3/29/2012

UN ESCÁNDALO PREVISIBLE



Por Rafael Pillado publicado no Diario de Ferrol

Refírome, está claro, ao que vén sucedendo coa ría e con aqueles que viven dela: mariscadores e pescadores.
En marzo do 2007 escribía, neste mesmo medio, un artigo titulado: “En defensa dos mariscadores”. Nel, valoraba que, “Bastida e cuantos con él colaboran, converteron á Confraría nunha das empresas importantes da comarca”. Non era tarefa fácil e para iso houberon de enfrontarse con múltiples problemas, de dificil solución. E sei de que falo, porque o meu pai foi Patrón Maior nunha época moi dificil, alá polos anos 70.
Un bon día, no mes de abril de 2009, os medios de comunicación recollían titulares como estes: “Imputado o ex patrón de Ferrol por malversación”, “O ex patrón maior de Ferrol declara como imputado por malversación de capitais”, etc. Días antes, dicíase: “A Xunta intervén a Confraría de Ferrol por falta de liquidez económica e por non entregar as contas dos anos 2005 e 2006”. O escándalo estaba servido e calculado.
Ao día de hoxe, a noticia é, mais ou menos, a que segue:“O fiscal pide o, arquivo da causa contra Bastida por malversación”. Ler o resto deste artigo 

3/20/2012

Perigo!! gaseiro 114 cargado con GNL para Reganosa

O "LNG Edo" escorado nun dos pantaláns do Bony no Delta do Níger en Nigeria 

Estando prevista a entrada na ria , do vello gaseiro (32 anos de antigüedade) cargado con GNL nº 114 “LNG Edo” o Comité Cidadán de Emerxencia convoca

 CONCENTRACIÓN
mércores, 21 de marzo, ás 19 hs,
diante do Concello – Praza de Armas – Ferrol

Esta concentración terá lugar o dia previo ao comezo do xuicio contra 9 mariscadores acusados de participar na accion de protestaconvocada polo CCE en Maio de 2007, contra a entrada ilegal na Ria dos primeiros gaseiros cargados con GNL

O Comité Cidadán de Emerxencia fai un chamamento a toda a cidadanía a solidarizarse cos mariscadores procesados o vindeiro xoves 22, ás 10 horas, nos Xulgados de Ferrol.



Antes de que suceda unha catastrofe 
Comité Cidadán de Emerxencia  


ferrolsuso.blogspot

3/15/2012

A Copa do Mundo na Pedreira


A afección verde, así como todas aquelas persoas que celebraron o triunfo da selección española no Mundial de Fútbol celebrado en Sudáfrica, terán a oportunidade de ver de cerca a Copa do Mundo. O trofeo, co que soñan os futbolistas e afeccionados ó fútbol dos cinco continentes, expoñerase nas instalacións do Galicia de Mugardos o sábado 24 de Marzo (a data aínda non está confirmada ó 100%, informarase en caso de que houbese cambio de data). A Copa do Mundo permanecerá no Campo da Pedreira durante todo o día e todas as persoas que o desexen poderán vela de cerca, tocala e fotografiarse con ela. 


SDC Galicia de Mugardos
GaliciaMugardos1992

3/05/2012

Perigo!! gaseiro 113 cargado con GNL para Reganosa



Mañá, martes 6 de Marzo está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque "LNG Lagos" un vello gaseiro (con 34 anos de antiguedade) que fará o nº 113, cargado con GNL para a perigosa e ilegal planta de gas de Reganosa.
É por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a 
CONCENTRACIÓN  de protesta, mañá martes, 6 de Marzo de 2012, ás 19 hs na Praza de Armas, en Ferrol.

Antes de que suceda unha catástrofe


3/03/2012

Novo escrito enviado á Ministra de Fomento



O Comité Cidadán de Emerxencia, a traves do seu coordinador, ten denunciado diante da Ministra de Fomento a entrada ilegal na Ría de gaseiros cargados con GNL para suministrar a Reganosa, e solicitada a documentación referente aos cambios da normativa de navegabilidade realizados pola Autoridade Portuaria.
A Ministra respostou ao CCE , a traves do Director Xeral da Mariña Mercante, pero sen cumprimentar a solicitude de documentación que a propia Autoridade Portuaria nega ao CCE dende Novembro de 2011.
É por iso que de novo a traves de escrito se emplaza a Ministra de Fomento Ana Pastor Julian, para que entregue a documentación requerida.