9/29/2008

"O Cu da Raíña"

Foto romarintyp

Unha anédota curiosa acontece cando a princesa Mariana de Neoburgo acudiu a Ferrolterra en 1690. Casara por poderes con Carlos II e viaxa en barco dende o porto holandés de Flessinga deica a península. Ia desembarcar en Santander pero o mal tempo obriga a cambiar a ruta en dirección á Coruña. Aproximandose á cidade herculina, o buque abrígase do temporal na ria de Ferrol. Encalla na ensenada do Baño e cando a raiña baixa do barco cae. A pena chámase popularmente e nas cartas naúticas, como a pena do cu da raiña. O 6 de abril de 1690 a raiña Mariana de Neoburgo desembarcou en Mugardos. O rei Carlos II en recoñecemento da axuda prestada polos mugardeses os eximirá de participar en recrutamentos e levas de soldados e mariñeiros.

1 comentário:

Arceibe disse...

http://novaseumesas.corank.com/tech/story/o-Cu-da-Raa