8/08/2016

Perigo!! gaseiro 214 cargado con GNL para Reganosa



Estando prevista a entrada na Ria do gaseiro nº 214 cargado con GNL para REGANOSA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca

CONCENTRACIÓN

mércores, 10 de agosto, ás 20 hs,
diante do Edificio da Xunta de Galicia
(Praza Amada García – Ferrol)


Características do buque:
Nome.- LNG Benue, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 285m, Manga.- 43m, Calado.- 11.5 m, Capacidade.- 145.952 m3


Paso a Paso



8/05/2016

Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE


Hoxe, no Ateneo Ferrolán, o Comité Cidadán de Emerxencia ofreceu unha Rolda de Prensa, que contou coa presenza e o apoio explícito da Deputada de En Marea Yolanda Díaz,  dos Concelleiros Suso Basterrechea e Sainza Ruíz por Ferrol en Común, Beatriz Sestayo, Rosa Méndez e Germán Costoya polo PS de G – PSOE,e  Iván Rivas polo BNG.
Ante os medios de comunicación e as persoas asistentes, a título personal o en representación de moitas das Entidades e Asociacións que compoñen este CCE, o Coordinador amosou a satisfacción do Comité polas catro sentenzas favorables do Tribunal Supremo, facendo especial análise da última, referente a anulación de Plan de Emerxencia Exterior e desmentindo as manifestacións de REGANOSA de que hai outro vixente de 2013, posto que a pesar  de non axustarse tampouco á legalidade caduca aos tres anos.
Púxose de manifesto que o acordo do consello de ministros en funcións presidido por Rajoy, do 27 de Maio, ao excluír a Reganosa da aplicación da lexislación medioambiental e o das posteriores autorizacións concedidas, constitúen un desacato ás sentencias do Supremo, un  golpe contra o estado de dereito.
Tanto o Goberno de Rajoy como o da Xunta de Galicia (Feijoo) están implicados nunha actuación corrupta a prol do grupo empresarial de Reganosa.
Yolanda Díaz enumerou as iniciativas presentadas no Congreso polo seu Grupo Parlamentario e os portavoces dos Grupos Municipais manifestaron o seu apoio a CCE e Á legalidade demandando o cumprimento das Sentenzas do Supremo que reiteradamente declaran a REGANOSA  fora da legalidade, e exixindo o cese da actividade nesta Planta perigosa, innecesaria e economicamente deficitaria e a súa saida do Sistema Retributivo.