Vídeo fucobuxan

Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pecháronse onte día 13 de Novembro, nos Concellos de Ferrol e Mugardos, seguindo a convocatoria da Rede GALIZA NON S€ VENDE, o cumplirse o 6º aniversario do desastre do Prestige, en denuncia das agresións medioambientais que estamos a padecer en distintos puntos de Galicia. Na Ría de Ferrol o tema central da movilización foi –unha vez máis- a perigosa ubicación da Planta de Gas no interior da Ría.

11/13/2008

"Goberne quen Goberne: GALIZA NON S€ V€ND€"



Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non S€ Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas.

11/12/2008

E se o amigo alxerino pecha a billa?



Non só somos dependentes en máis dun 80% do exterior á hora de adquirir a materia prima necesaria para satisfacer as nosas necesidades internas de produción e consumo senón que, ademais, ocorre, en casos como o do gas natural, que devandita subministración está concentrado en poucos provedores de perfil marcadamente estatal, como a alxerina Sonatrach.

11/09/2008

Entrada ilegal do 34º gaseiro





Entrada ilegal do 34º gaseiro a planta de gas.
Ínstase a ou tribunal supremo que dite sentenzas sobre sentenzas do ano 2004.
Tamén denúnciase unha fraude de dobre contabilidade de Reganosa.

11/07/2008

VII Festa Amigos de Santa Catalina




Con motivo da festividade de Santa Catalina, a Asociación de Amigos do Mosteiro que está en Montefaro convoca para o día 22 do presente mes a festa reivindicativa a favor da divulgación do patrimonio cultural e artístico vinculado ao cenobio. Como nas seis edicións anteriores, a presente dará lugar a actuacións musicais, actos relixiosos e comida de confraternidade. O programa arrinca a media mañá, sobre as 11.30, coa primeira das interpretacións musicais, que correrá a cargo da Banda de Gaitas de Ares.

11/06/2008

Montefaro

Foto de romarintyp

E pensar que to quisqui por Ferrolterra, temos que orientar as antenas cara aquí, se non, non vemos a tele.

Unha ducia de procesos xudiciais abertos


Das dimensións do negocio de Reganosa non só dá conta o seu endebedamento e o seu volume de ingresos e beneficios. Tamén as frontes xudiciais que ten abertos a polémica regasificadora. De acordo co informe de xestión que acompaña a memoria da compañía, só ao peche de 2007 eran unha ducia os litixios que os responsables xurídicos cualificaban de "significativos"...
Artigo orixinal

11/03/2008

Será a fusión de Gas Natural e Unión Fenosa un monopolio?


A resposta tena a Comisión Nacional de Competencia tras ter sobre a súa mesa un informe encargado á Comisión Nacional da Enerxía. No estudo valóranse todos os detalles da compra e xa se mandan serias advertencias: a perda dun competidor no negocio do gas e que a fusión achégase a unha estrutura de monopolio.

11/02/2008

"A Ría na Rúa". Exposición e Magosto


Onte 1 de Novembro, no Centro Cívico de Caranza tivo lugar o acto final da campaña "A Ría na Rúa", cun Magosto Popular e a Exposición Colectiva dos 10 murais confeccionados o pasado día 25 de Outubro, por 10 artistas da Comarca, nun acto revindicativo e de denuncia contra o despropósito gasístico de Reganosa, coa localización dunha Planta de Gas no corazón da nosa Ría.



Video de Susete70 (Suso), Ferrol

11/01/2008

Polo Samaín, caveiras eu vin ...


“Chega o outono e con él as castañas, as caveiras de cabaza; chegan as augas e os tempos escuros, remata o verán e encétase o inverno, vaise a calor e vén o frío: acaban as romarías ao sol e inícianse os fiadeiros a carón do lume: son os tempos de Samaín.”