11/28/2011

En que beneficia una gasificadora la vida de mi hijo?

Cantera del Roque Ceniciento... lugar de instalación de la Planta Gasificadora

Nuestro nuevo Alcalde quiere colocar una gasificadora en La Isleta, más concretamente será en la cantera del Roque Ceniciento… junto al Paisaje Natural de La Isleta y no muy lejos del barrio…


Y yo me pregunto; todo esto en qué beneficiará la vida de mi hijo?

A) En pocos años podrá comprar una casa a muy buen precio… seamos realistas, nadie quiere vivir ni comprar una casa cerca de una gasificadora… las viviendas de La Isleta perderán valor… dormir no dormirá tranquilo, pero su hipoteca será baja…

B) Tras instalar la gasificadora supongo que dejaran atracar en el Puerto a esos barcos de gas que siempre fondean fuera de la bahía, por detras de La Isleta… por medidas de seguridad… lo interesante es que mi hijo podrá acercarse al muelle y ver estos inmensos barcos de cerca…

C) Supondrá más tráfico de camiones y coches hacia La Isleta… seguro que la situación será tan inaguantable que verá como se termina por solucionar el problema de los atascos en el Puerto…

D) Es posible que encuentre un trabajo en la planta gasificadora, desde hace tiempo se interesa mucho por las energias renovables, me pregunta por esos molinos de viento, y por esas placas tan raras, yo le explico que es energía limpia… pero que nuestras autoridades prefieren invertir en gas…

E) Incluso La Playa de las Canteras dejará de ser lo que es, debido a la influencia de las corrientes y de los vientos, puede que la conviertan en una playa sin atractivo, incluso contaminada en el peor de los casos… podrá jugar al fútbol sin preocuparse de que la policia le quite la pelota…

F) Y por último, quizas sus hijos podrán ver algún día recolocados esos tanques de gasoil que muchos vecinos piden sean instalados en el interior del Puerto, por medidas de seguridad… en efecto he dicho sus hijos…

Vivir en La Isleta será una maravilla, tráfico rodado asfixiante, contaminación debido al gran tráfico portuario, sin zonas verdes, pero con un Paisaje Natural ocupado por militares que no paran de realizar pruebas de tiro y maniobras con helicópteros, etc… justo encima de nuestras casas… y ahora una gasificadora… sin duda La Isleta es un barrio industrial… olvidado y maltratado… estrujado por el Puerto por una lado y los militares por el otro…

En definitiva tendremos a los militares haciendo pruebas de tiro junto a la gasificadora…




ConoceLaIsleta
La Isleta un lugar maravilloso… Islas Canarias…

11/22/2011

Crise na costa: 3X1 incidentes no Golfo Ártabro - Ollando para Reganosa

Os ventos do noroeste están soprando con forte intensidade no Golfo Ártabro, segundo MeteoGalicia áte as 18:00 horas deste martes 22N. Ademais hai mar de fondo con ondas de alturas entre os 4 e os 5 metros. Está activado o nivel de alerta laranxa para o litoral o que quere dicer que existe un risco meteorolóxico importante.

A marea alta diurna (preamar) para hoxe no Porto de Ferrol era para as 13:33 h. polo que o "Barcelona Knutsen" non puido entrar. o resultado é que o LNG "Barcelona Knutsen", cargado con gas natural licuado para Reganosa, esta dando "tumbos" pola costa, agardando que melloren as condicións meteorolóxicas, para descargar na Planta de Gas de Mugardos.


O Arctic Princess con avaría, custodiado polos remolcadores, sen poder manobrar por si só -Alerta no Servizo de Salvamento Marítimo de A Coruña.


E para REMATALA, na a ría de Ares-Betanzos temos fondeado ao buque gaseiro "B Gas Ettrick", de bandeira de convenencia de Malta, de 88 metros de eslora, fretado por Repsol Butano S.A., cargado con milleiros de Toneladas de propileno, que procedente do Porto de Xixón, do cal saiu onte ás 7 da mañá, atopa-se refuxiado na Ría de Ares, até poder entrar no Porto d'A Coruña.



Ártabra 21          MÁIS INFO  Comité Cidadán de Emerxencia    ferrolsuso.blogspot


Antes de suceda unha catastrofe

11/21/2011

Perigo!! gaseiro 105 cargado con GNL para Reganosa

"Barcelona Knutsen" fondeado en Tenerife o 26/5/2011

CONCENTRACIÓN
NA PRAZA DO INFERNIÑO
MARTES 22 DE NOVEMBRO
ÁS 7 DA TARDE


O "Barcelona Knutsen" , cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este martes 22 de Novembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 105, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo martes, ás 7 da tarde, na Praza do Inferniño en Ferrol.

Antes de que suceda unha catrastofe

O Mugardos gaña o derbi grazas a un gol de Uxio

Moito interese espertou o derbi en preferente nas instalacións da Pedreira. Preto de 300 persoas presenciaron o partido que acabou con vitoria do equipo de Germán Amil pola mínima.

O tanto que deu os tres puntos ao Galicia anotouno Uxio no minuto 36 de partido. O xogador local sacou unha falta directa que entrou na porta que defendeu José. O partido como todos os derbis tivo moita emoción, importantes doses de paixón futbolística e bastante igualdade. O Mugardos tivo máis mordente construtiva e dominou, relativamente, o centro do campo, sobre todo na primeira parte. O Galicia xerou ocasións pero segue sumando un importante déficit na terminación das súas accións ofensivas. O trio Canosa-Carba-Uxío chegaba con facilidade pero tamén con poucas posibilidades de resolución. O equipo chegou, ás veces, con facilidade á porta de José, pero sen resolver e isto en preferente págase. O Val non tivo esa mordente no seu xogo construtivo e comezou a desenvolver potencialidades ofensivas coas entradas por banda de Botana pero xa na segunda parte. Algunha que outra ocasión de David e de Botana foi o máis perigoso na porta de Javi Prieto, que estivo de sobresaliente.


O porteiro do Galicia logrou parar o penalti que podería darlle o empate ao Val. Parou o lanzamento da pena máxima e tamén o correspondente rexeite que se orixinou. Foi un dos grandes protagonistas do partido. Este penalti que desbaratou Javi foi a gran ocasión do Val para levar un punto da Pedreira. Ao final tres puntos de ouro para o equipo de Germán Amil.

Xogaron polo Mugardos Javi na porta con Vicente, Rouco, Rubén, Agustín López, Manel, Pitu, Canosa, Carba, Suso Pena e Uxío. Tamén xogaron Colo, Juan Jesús, Rubén Seco e Martín.

Por parte do Val xogaron José na porta con Botana, Pita, Alberto, Miguel, Gordillo, David, Oscar Pérez, Pedreira, Marcos Novo e Brunito. Tamén xogaron Eloy, Adrián, Cholo e Iago.

Arbitrou o partido Méndez Bouza asistido por Martínez Miguez e Curral Franco. Non foi o mellor partido de Méndez Bouza pero non estivo mal tendo en conta que era un derbi e non foi determinante no resultado. Expulsou Eloy con vermella directa e a Rouco por dobre amarela.

voltaaria.com

11/14/2011

Empate do Galicia de Mugardos en Val do Dubra

O equipo de Germán Amil sumou un punto a domicilio da súa visita a Val do Dubra.

O primeiro tanto foi obra do xogador Coria. O Dubra roubou un balón no centro do campo e Jorge que manda o esférico a Coria que queda só diante de Javi e marca de tiro cruzado. Corría o minuto 22 de partido. Con este resultado de vitoria pola mínima do Dubra chegamos ao tempo de descanso. Na segunda parte o Galicia de Mugardos empatou o partido. Corría o minuto 87 e Uxío recibe un balón en profundidade de costas. Logrou controlar o esférico e rachar a porta de Darío. Con 1 a 1 e repartición dun punto para cada equipo chegamos ao final do encontro.


Xogaron polo Dubra Dario na porta con Leites, Juan Caneda, Dani Fernández, David, Liñares, Adrián, Tiago, Coria, Jorge e Dani. Tamén xogaron Pablo, Anxo e Cagide.

Polo Galicia de Mugardos xogaron Javi Prieto con Vicente, Rubén Seco, Rubén Aneiros, Agustín López, Colo, Pitu, Suso Pena, Carballeira, Uxío e Jorgito. Tamén xogaron Juan Jesús, Vituco e Martín.

Arbitrou o partido o colexiado da Coruña Vázquez García que sinalou cartón amarelo a Juan Caneda, Dani Fernández, Adrián, Jorge e dous a David que tivo que abandonar o terreo de xogo. Por parte do Galicia de Mugaros viron o cartón amarelo Colo e Suso Pena.

voltaaria.com

11/12/2011

Basta xa de inpunidade. Non a estafa


Nota do Comité Cidadán de Emerxencia

No seu momento se nos presentou a planta de gas de Reganosa como una instalación ”estratéxica” para Galicia que crearía moreas de empregos, relanzaría a comarca etc. A demanda enerxética que cubriría a planta, ven recollida no convenio confidencial asinado en xullo de 2000 entre os socios de Reganosa e a Xunta de Galicia (Fraga Iribarne), nel se establece o compromiso seguinte: Endesa e Fenosa construirían 4 ciclos combinados, que consumirían 2.000 millóns de m³/ano, o grupo industrial de Tojeiro 500 millons de m³/ano, en total o 90% da capacidade inicialmente outorgada a Reganosa.

Catro anos despois, desde a posta en fucionamento da planta de gas, o paro segue medrando, a poboación diminúe, incluído o Concello de Mugardos. A produción media de Reganosa non chega ao 40 % da súa capacidade, a utilización dos ciclos combinados (3) non pasa do 30 %, o grupo Tojeiro non consume nada. E ademais, para colocar a escasa produción da planta, pecharon a entrada de gas por gasoducto que viña subministrando a Galicia antes da posta en marcha de Reganosa.

A planta de gas é unha instalación ilegal, perigosa, que destrúe o ecosisterma da ria, pois o seu funcionamento leva parello a esterilización diaria de centos de miles de toneladas de auga do mar que logo voltan á Ría cun enfriamento térmico de -6 ºC, e sen o plancto do que se alimentan peixes e bivalvos. A ampliación da capacidade de regasificación da planta, tal como pretenden os promotores, incrementaría innecesariamente os impactos na Ria.

Os promotores de Reganosa, co apoio da Xunta de Galicia, perseguen a ampliación da capacidade da planta de gas que, duplicaría a actual, a sabiendas de que as necesidades do consumo actual, nin as previstas no futuro, avalan dita ampliación. É máis, as perspectivas son de baixada do consumo. Si a produción actual de Reganosa non chega ao 40% da capacidade outorgada, ¿Cal é a razón para solicitar esta ampliación?.

A razón non é outra que, conseguir un incremento das retribucións, é dicir, dos beneficios, xa que o sistema gasístico retribúe en función da capacidade de produción, non do que verdadeiramente produza a planta .

Os cidadans e as cidadás, somos os destinatarios finais do pago desta factura.

Para acadar este obxectivo a maquinaria propagandística de Reganosa ponse de novo en marcha. Tenta presentar como un ” agravio” a Galicia, a negativa inicial do Goberno Central de aceptar na planificación enerxética a ampliación. Os promotores ocultan que Reganosa non ten viabilidade técnica nin económica, que os datos de consumo comprometidos no seu momento polos socios eran falsos, e foron utilizados para enganar e obter a autorización por parte da Comisión Nacional da Enerxía.

A planta de gas de Reganosa é innecesaria e mantén pechada a entrada de gas a Galicia a través dos gasodutos desde que entrou en funcionamento a planta. Estes gasodutos posúen a capacidade suficiente para suministrar gas aos ciclos combinados, aínda que traballaran ao 100%, e aportaria o gas suficiente para o consumo domestico e industrial.

En realidade o que pretenden os promotores de Reganosa co apoio da Xunta de Galicia, é aumentar os seus beneficios, a costa de espoliar á cidadanía, para elo teñen que seguir inflando a burbulla enerxética.

Basta xa! das complicidades institucionais e mediáticas. É inaceptábel que se persiga a un colectivo como o dos mariscadores por defender o seu medio de vida, o seu posto de traballo. Na primeira quincena de novembro, nove deles van ser xulgados, acusados de impedir a entrada dos primeiros gaseiros cargados con GNL na Ría. Unha acción promovida polo Comité Cidadá de Emerxencia, e na que participaron centos de persoas. Sendo esta a realidade, a autoinculpación dos membros do CCE foi desestimada ¿Pretendese escarmentar aos mariscadores, para que acepten sen rechistar a destrución da Ria, a perda do seu posto de traballo?. Namentres, os responsables de colocar unha planta de gas no corazón da Ria que, ameaza á poboación de Ferrolterra, os que aceleran a súa destrución, e son exemplo de estafa continuada á cidadanía, seguen actuando con total impunidade.

11 de Novembro de 2011


Comité Cidadán de Emerxencia

11/09/2011

O CCE presenta alegacións a Modificación Puntual de Punta Promontoiro


O Comite Cidadan de Emerxencia, diferentes entidades ecoloxistas asi como veciños veñen de presentar as correspondentes alegacions contra a Modificacion Puntual de Punta Promontoiro a traves da cal o Concello de Mugardos pretende acadar a legalizacion da Planta de Gas de Reganosa , catro anos despois da sua entrada en funcionamento.


Nestes momentos a excusa é a pretension dos promotores de Reganosa de ampliar a capacidade da planta, o que non se sustenta na demanda do consumo actual nin futura, en realidade innflan a burbulla enerxetica para aumentar os seus beneficios. Outra aportacion que fai a modificacion e a de” integrar” os tanques na paixase, pintandoos de raias. Debemos lembrar que a modificacion actual esencialmente coincide coa aprobada xa polo Concello no 2003 que, foi declarada ilegal por sentencia do TSXG.

A planta de Reganosa incumpre coa lexislación anterior a 2003 e coa lexislación posterior a esta data. A planta de gas de Reganosa é unha instalación perigosa, unha ameaza para a vida de miles de cidadáns e cidadás, que desvaloriza o Patrimonio e destrúe o ecosistema da Ría. Os seus defectos son insubsanabeis. O entorno medioambiental de Punta Promontoiro, é incompatible co uso da actividade da planta de gas, por tanto a modificación puntual non procede.

LER TEXTO COMPLETO DA ALEGACIÓN


Comité Cidadán de Emerxencia

Perigo!! gaseiro 104 cargado con GNL para Reganosa


CONCENTRACIÓN EN ESTEIRO
NA PRAZA DO HIMNO GALEGO
XOVES 10 DE NOVEMBRO
DESTA VEZ ÁS 7 DA TARDE

O "LNG Enugu", un enorme buque, cunha eslora que supera os 285 metros, de grande capacidade, e con moito calado (12,37 metros), cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Xoves 10 de Novembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 104, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo Xoves, ás 7 da Tarde [Ǹovo horario de inverno para as concentracións] mais desta volta a Concentración terá lugar no barrio de Esteiro, na Praza do Himno Galego. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas.

Antes de que suceda unha catástrofre

Ártabra 21

O Mugardos perdeu ante o Unión de Rianxo na Pedreira


O equipo de Germán Amil non puido sacar nada positivo do seu partido ante o Unión a pesar de que tivo ocasións para empatar o partido.

Adiantouse o Mugardos con gol de Martín tras tranformar un penalti realizado a Jorgito. O rapaz procedente do Caranza transformou a pena máxima e o Mugardos adiantouse no marcador. Con víctoria pola mínima chegouse ao descanso. Na segunda parte o Unión de Rianxo empatou o partido grazas a un penalti que transforma Oscar Rial, pena máxima realizada polo porteiro Agustín. Coa táboas no marcador os dous equipos tiveron ocasións para desequilibrar o partido pero finalmente foi o Unión o conxunto que o conseguiu. Corría o minuto 84 de partido e o colexiado da contenda sinala penalti de Jorgito, pena máxima que lanza Oscar Rial e que sentencia o partido. Mentres tanto o Mugardos quedou con 9 xogadores por expulsión de Rouco e Canosa. Ao final os tres puntos que marchan para Rianxo.


Xogaron polo Mugardos Agustín na porta con Vicente, Rouco, Agustín López, Manel, Fran, Jorgito, Uxío, Carballeira , Suso Pena e Martín. Para cambios no banco Germán Amil colocou a Juan Jesús, Pita e Canosa.

Por parte do Unión de Rianxo xogaron Eloy baixo paus con Alex, Oscar Suárez, Diego, Oscar Rial, Bernardo, Abel, Víctor, Bebeto, Walter e Albino. Tamén participaron Miguel, Anxo, Breogán e Angel.

Arbitrou o partido o colexiado Marcos Ordoñez Rodríguez da Coruña.

voltaaria.com