5/08/2011

O Galicia de Mugardos perde ante o Soneira

Galicia de Mugardos 2-4 Soneira S.D.

O Galicia de Mugardos perdeu esta tarde na Pedreira ante o Soneira por 2 a 4 e vístese de “sufridor” nas duas proximas xornadas.


O equipo de Germán Amil deberá gañar os dous vindeiros partidos para asegurarse un posto na Preferente Autonómica do ano que ven aínda que tamén terá que esperar polas combinacións que se produzcan. Esta tarde non tivo sorte pero tamén os xogadores mugardeses non estiveron afortunados cara a porta rival. Comezou marcando o Soneira no primeiro minuto de partido. O equipo rival rouba un balón no medio do campo e o xogador Jorge Vigo foise da defensa e marcou por enriba da porta que defende Agustín. No minuto 38 de partido, o local Juan Jesús empatou para o Galicia de penalti que asubiou o colexiado do partido. Con empate a un tanto chegouse ao descanso.

Na segunda parte Suso Peña adianta ao conxunto de Germán Amil dunha xogada onde o rexeite da defensa chega aos pes de Peña que dende fóra do área bate ao porteiro visitante. A partir de aquí o Soneira remontou este resultado adverso e logrou darlle a volta á tortilla. Asi empatou o partido no minuto 65 co gol de Vituco e de novo este xogador colocou o 2 a 3 no minuto 78 de partido. Xa cumplíndose o tempo regulamentario o xogador Quique sentencia para o equipo visitante conseguindo o 2 a 4.

Sem comentários: