10/15/2008

¡¡Perigo de novo na Ría de Ferrol!!



Está previsto que mañá xoves, 16 de Outubro entre o buque gaseiro "LNG Edo" cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría de Ferrol. Ante isto está convocada, por parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, unha nova concentración/manifestación na Praza Amada García diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 7 da tarde. Con este serán 32 os buques cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol, coa perigosa mercancia para Reganosa, poñendo en perigo a seguridade e vida das miles de persoas desta comarca, coa complicidade das autoridades.

1 comentário:

Eumes disse...

Bos días, son o administrador de S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, un blogue
que encárgase de publicitá-las desfeitas e cousas mellorables na vida
dos eumeses.
Unha das cousas que nos preocupa é que o fondo das nosa ría estase a
converter nun vertedoiro de todo tipo de lixo, baterías, rodas,
bicicletas, motocicletas, etc..., polo que decidín dar un paso mais e
tentar publicitar o noso problema pra ver si coa vosa axuda logramos
amañar este problema xa que desde o concello non se toman cartas no asunto.
Esperando a vosa resposta e creendo que o asunto despertará o voso
interese, recibide unha aperta.

Deixovos o link do artigo que puxen no
blogue
pra que lle botedes unha ollada.