5/17/2015

O Galicia de Mugardos ascende á Terceira División



O Galicia de Mugardos fai historia ao ascender a Terceira División
A victoria do Galicia de Mugardos este domingo por 1-2 (goles de Álex Díaz e Adrián) ante o Residencia permítelle ao conxunto da Pedreira facer historia e ascender por vez primeira a Terceira División. O equipo mugardés compartirá categoría a vindeira tempada co As Pontes, que pechou este sábado un novo ano deportivo neste grupo.
A afección apoiou de xeito incondicional ao equipo nas últimas semanas, nas que xa se vislumbraba a posibilidade agora concretada. O Galicia de Mugardos pecha esta xornada na segunda posición do grupo norte de Preferente Autonómica, que garante o ascenso directo, só superado polo Negreira, con oito puntos máis que os mugardeses, 79 ante 71.

Sem comentários: