“A limpar o mundo” é un programa das Nacións Unidas ao que se adheríu o
Concello de Mugardos hai nove anos e no que se volve a colaborar este domingo. Desta volta, a acción de limpeza atinxe aos fondos mariños do peirao de Mugardos, e contará con apoio de voluntarios e voluntarias en terra, na zona onde atracan as lanchas. Nos últimos anos retiráronse xa máis de 18 toneladas de lixo do peirao da vila pulpeira. Rematado o acto, ofrecerase un petisco para todos os participantes.
Unha
lancha partirá de Ferrol ás tres e media da tarde do domingo para recoller aos
mergulladores que desexen sumarse á campaña. Fará a viaxe de volta ás oito do serán.
Ademais do Concello de Mugardos, sumáronse á iniciativa de Nacións Unidas Protección Civil de Mugardos, Confraría de Pescadores de Mugardos,
Asociación Medioambiental Neptuno, a
Sociedade Galega de Historia Natural, e a sección de Mergullo do Clube do Mar de Ferrol.
Sem comentários:
Enviar um comentário