O Grupo Municipal de EU Ferrol quere subliñar a falla de relevancia que para o subministro enerxético no Estado supón o negocio do actual emprazamento da planta de gas.
Como ben recollen
os medios de comunicación, o borrador da planificación enerxética do Goberno do Estado deixa fóra das previsións de crecemento a planta sita en Mugardos ao non ser unha instalación esencial e, xa que logo, a deixa sen conexión coa Meseta no tempo que vén.
Esquerda Unida lembra as reiteradas análises que emanadas do
Comité Cidadán de Emerxencia subliñan o carácter superfluo, amén de perigoso e ilegal, na que se atopa a planta entrada en funcionamento na primavera de 2007.
A nosa organización fai un chamamento ás autoridades públicas para que rectifiquen e suspendan o funcionamento dunha planta que de cotío pon en risco as nosas vidas e compromete a riqueza marisqueira da nosa ría.
Grupo Municipal de EU Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário