Mostrar mensagens com a etiqueta Denuncia. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Denuncia. Mostrar todas as mensagens

4/22/2012

Denuncia ante a Valedora do Pobo


María Luisa Cava de Llano, Valedora do Pobo

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol formulou denuncia ante a Defensora do Pobo (Madrid), pola negativa de diversas Asministracións e Organismos (Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, Capitanía Marítima do Porto de Ferrol, Ministerio de Fomento e REGANOSA), solicitada reiteradamente por este CCE, para determinar o incumplimento da Normativa de Seguridade na entrada dos gaseiros, cargados de GNL, a nosa Ría.

Ao tráfico habitual perigoso e ilegal, súmase agora un novo motivo de preocupación tras a arribada de varios buques incumplindo medidas establecidas en canto a capacidade de carga, meteoroloxía,nocturnidade … que supón unha amenaza constante para aRía e para os habitantes da súa contorna.

4/17/2012

Denuncia pola entrada nocturna de gaseiros



No dia de hoxe foi rexistrada por parte do Comité Cidadán de Emerxencia, a denuncia xudicial pola entrada nocturna do gaseiro LNG Enugu o pasado 29 de Decembro.

Denuncia por si fora constitutiva de delito, contra as seguintes persoas; Rafael Rguez. Valero(Director General da Marina Mercante), Emilio Bruquetas Serantes (Director- Xerente de Reganosa), Angel del Real Abella (Presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol- S. Cibrao), Jorge Cao Ruiz (Capitán Marítimo).

Por permitir a entrada nocturna na Ría de Ferrol o 29 de Decembro do 2011 do gaseiro ”LNG Enugu” cunha capacidade de 145.000 m³, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado para subministración da planta de Reganosa, ao incorrer nunha grave responsabilidade de non cumprimento da normativa que regula unha actividade moi perigosa para a seguridade das persoas, expoñendo neglixentemente a vida de máis de 100.000 persoas que vivimos na contorna da Ria de Ferrol.

Ferrol, a 16 de abril de 2012

3/03/2012

Novo escrito enviado á Ministra de Fomento



O Comité Cidadán de Emerxencia, a traves do seu coordinador, ten denunciado diante da Ministra de Fomento a entrada ilegal na Ría de gaseiros cargados con GNL para suministrar a Reganosa, e solicitada a documentación referente aos cambios da normativa de navegabilidade realizados pola Autoridade Portuaria.
A Ministra respostou ao CCE , a traves do Director Xeral da Mariña Mercante, pero sen cumprimentar a solicitude de documentación que a propia Autoridade Portuaria nega ao CCE dende Novembro de 2011.
É por iso que de novo a traves de escrito se emplaza a Ministra de Fomento Ana Pastor Julian, para que entregue a documentación requerida.

1/22/2012

Denuncia ante o Ministerio de Fomento


No día de hoxe o Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia remitíu escrito ao Ministerio de Fomento denunciando a entrada ilegal de gaseiros na nosa Ría e demandando diversa documentación.

7/16/2010

Galicia ha recalificado máis chan na última década que en toda a súa historia



Galicia ha recalificado máis chan na última década que en toda a súa historia, segundo denunciou este venres Greenpeace na presentación da décima edición do seu informe "Destrucción a toda costa", no que recompila datos sobre a situación do litoral no Estado español durante a última década.

Neste sentido, a organización ecoloxista chamou a atención sobre o feito de que en 2007 o "boom do ladrillo arroxaba a desorbitada cifra" de 800.000 vivendas proxectadas entre os 86 municipios litorais galegos, unha cifra similar á que se construíu durante toda a súa historia, que segundo Greenpeace, é de 816.000 residencias.

Xa en 2006, Galicia atopábase entre as rexións que acumulaban "máis agresións no seu litoral", con 283.600 novas vivendas e 17 novos campos de golf.

Así, apuntou que "historicamente" detrás da degradación do litoral "escondeuse tamén o Ministerio de Fomento", a quen recrimina "non cumprir as súas promesas de racionalización dos proxectos de portos do Estado ou a sustentabilidade das ampliacións dos mesmos".

Este informe, que se basea en datos do Ministerio de Fomento, recolle cifras a nivel estatal e remarca que nos últimos 20 anos o urbanismo "salvaxe", a construción de infraestruturas e a contaminación destruíron na costa española o equivalente a oito campos de fútbol ao día -unha media de 7,7 hectáreas diarias-.

Por iso, esixe ao Goberno central e ás administracións autonómicas e locais que controlen a corrupción e respecten a normativa existente, empezando pola Lei de costas e as directivas europeas.

"Todos somos conscientes de que a agresión á costa foi imparable os últimos anos. Pero o máis grave é que esta tendencia continua e os políticos afánanse en acabar coa única normativa que defende o litoral. O que hai que demoler son as grandes ilegalidades e non a Lei de Costas e imos seguir loitando para que isto non pase", declarou Juan López de Uralde, director de Greenpeace.


Críticas a infraestruturas galegas

Segundo recolle este informe, a costa galega é "o mellor exemplo" da falta de planificación co porto de Langosteira na Coruña, proxectado a unhas decenas de quilómetros do de Ferrol.

Respecto diso, os activistas ambientais achacaron que nos últimos dez anos houbo "unha avalancha" de portos deportivos, cos que Galicia presentaba en 2008 un das porcentaxes máis altas de amarres por embarcación. Unha cifra "dez veces" superior á de Italia, que ten dez veces máis costa que Galicia. Así, a Comunidade galega pasou de 4.000 amarres en 2003 a 11.000 en 2008.

Así mesmo, Greenpeace subliña que Galicia foi "especialmente condescendiente" coas industrias máis contaminantes e pon a modo de exemplo o complexo de ENCE-Elnosa na Ría de Pontevedra, así como o de Reganosa en Mugardos (A Coruña).

Ademais, esixiu "descartar" o proxecto do porto deportivo de Massó, situado en Cangas do Morrazo (Pontevedra), así como a súa urbanización.

PLANIFICACIÓN

Co obxectivo dunha mellora do medio ambiente, a entidade ecoloxista resaltou que Galicia "necesita" un Plan de Xestión do Litoral que protexa a súa costa, e lamentou "os intentos promovidos desde o Partido Popular ou o BNG para rebaixar a Lei de Costas que perseguen a urbanización do litoral".

Por iso, demandou paralizar os plans de acuicultura, así como de portos e eólicos, que "acosan" aos espazos naturais protexidos da costa.

No informe, diversas testemuñas da destrución costeira, actores, cantantes, xornalistas, pescadores ou avogados dan en primeira acode palabra á destrución. Rosa Regás, Manuel Rivas, Miguel Delibes de Castro ou o ex director Xeneral de Costas Fernando Marín son algunhas das firmas que aparecen no informe.

PRESTIGE

Un dos puntos sobre os que chama a atención este estudo é que "aínda faltan" as medidas para asegurar que non se repita unha catástrofe como a do Prestige.

Por iso, recriminaron a falta de portos refuxio e destacaron a necesidade da rexeneración das costas galegas que permita un desenvolvemento da actividade tradicional como o marisqueo.

20 minutos.es

Greenpeace.org
laopinioncoruna.es - elcorreogallego.es - xornal.com

1/16/2010

Denuncia do Comité Cidadán (CCE) ante o Xulgado de Garda

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Hoxe sábado 16 de xaneiro, o noso Coordinador, Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou unha denuncia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol, ocorrido o día de onte.

Dito gaseiro ten unha capacidade de 173.000 m3, sendo o máximo permitido 140.000 m3, segundo establece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalaciones da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa.

O CCE considera que a entrada deste buque supuxo un grave risco para a cidadanía do entorno da Ría, e un incumplimiento flagrante e doloso da autorización de construcción e a tolerancia delo pode acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

Preveendo estas circunstancias, o CCE, como xa fixemos público, cursou escrito ao Ministerio de Industria, o pasado día 14, solicitando a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na ría de dito buque.

A denuncia foi presentada contra as seguintes persoas e entidades:

- Capitán do gaseiro “Ibérica Knutsen”.

- Dirección General de Política Energética y Minas.

- Autoridade Portuaria de Ferrol–San Cibrao.

- Promotores da Planta de Gas de Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxencia (CCE)


11/25/2008

Manda carallo.. non hai dereito

Foto Romarin

Ver para crer.
Quen tivo esta idea tan xenial. Sera idea do noso rexedor?
En Mugardos, á altura do Castelo da Palma, desde o martes pasado a estrada que vai á punta do Segaño esta cortada deste xeito.
É unha magoa por toda a xente que vai pescar, a fotografar ó mesmo a coñecer sitios preciosos da Ría de Ferrol.