2/02/2012

O verás cos nosos ollos


Cúmprese o IV Aniversario do falecemento do noso compañeiro Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", Antes de falecer deixou dito: "Verei como pechan Reganosa, non o verei cos meus ollos, pero o verei cos vosos".


E na loita seguimos Carmelo, con altibaixos, pero sen desfalecer nin un só día. Cada gaseiro que entra na nosa preciosa ría con destino á ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, ten a súa correspondente réplica cidadá.

O domingo, día 5, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida a toda a cidadanía a participar nunha ofrenda floral na súa memoria, que terá lugar no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza - Ferrol

Parque onde unha placa ao pé de tres castiñeiros lembra sua memoria, ollando ao fondo pódese verse a ría na que foron esparexidas as súas cinzas, a poucos metros da ILEGAL REGANOSA, dende onde é observada cada día por Carmelo.

Carmelo: Un compromiso cos demáis.


Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot

Sem comentários: