No accidente ocorrido o día 27 en Ribarroja (Valencia) por un camión cisterna que transportaba 4.000 l de gas propano, as autoridades desplegaron un plan de emerxencia, establecendo un perímetro de seguridade de 200m, cortando o trafico na autovía e desaloxando aos traballadores das empresas próximas, diante o temor do escape de gas e a posible deflagracion.
Sirva este accidente para poñer en evidencia unha vez mais o que acontece coa planta de Reganosa, una instalacion que almacena 150.000 Tons de gas natural licuado e cuio Plan de Emerxencia establece unha zona de intervención de tan só 173 m, zona de alerta 213 m, no caso máis desfavorable. Un Plan feito a medida de Reganosa para que a instalación aparentemente encaixe no espazo dispoñible en Punta Promontoiro pero totalmente inútil e inservible para a poboación en caso de explosión ou fuga de gas.
Asimismo estas distancias son notablemente inferiores ás obtidas nunha instalación similar como é a planta de Bilbao que, coa mesma tecnoloxía de deseño (tanques de contención total e sistemas de seguridade similares) e utilizando os mesmos criterios e métodos de simulación (LNGFIRE, DEGADIS, HGSYSTEM) obten uns valores de 1467 m para zona de intervención e de 3049 m para a zona de alerta, para o caso de dardo de fogo debido a unha fuga no colector de gas de envío.
A Planta de Reganosa, e ilegal , perigosa (ameaza para a poboacion de Ferrolterra) e innecesaria
Comité Cidadán de Emerxencia
Sem comentários:
Enviar um comentário