4/19/2015

Perigo!! gaseiro 192 cargado con GNL para Reganosa


"Castillo de Villalba" operando na terminal de Mugardos

Ante o anuncio de entrada no interior da ría de Ferrol, do 192 gaseiro cargado de GNL, con destino a Reganosa, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol" convoca a súa 192 concentración lexítima, en rexeitamento da actual ubicación da planta de gas, e o transito de gaseiros no interior da nosa ría. 

Así como reclamamos que se cumpra a sentenza do Tribunal Supremo, que dictaminou que a planta de gas de Reganosa está operando IL€GALM€NTE na Ría de Ferrol, (esta sentenza é inapelable). 

Concentración: 

Luns, 20 de abril, ás 19:00 h. diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) 

Características do buque: Nome.- Castillo de Villalba, Bandeira.- España, Eslora.- 284.4m, Manga.- 42.5 m, Puntal.-57.7 m, Calado.-11.4 m, Capacidade.- 138.000 m³ de GNL 



PASO A PASO





Sem comentários: