2/15/2011

“ALERTA NA COSTA”


Nota de prensa do comité Cidadán de Emerxencia (14/02/2011)

En plena alerta por marexada, dous barcos cheos de gas merodean a costa da Coruña tentando descargar en Reganosa .
O buque gaseiro “Cheikh el Mokrani” que fai o nº 84 -dende a entrada de funcionamento da Planta de Reganosa- leva tentando achegarse a planta dende o pasado venres. Onte fallou o 3º intento de entrada na Ría por mor das condicions metereolóxicas e a singularidade da Ría de Ferrol .
O gaseiro “SCF Polar” que tiña previsto descargar hoxe, atopase nas mesmas circunstancias. Os dous barcos navegan en redondo a escasa millas da costa da Coruña.
No dia de hoxe, o gaseiro “Cheikh el Mokrani” fixo a síua entrada na Ría de Ferrol incumprindo a normativa de navegabilidade da Capitanía Marítima (adxuntanse documentos das derrotas dos remolcadores, práctico, normas de navegabilidade e incidencias da operación).
E xa son 21, as veces que un gaseiro cargado con GNL para Reganosa, ten que abortar a súa entrada na Ría por mor das malas condicións meteorolóxicas.
Estes intentos errados e os consecuentes días de espera en mar aberto, (sucede a 1 de cada 4 gaseiros), poñen en evidencia a reubicacion interesada –estaba prevista instalar no Porto Exterior- da Planta de Reganosa por parte dos seus promotores e supoñen un importante custo engadido ao gasto de transporte do GNL, que estamos a pagar toda a cidadanía nas tarifas de gas e electricidade.
Urxe parar esta planta perigosa, ilegal e innecesaria, e volver á subministración a través dos gasodutos existentes que agora manteñen pechados en beneficio dos socios de Reganosa.
• POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA !!
• CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !!

Adxuntamos a continuación;

•Cadro de incidencias da entrada do gaseiro Chiekh el Mocrani
•Normas marítimas de navegación para os gaseiros,dentro da ría de Ferrol.
(Datos da Secretaria Xeral de transportes/Dirección Xeral da Mariña Mercante/Capitania Marítima de Ferrol)



Antes de que suceda unha catástrofre

Sem comentários: