Aínda non fai tres días que o
último gaseiro abandonase a Ría, e xa temos outro previsto pa mañá cara a ilegal e perigosa
Reganosa, trátase do buque
Madrid Spirit cargado de GNL.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha nova
Concentración/Manifestación na Praza Amada García diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tarde. Con este serán
33 os buques cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol coa perigosa mercancía, poñendo en perigo a seguridade e vida de miles de persoas.
Sem comentários:
Enviar um comentário