9/25/2011

O Ribadeo empata en tempo de prolongación na Pedreira

O conxunto lucense do Ribadeo sumou esta tarde un punto da súa visita a Mugardos
O empate chegou fóra do tempo regulamentario. O partido foi igualado e non se xeraron ocasións claras de gol ademais dos propios tantos. O primeiro gol do partido chegou no minuto 70 e foi obra de Rubén Seco. A xogada de ataque ten varios protagonistas aínda que na recta final Grueiro e o centro de Carballeira posibilitan que o xogador fenés Rubén Seco anote a pracer. Con 1 a 0 o Ribadeo intentou buscar as súas aproximacións á porteria de Agustín e estas chegaron cunha carambola. Prodúcese un tiro do xogador visitante Rafa desde fóra da área. Tiro que toca no ombreiro de Manel e despista ao porteiro Agustín, logrando desta forma o empate para o conxunto de Lugo. O reloxo marcaba xa o minuto 91 de partido. Ao final empate a un gol e repartición dun punto para cada equipo.

Xogaron polo Galicia de Mugardos Agustín na porta con Vicente, Juani, Rouco, Pablo Cainzos, Manel, Rubén Seco, Juan Jesús, Carballeira, Suso Pena e Vituco. Posteriormente tamén saíron Canosa, Grueiro, Fran e Colo.

Por parte do Ribadeo xogaron Tomás baixo paus con Alex, Isma, Germán, Vilela, Diego, Rafa, David, Chinco, Dumi e Elias. Tamén saíron Bruno e Cude.

Arbitrou o partido o colexiado Méndez Castro da Coruña auxiliado por Rama Rama e Lago Barros. O árbitro sinalou cartón amarelo a Rubén Seco do Mugardos e a Elias do Ribadeo.

voltaaria.com

Sem comentários: