
12/30/2008
Outro gaseiro á deriva

12/28/2008
Muros de Silencio. El Caso Reganosa

Hai libros soterrados baixo terra e tamén os hai soterrados polo silencio. Non porque non teñan interese. Ao contrario. Hai moreas de silencio sobre eles, xusto porque son moi interesantes. É o caso do que leva como un agoiro por título Muros de silencio, e por ben claro subtítulo: Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol, el caso Reganosa, do que son autores Carmelo Teixeiro, Enrique Barrera e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira, e que está editado pola asociación Fuco Buxán.
Este é un libro que revirita malia o silencio. Que brinca por riba dos balados, das sebes e dos foxos. Velaí está contada polo miúdo toda a historia, a coñecida e a oculta, da gran planta de gas chantada no interior da Ría de Ferrol. Como é posíbel que se permitira o emprazamento de semellante complexo no interior da Ría? Dende a razón medioambiental, é un despropósito que non tería lugar en ningunha parte do mundo civilizado. Eu xuro que nunca me crin que for adiante, ata que espertei e Reganosa estaba alí. Por que esa teimosía en metela no medio do hábitat veciñal ao tempo que se cavaba un xigantesco porto exterior?
Ler gratis Muros de silencio, el caso Reganosa, 1ª parte
Vítimas de explosións de gas piden controis

12/24/2008
12/23/2008
Rexeneración dos areais

Os buldozers da empresa Tragsa xa traballan na praia de Caranza. Trátase dun novo achegue de area procedente do porto exterior para a mellora e ampliación da praia, na que se verterán ao redor de 50.000 metros cúbicos de áridos durante os próximos meses co fin de optimizar as prestacións do areal ferrolán.
Inicialmente estaba previsto comezar estas tarefas, aproveitando os áridos que xorden do dragado de Caneliñas, pola zona de San Felipe , para continuar pola Bestarruza, en Mugardos, e concluír en Caranza. Con todo, a oposición mostrada polas confrarías da ría ante este calendario fixo que Costas reformulase toda a súa programación inicial e, tras unha reunión cos responsables dos depósitos, decidise empezar por Caranza.
Diario de Ferrol
12/22/2008
As dúas plantas de gas de Canarias son ilegais
Neste sentido, Martín asegurou que o comisario de Medio Ambiente da Unión Europea, Stavros Dimas "volveu a abrir o proceso polas serias dúbidas que lle xera".
Ademais, o portavoz do colectivo manifestou que Dimas tamén solicitou "información urxente ao Reino de España sobre este proxecto, entre outras cousas polas queixas que presentamos".
O mércores fíxose público a adxudicación en consorcio da construción de dous terminais de gas natural licuado (GNL) en Canarias por un importe de entre 450 e 490 millóns de euros.
O promotor do proxecto é Gascan, compañía transportista de gas participada por Unelco (Endesa), Sodecan e outras empresas canarias, cuxo obxectivo é introducir o gas natural como fonte de enerxía en Canarias.
Canarias, paraiso de la corrupción
En Chuza (tximbalee)
Tenerife en línea
O porto de Granadilla é ilegal
Potencia Enerxética

12/17/2008
ANDANADAS DE GAS

12/12/2008
Outro gaseiro que non pode entrar a Ría de Ferrol

O “LNG LAGOS” un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.
A que cheira o gas?

Pero os quentadores en mal estado causan máis dun susto nestas datas. Nos últimos corenta días, dúas familias de Ferrolterra ingresaron no hospital intoxicadas por gas.
Galicia, Berlusconi e Albania

12/10/2008
IX Encontro Mundial do GNL
12/09/2008
"Senda do Segaño"

A contorna litoral entre os municipios de Mugardos e de Ares na ría de Ferrol está enlazado desde hoxe cunha senda costeira de cinco quilómetros de lonxitude.
O carreiro, que se poderá utilizar para rutas "a pé, dacabalo ou en bicicleta" , conta con importantes valores naturais, históricos e patrimoniais, que permiten a súa integración na Rede Europea de carreiros da Cornixa Atlántica, que se estende entre San Petersburgo e Lisboa.
A nova en Europa press
Diario de Ferrol
El Correo Gallego
Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)

12/06/2008
“O caso Reganosa” no Foro Social Galego

Hoxe sábado 6 de Decembro, na Facultade de Filoloxía de Santiago, un dos puntos neurálxicos do FSGal, ás 12h, e a proposta de Fuco Buxán, do Comité Cidadán de Emerxencia e da ONGD Acsur – Las Segovias, celebrarase un debate que afecta á Ría de Ferrol. Este celébrase baixo o título “Galicia, Territorio, Enerxía, Seguridade, Mobilización Social: O caso Reganosa”.
Participarán: Manuel Rodríguez Carballeira (Voceiro do CCE e presidente de Fuco Buxán, Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataforma de Veciños de Meá – Mugardos), os profesores Manuel Amorím e Carlos Álvarez e o ecoloxista Humberto Fidalgo.
Foro Social Galego programa
12/05/2008
O PP de Mugardos preséntase como acusación particular na "Operación Virgin"

Foto PPdG en Flickr
O Partido Popular do Concello de Mugardos decidiu comparecer (un ano despois) como acusación particular no proceso xudicial sobre a Operación Virgin, na que o Xulgado número 4 de Ferrol investiga unha suposta trama de favores entre o departamento municipal de Urbanismo e empresas privadas. O voceiro do PPdG, Domingo de Deus Fonticoba, argumentou que a decisión de comparecer como acusación particular responde á "falta de colaboración" do alcalde, Xosé Fernández Barcia, coa Comisión de Investigación creada logo da intervención policial.
Artigo orixinal en Vieiros
A falsa tramitación ambiental de Reganosa validada polo Supremo

Pérdese unha batalla, pero non a guerra. A loita continua
O Tribunal Supremo acaba de emitir un fallo que anula unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) contra o permiso ambiental de Reganosa. O Concello ferrolán presentou no 2001 -cando estaba gobernado por BNG e PSOE- un procedemento contencioso-administrativo contra a declaración de efectos ambientais da regasificadora ferrolá. O TSXG ditaminou que a Xunta tería que estudar o recurso de alzada do Concello, que defendía a necesidade de que o proxecto contase cunha declaración de impacto ambiental, máis esixente que a de efectos ambientais que ten a planta. A Xunta e Reganosa recorreron esa decisión, que agora avala o Supremo.
AVoz de Reganosa
12/04/2008
Explosión en Gavà: A auga mata
As mentiras, en ocasións repítense tanto que chegan a parecer verdade. Por exemplo a que di que o gas é a enerxía máis perigosa, por encima das demais. As cañerías do gas están expostas a controis constantes para evitar fugas. Mentres tanto as de auga verten millóns de litros cada día que se perden polo seu mal estado.
Artigo de Albert Castillón
A "lista negra" do gas
Máis de medio centenar de mortos. Este é o tráxico balance de vítimas das explosións de gas rexistrados en España nos últimos oito anos. Descoidos coas estufas, deflagracións por unha mala revisión das instalacións, accidentes laborais e explosións provocadas son algunhas das causas que aumentan cada ano esta dramática lista.
Artigo orixinal
En Chuza tximbalee
12/02/2008
A automoción non ten mercado, o naval sí

Artigo orixinal
Quin.TV
O naval resiste á crise
12/01/2008
Entrevista a Mabel Rivera, actriz e activista de movementos sociais

Foto albenizteatro
Mabel Rivera é actriz e unha cidadá moi activa nas mobilizacións e movementos sociais que aspiran a cambios sustantivos en situacións de inxustiza e en atropelos inadmisibles ao medio. Mabel Rivera interpretou un dos papeis máis fermosos da cinematografía española. Recorden "Mar adentro" e pensarán nela, e seica acordarán comigo que nunca un Goya foi outorgado de forma máis merecida.
Entrevista completa en Rebelión