2/12/2015

Perigo!! gaseiro 189 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 189 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 189 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 


Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 


Concentración: 

Venres 13 de febreiro, ás 19 hs diante do Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, Ferrol 

Características do buque:

Nome.- Castillo de Villalba, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-57.7 m, Calado.-11.4 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL


PASO A PASO




2/03/2015

Homenaxe a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro




O vindeiro xoves cúmprese o VII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o

sábado, 7 de Febreiro, ás 12 hs,
no Parque Carmelo Teixeiro
Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais.
Ben coñecida é a súa militancia política, sindical e social de sempre, e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.










2/02/2015

Perigo!! gaseiro 188 cargado con GNL para Reganosa



Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 188 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" CONVOCA a súa 188 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 
Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

Concentración: 

Martes 3 de febreiro, ás 19 hsdiante do Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, Ferrol 



PASO A PASO




Comité Cidadán de Emerxencia