9/16/2014

O Tribunal Supremo admite a trámite o Recurso do CCE


O Tribunal Supremo admite a trámite o Recurso de Casación interposto polo Comité Cidadán de Emerxencia contra o auto do Tribunal Supremo de Xustiza de Galicia que denegaba a nulidade da nova modificación do PGOM de Mugardos en execución da sentenza

Ler Auto do Tribunal Supremo


Comité Cidadán

ferrolsuso.blogspot




9/14/2014

Perigo!! gaseiro 179 cargado con GNL para Reganosa


Estando prevista a entrada na Ría dun vello gaseiro (34 años de antigüedade) cargado con GNL, nº 179
o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:

CONCENTRACIÓN

Lúns 15 de setembro 2014, ás 20 hs.

Peirao de Curuxeiras

Características do buque:  Nome: Mourad Didouche, Ano Construción.- 1980,
Bandeira.Arxelia,Eslora.-274.42m,Manga.-42m, Puntal.-26.14 m,Calado.-13.30 m Capacidade.- 126.130 m³ de GNL,

Planta de Gas : PECHE XÁ !



PASO A PASO


Comité Cidadán de Emerxencia

Ártabra 21

9/03/2014

Tod@s paramos o Galicia Spirit


No nome do Comité Cidadán de Emerxencia ¡ GRAZAS! | A axuda solidaria impediu a entrada de Bastida no cárcere

O CCE manifesta o seu agradecemento a todas as persoas, que de forma individual, e a todas as formacións políticas e entidades cívicas (EU, Anova-IN, Espazo Ecosocialista Galego, A Revolta de Trasancos, Fuco Buxán, Colectivo Artabra 21, Adega, Plataforma de veciños “O Cruceiro de Mehá”), que de xeito colectivo, contribuíron coa súa axuda solidaria, a alcanzar os 4.995,25 €, cos que se cubríron con creces os recursos necesarios para impedir queBernardo Bastida entre no cárcere.

O CCE promoveu, en maio do 2007, a acción pola que foi condenado Bastida, o bloqueo da entrada na Ría do primeiro gaseiro cargado con GNL, nela participamos centos de persoas e a través da cal transcendeu mais aló da nosa comarca a barbaridade da planta de Reganosa, rompéndose os muros de silencio que invisibilizaban a nosa loita. Unha loita colectiva non podía admitir a condena dun só compañeiro, así o entenderon as persoas e entidades que mostraron a súa corresponsabilidade en apoio solidario.

Catorce anos de loita, de mobilización permanente en defensa da vida, da legalidade e da Ría. O caso da Planta de Gas de Reganosa é un proceso continuado de corrupción política-financieira. O pasado 18 de Xullo, celebrábamos a 8ª Marcha a Pé a Mugardos baixo o lema “Móvete contra a impunidade”. Rexeitada polo Tribunal a autoinculpación de decenas de persoas que participamos no bloqueo da Ría, é indignante observar a condena de Bastida, namentres os corruptos, os responsables de tamaña barbaridade campan con total impunidade. Algúns son premiados incluso, como Jose Luis Mendez ex-Presidente de Caixa Galicia, no Consello de Administración de Reganosa

Nestes últimos tempos o Comité Cidadán de Emerxencia, ten que facer fronte a outra dificultade engadida. O Goberno do PP, de Rajoy e de Gallardón, promoveron una contrarreforma xudicial (novas taxas etc…) coa que tentan impedir o acceso da cidadanía á xustiza e favorecer así a impunidade das grandes empresas e corporacións, como é o caso de Reganosa.

O CCE, que promove a mobilización permanente, con concentracións a cada entrada de gaseiro cargado con GNL na Ría, ten interpostos varios contenciosos xudiciais contra a planta de gas de Reganosa. O seu sostén require agora de máis recursos económicos, de aí que prosigamos coa campaña para a obtención dos mesmos e o sobrante do recadado para salvagardar a liberdade de Bastida se destine a este fin.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol