O Galicia de Mugardos prepara o seu compromiso do domingo ante o Grixoa, un compromiso onde Germán Amil espera contar con todo o persoal salvo as baixas coñecidas de Colo e Agustín López. Colo recupérase dunha serie de problemas no talón mentres que Agustín López rompio o nariz e segue o seu proceso de recuperación. Germán Amil contará co resto de xogadores xa que non ten sancionados. O Galicia de Mugardos comeza o ano na metade da táboa con 20 puntos, a seis dos postos de perigo pero con moitas posibilidades de lograr os obxectivos de consolidación na categoría.
O técnico do Galicia de Mugardos programou un novo adestramento para mañá xoves e para o vindeiro sábado pola mañá.
voltaaria.com
Sem comentários:
Enviar um comentário